ADEGA denuncia que dende o outono arderon máis de 16 mil hectáreas en espazos protexidos
Os lumes afectaron os LICs de Baixa Limia-Xurés; Macizo Central; Pena Trevinca; Pena Maseira; Ancares-Courel; Canóns do Sil e Pena Veidosa. A asociación denuncia que a Xunta "que agora proclama ter un plan para rexenerar as Fragas (750 hectáreas queimadas), non fixo ren para recuperar as 15.839 de valioso patrimonio natural arrasadas en menos de 6 meses".