IA, Blackrock e 'shadow banking': Ás portas dunha nova crise global?

Megacentro de datos creado por Elon Musk en Memphis (EUA) CC-BY-SA Southern Environmental Law Center

Cada día que pasa son mais claras as sinais de que a economía-mundo capitalista está en risco de caer nunha nova crise que esta vez non partiría dos sistemas bancarios senón do crédito privado Unha crise moi ligada a IA (Intelixencia Artificial) que tanto a nivel financeiro como enerxético e medio ambiental está rompendo os marcos 

Cada día que pasa son mais claras as sinais de que a economía-mundo capitalista está en risco de caer nunha nova crise que esta vez non partiría dos sistemas bancarios senón do crédito privado. Unha nova crise que incluso pode ser mais violenta e destrutiva que as anteriores si temos en conta as cifras que se manexan. Unha crise moi ligada a IA (Intelixencia Artificial) que tanto a nivel financeiro como enerxético e medio ambiental está rompendo os marcos e que se pode ver ampliada pola situación do mercado enerxético mundial logo, por caso, da guerra en Irán e a crise conseguinte en Oriente Medio.

Analicemos as razóns que nos conducen a pensar o subliñado.

 

BlackRock emite sinais de alarma

BlackRock, o maior xestor privado de activos do mundo, parece atravesar dificultades financeiras o que non debería ser preocupante se non fora pola dimensión -pechou o ano 2025 con un volume de activos de 14 billóns de dólares- e o peso que este xigante das finanzas ten no sistema financeiro mundial tal que unha crise súa pode conducir a unha nova crise deste pero que, por está razón, partiría dos fondos privados -”credit private”- (FREDERIC LORDON: “La crisis monstruo”. Le monde diplomatique, maio 2026)

BlackRock, o maior xestor privado de activos do mundo, parece atravesar dificultades financeiras o que non debería ser preocupante se non fora pola dimensión -pechou o ano 2025 con un volume de activos de 14 billóns de dólares- e o peso que este xigante das finanzas ten no sistema financeiro mundial

BlackRock forma parte, está no cumio dunha serie de entidades financeiras privadas que operan ao marxe dos Bancos Centrais -”shadow banking”- e que se dedican a conceder préstamos tanto a entidades privadas -como, por caso, aos fondos de pensións- como a institucións públicas a cambio dunhas supostas rendibilidades. Entidades que teñen acadado unha dimensión excepcional -apuntase a que os seus activos actuais superan a cifra de 238,8 billóns de euros, 1,6 billóns en España- tal que calquera dificultade pola que atravesen se traslada inmediatamente ao conxunto do sistema financeiro internacional pero multiplicada por mor da interconexión entre si e con aquel.

As sinais dadas por BlackRock apuntan a dificultades para atender as solicitudes de retirada de fondos por parte dos investidores. Dificultades que parecen afectar tamén a outros destacados membros deste poderosísimo club das finanzas privadas globais (EDUARDO LUQUE: “BlackRock, corralito en ciernes”. El viejo topo). Pero parémonos un momento para dar mais detalles deste mecanismo de enxeneiría financeira favorecido pola desregulación do sistema.
 

A shadow banking

BlackRock forma parte, está no cumio dunha serie de entidades financeiras privadas que operan ao marxe dos Bancos Centrais -”shadow banking”- e que se dedican a conceder préstamos tanto a entidades privadas -como, por caso, aos fondos de pensións- como a institucións públicas a cambio dunhas supostas rendibilidades

“As actividades financeiras da banca na sombra ou shadow banking son realizadas principalmente por sociedades financeiras creadas polos grandes bancos para que actúen en nome deles. Estas sociedades financeiras (Special Purpuse Vehicles -SVP-, Money Market funds, hedge funds...) non reciben depósitos, o que lles permite non estar sometidas a regulamentación bancaria. Polo tanto, son utilizadas polos grandes bancos para evadir as regulamentacións nacionais ou internacionais. Sociedades de xestión de activos como BlackRock ou Pimco son tamén activas na banca na sombra e manteñen relacións moi estreitas cos grandes bancos. Así BlackRock é o primeiro accionista de JP Morgan e o segundo de Wells Fargo os dous principais bancos dos Estados Unidos..... o recurso a shadow banking lle permite ao banco universal evitar en forma crecente a xestión directa de riscos”.(ERIC TOUSSAINT: “Bancocracia”. Icaria).

Tres aspectos a destacar que xa avanzáramos, a shadow banking non recibe depósitos, escapa a calquera sistema de control público e mantén un contacto moi fluído cos grandes bancos de tal xeito que calquera crise no seu seo se traslada inmediatamente a todo o sistema bancario e financeiro como pode suceder agora con BlackRock.

Un novo actor: a Intelixencia Artificial

Hai que tomar en consideración as dúbidas que se están creando nos mercados financeiros sobre a Intelixencia Artificial sector nos que as Bolsas están apostando con enorme forza, creando novas burbullas por subidas desaforadas de mais do 100%. Burbullas que, como sucedeu sempre ao longo da historia das finanzas, rematarán por estourar e poida que mais cedo que tarde

Aínda que como sinalaba antes esta sería un crise diferente ao dos anos 2007-2008 algúns fundamentos se repiten como, por caso, que se trata de investimentos en activos de moi alto risco dos que se esperan obter un rendementos -o risco é o que da diñeiro- que logo non se producen e entón xurde o pánico. Pero neste caso a maiores anda polo medio a Intelixencia Artificial que empeza a dar mostras de fraxilidade financeira por razóns varias entre as que cabe destacar o impacto da guerra en Irán sobre os servidores e centros de datos dos Emiratos Árabes, Arabia Saudí e o mesmo Israel (EDUARDO LUQUE:...). Unha fraxilidade financeira da IA que impacta, por caso, en BlackRock por mor do peso nos seus activos das apostas a prol daquela.

Para mellor entender o que pode pasar hai que tomar en consideración as dúbidas que se están creando nos mercados financeiros sobre a Intelixencia Artificial sector nos que as Bolsas están apostando con enorme forza, creando novas burbullas por subidas desaforadas de mais do 100%. Burbullas que, como sucedeu sempre ao longo da historia das finanzas, rematarán por estourar e poida que mais cedo que tarde: Space X, empresa de IA de Elon Musk, deixou nunha semana perdas por un valor de 400.000 millóns de dólares sendo a maior caída na historia das Bolsas. 

As grandes empresas da IA -Space X, Anthropic e Open AI- entraron nos mercados financeiros cunha enorme forza favorecida polas grandes expectativas creadas sobre o seu futuro. Expectativas que dispararon de inmediato a especulación -sen ter gañando un céntimo, estas tres empresaras acadaron axiña unha valoración superior aos 3 billóns de dólares-. Os riscos desta dinámica especulativa son elevadísimos xa que estes grandes empresas tecnolóxicas precisan inicialmente de enormes investimentos -cifrados en billóns de dólares- cando os beneficios empresariais tardarán varios anos en producirse -algunhas entidades bancarias como a USB sinalan ao 2030 como o ano en que se poderán obter beneficios significativos- e incluso con posibilidades de obter perdas millonarias de inicio -”Open AI acumulou 8.000 millóns de perdas en 2025” (FREDERIC LORDON)- o que pode destapar o pánico nos mercados. En Wall Street xa están temendo que este grande desaxuste entre o mercado de valores e a economía real desencadee a alarma entre os investidores como reflicte o que lle está pasando a BlackRock co seu fondo de crédito privado Blackstone Private Credit Fund (BCRED) quen tomou a decisión de limitar retirada de desembolsos diante dun gran incremento das solicitudes. Como ben dicía Karl Marx “a historia sempre se repite....”.
 

Algunhas claves dunha nova crise

Aínda que os fundamentos desta nova crise podan estar na IA onde hai que poñer o foco é na shadow banking, nas crecentes solicitudes de retirada de fondos que están tendo tanto BlackRock como entidades financeiras similares nun momento en que a demanda de liquidez por parte da IA son enormes polo que se pode provocar unha crise crediticia

Inda que os fundamentos desta nova crise podan estar na IA onde hai que poñer o foco é na shadow banking, nas crecentes solicitudes de retirada de fondos que están tendo tanto BlackRock como entidades financeiras similares nun momento en que a demanda de liquidez por parte da IA son enormes polo que se pode provocar unha crise crediticia. Certo que a caída de valor das accións en IA, algo seguro, vai provocar unha certa crise nas bolsas pero, como sucedeu na anterior crise financeira cando realmente foi a débeda privada quen fixo estalar o sistema, agora tamén con bastante seguridade será o crédito privado creado pola shadow banking quen provoque a nova crise. Por que a solicitude de reembolso deses créditos procede de sectores ameazados no seu futuro inmediato polo impacto da Intelixencia Artificial e que segundo o xa citado banco suízo UBS poden supoñer un terzo dos activos da shadow banking (FREDERIC LORDON). Neste contexto poderá esta facer fronte a tódalas solicitudes de retiradas de fondos?, unhas solicitudes que van a ir, con toda seguridade, en aumento e de xeito exponencial. De feito as últimas novas sobre este asunto sinalan a que se está producindo un “efecto domino” na shadow banking: BlackRock, KKR, Ares Management, Apollo Global Management ven como medran as solicitudes de reembolso do crédito privado entre os seus fondos.

A pregunta que cabe facerse é a de que impacto pode ter esta probable crise do shadow banking system no sistema bancario e de rebote no crédito -”private crédit”- por que si se produce una “brutal contracción” do mesmo “se detería de inmediato a economía en seco” (FREDERIC LORDON). Como sinalaba antes a historia nos demostra que toda burbulla remata estoupando provocando crises moi serias con graves repercusións na economía real. 
 

Os damnificados da nova crise

Entre os axentes que se beneficiaron dos créditos da shadow banking system están empresas de tamaño medio e cunha situación financeira delicada -por esa razón acudiron a estes fondos- que se ven obrigadas a un reembolso nun moi curto período de tempo -de cinco a sete anos

Entre os axentes que se beneficiaron dos créditos da shadow banking system están empresas de tamaño medio e cunha situación financeira delicada -por esa razón acudiron a estes fondos- que se ven obrigadas a un reembolso nun moi curto período de tempo -de cinco a sete anos-. Un risco que mentres os negocios vaian ben non agocha problemas pero si empezan a ir mal...chegarán os impagos como esta sucedendo na actualidade como é o caso das “empresas software que absorben aproximadamente o 30% dos fondos dos créditos, pero que temen polo seu futuro pola grande ameaza que para eles supón esta brutal irrupción da IA” (FREDERIC LORDON). Un temor, un pánico que está conducindo a que aqueles que teñen investido os seus aforros nos fondos privados da shadow banking system queiran recuperalos. “A principios de marzo do 2026 un selecto grupo de fondos de referencia enfrontouse a solicitudes de reembolso que oscilaron entre o 9% -BlackRock- e o 14% -Cliffwater-. Dous meses despois, un fondo do Blue Owl enfrontouse a un 22% de solicitudes. O outro....un 40%” (FREDERIC LORDON). O pánico parece servido.

 

Crise financeira, crise enerxética: crise global?

Poden as industrias da IA soportar unha mais que probable crise enerxética, coas correspondentes subas nos custos, sabendo das súas astronómicas necesidades de enerxía?

Como final a este relato cabe preguntarse que vai a suceder no shadow banking?. Caben dúas opción: que os fondos atendan as demandas de reembolsos “con o risco de que estes creben, ou manter a persiana baixada en cuxo caso o risco de creba pasaría aos clientes” (FREDERIC LORDON). Esta segunda opción parece a mais probable polo que serán os particulares que teñen débedas -a compra do automóbil e da vivenda, o pago dos estudos universitarios, as tarxetas de crédito...- e que se fiaron das promesas de negocio bursatil prometidas pola shadow banking os grandes damnificados como foron os da hipotecas subprime no ano 2007-

Pero a cousa probablemente non se quede aí pois que pode pasar coas grandes empresas da IA que, como sinalabamos mais atrás, teñen contraídas enormes débedas para financiar as súas billonarias inversións?. Inversións que, como tamén sinalamos, non darán beneficios nos primeiros anos por que son “inversións a futuro” e que, xa que logo, agochan enormes riscos: que pode pasar si os anunciados beneficios futuros non se materializan ou son menores dos esperados?. Pode o sistema financeiro soportar un risco tan colosal e durante tanto tempo?. Teño as miñas dúbidas.

O que parecía seren una crise exclusivamente financeira pode rematar converténdose nunha dobre crise: financeira e enerxética. Unha dobre crise que, de rebote, pode arrastrar con ela a quen parecía destinada a marcalo futuro da humanidade: a IA (Intelixencia Artificial)

Nestas estábamos cando estalou a guerra en Irán que impactou en Oriente Medio. Que vai pasar agora coa situación no mercado enerxético?. Como vai a afectar a produción e ao comercio mundial?, as cadeas de subministro?. No caso que nos ocupa, poden as industrias da IA soportar unha mais que probable crise enerxética, coas correspondentes subas nos custos, sabendo das súas astronómicas necesidades de enerxía?: “HSBC estima en 36 gigavatios a demanda de electricidade de OpenAI de aquí a finais da década actual” (FREDERIC LORDON). Deste xeito o que parecía ser una crise exclusivamente financeira pode rematar converténdose nunha dobre crise: financeira e enerxética. Unha dobre crise que, de rebote, pode arrastrar con ela a quen parecía destinada a marcalo futuro da humanidade: a IA (Intelixencia Artificial), por que esta para funcionar, tal é como sinalamos, precisa de enormes investimentos financeiros e non menos enormes consumos de enerxía.

Aparece así no horizonte a sombra alongada dunha gran recesión con múltiples damnificados. A shadow banking polas solicitudes de retirada de fondos, as grandes empresas da IA pola crise crediticia e a alza no prezo da enerxía, os fogares polas débedas e a alza na inflación que se avecina, os estados pola explosión dos déficits e as débedas provocadas estas pola suba dos tipos de xuro e os bancos por estar ”comprometidos en tódolos frontes”(FREDERIC LORDON).

Evitaremos este escenario?. “The answer my friend, is blowing in the wind, the answer is blowing in the wind”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.