A Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública, da que forma parte a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Púbica, e que engloba a todalas Asociación Autonómicas, está levando a cabo unha iniciativa para promover un debate en todo o estado español de como mellorar a AP, pilar básico da asistencia sanitaria ás persoas.
Este Manifesto, avalado por múltiples profesionais que traballan neste sector, elaboramos un Documento que, primeiro, a nivel individual e que logo estará aberto a diferentes entidades, asociacións de pacientes, de familiares de pacientes, colexios profesionais, sindicatos, partidos políticos, entidades culturais, veciñais, organizacións profesionais, científicas, etc. e que ten por obxetivo: instar ás autoriadades sanitarias a recoñecer que temos un problema: o desmantelamento sistemático da AP dende fai moitos anos, xunto a falta de inversión. Esta iniciativa, levará a unha segunda fase: poñer solución, entre todxs e por consenso, a este problema de saúde, empezando por unha administración cicateira nos seus orzamentos para o ben máis preciado que temos que é a saúde!
No momento actual, non se albisca un paradigma alternativo á AP, pero hai moitas decisións que minan a súa estructura, as súas capacidades e o seu prestixio; por iso pensamos que hai que facer algo. O documento, fai unha análise crítica da situación e propón medidas concretas para lograr unha AP aberta, accesible, equitativa e de calidade, que responda aos problemas e necesidades de saúde da poboación. O obxectivo final é promover unha gran Alianza Social e Sanitaria para evitar o colapso da nosa AP.
O informe, pretende suscitar un debate amplo entre xs profesionais, ca esperanza de influir nas políticas públicas.
1.- Recuperar o recortado nos últimos anos, incrementando o orzamento ata o 25% do total, así como as plantillas de personal, eliminando as trabas de acceso a probas diagnósticas e terapéuticas. Ofertar Empleo Público Estable e de Calidade ca suficiente periodicidade e dando Estabilidade ás plantillas.
2.- Garantir uns Centros de Saúde abertos, accesibles, próximos a toda a población e sin listas de agarda.
3.- Dar prioridade as consultas presenciais, fundamentais para lograr unha eficaz relación profesional/paciente e unha atención de calidade. As consultas telefónicas e telemáticas deberán ter un papel complementario.
4.- Incorporar novos profesionais aos equipos de AP (fisioterapia, matronas, saúde mental, logopedia, atención temperá, farmacoloxía clínica…).
5.- Incrementar o persoal das áreas de admisión, formalo adecuadamente para mellorar a relación ca comunidade e garantir, en estreito contacto co persoal asistencial, a distribución das demandas de atención nos Centros.
6.- Desmedicalizar e Desburocratizar a AP.
7.- Mellorar a relación co nivel hospitalario, potenciar os Procesos Asistenciais como base da atención de saúde, coordinados desde a A P, incrementando a súa capacidade resolutiva.
8.- Desenrolar a orientación comunitaria nos centros de saúde ca colaboración de Saúde Pública e a consideración dos Determinantes Sociais de Saúde.
9.- Trasformar as Áreas Sanitarias para que se convirtan no espazo para a integración de todalas actuacións e actividades asistenciais.
10. Garantir a participación e empoderamento dxs cidadáns.
11.- Promover o nivel de intelixencia da A P potenciando as actividades formativas, docentes e de investigación, con recursos e equipamento propio e suficiente.
Esperamos, dende a FADSP que a apertura deste debate, leve á mellora da AP o que significará que seguimos protexendo o ben máis preciado que temos: a saúde!