Insubmisión?

Poden os Concellos declarar a insubmisión ao proceso por falta de garantias?

Convoca A. Núñez Feijoo eleicións nacionais galegas para o dia 12 de Xullo, festividade de san Xoan Jones. Pon-se, asi, en marcha a maquinária... E terán que ser eleitos compoñentes para as Mesas de votación. Se cadra.

Nen Partido Popular nen a Xunta van poder dar garantido que ninguen se vai contaxiar do COVID19 nos coléxios eleitorais. Tampouco van poder garanti-lo os Concellos que teñen que facer os nomeamentos das Mesas e colocar todo o necesário para poder votar, fontes de posíbel contáxio polo repaso constante da cidadania: sobres, candidaturas, censos, panos das cabinas, ...

Se me cadra nunha mesa, podo apresentar no Xulgado unha denúncia preventiva contra A. Núñez Feijoo como responsábel dun hipotético contáxio que poda sufrir?

Entón se cada Concello que nomea membros das Mesas non pode asegurar a perfeita hixiene e sanidade do proceso de votación, pode negar-se a convocar ese sorteo? Poden os Concellos declarar a insubmisión ao proceso por falta de garantias?

Ainda máis, se me cadra nunha mesa, podo apresentar no Xulgado unha denúncia preventiva contra A. Núñez Feijoo como responsábel dun hipotético contáxio que poda sufrir? Podo ser eu mesmo o insubmiso?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.