Incendios: números irracionais e números transcendentes

Había unha vez un país no que decote abrollaba un andazo que causaba febres, baixas no traballo e na escola coas conseguintes perdas económicas, e que a xente tivese pouco solaz, o que repercutía na perda de optimismo e de humor, consecuencias que para algúns resultaban tan graves ou máis que as económicas. O andazo causaba mesmo algunhas mortes.

Logo do descubrimento das vacinas, os médicos responsables da saúde do país organizaron campañas de vacinación que, se non lograban eliminar por completo o andazo (ben sabemos os virus teren unha grande variedade), diminuían a súa extensión e os seus danos.

Mudou o responsable de saúde e decidiu suprimir as vaccinas, pois supoñían un custo que, afirmou, en tempos de crise o país non podía permitirse. As ONGs advertiron dos riscos que supoñía eliminar a prevención, mais foron ignoradas

Mudou o responsable de saúde e decidiu suprimir as vacinas, pois supoñían un custo que, afirmou, en tempos de crise o país non podía permitirse. As ONGs advertiron dos riscos que supoñía eliminar a prevención, mais foron ignoradas ou ben viron as súas advertencias cualificadas como negros agoiros. E chegou a época dos andazos, que foron máis virulentos que outros anos e causaron nos habitantes do país un fondo desacougo.

Cal cren vostedes que foi a actuación do responsable de saúde? Podería recoñecer que estaba errado, volver contratar os equipos de prevención. Mais non foi así

Cal cren vostedes que foi a actuación do responsable de saúde? Podería recoñecer que estaba errado, volver contratar os equipos de prevención. Mais non foi así, raramente un responsable político recoñece equivocarse. Non, o que fixo foi propoñer unha novidosa alternativa para acabar co andazo:

Cómpre aumentar as penas para os culpables! –exclamou – Vou pedir inmediatamente un cambio no código penal! En van voces expertas indicaron que non había como localizar os culpables e que na meirande parte dos casos, mesmo localizados, era difícil aportar probas contra eles. En van argumentaron que castigar ao culpable non facía recuperar a saúde, pois aquel responsable era moi partidario do pau, no que puña toda a súa confianza.

Por outra banda empeñouse tamén nunha campaña de propaganda, para minimizar a entidade do andazo, afirmando que foron 750 e non 2000 os afectados, e que dentro deses os verdadeiramente relevantes non chegaban ao dez por cento

Por outra banda empeñouse tamén nunha campaña de propaganda, para minimizar a entidade do andazo, afirmando que foron 750 e non 2000 os afectados, e que dentro deses os verdadeiramente relevantes non chegaban ao dez por cento. Fixo así, pois tiña unha tendencia a confundir os números reais, en especial os que en matemáticas son chamados números transcendentes, cos números imaxinarios ou cos irracionais. Pois calquera galega ou galego que vira cos seus propios ollos ou a través das fotos as Fragas do Eume, que vira a foto de Román para a axencia Imaxinarte, dunha vella enxugando os ollos co seu pano negro, sabe que ese dez por cento –mesmo se non fose máis dun dez por cento– é un número transcendente, dos que van dereitos ao corazón e ás tripas de todas as persoas que teñen corazón.

Calquera galega ou galego sabe que ese dez por cento é un número transcendente, dos que van dereitos ao corazón e ás tripas de todas as persoas que teñen corazón

Mentres o país ardía coa febre. E as gavelas de prevención seguían desmanteladas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.