Javier Milei, o retorno dos 'Chicago Boys'

Javier Milei saúda dende a Casa Rosada despois da súa toma de posesión © Casa Rosada

“A finalidade dos Golpes de Estado foi destruír a estrutura social dos estados, cousa que antes non acontecía, mesmo gobernando a dereita”. (Pepe Mújica, ex presidente de Uruguai). Conseguírono a través das políticas económicas que levaban o selo da Universidade de Chicago

“A finalidade dos Golpes de Estado foi destruír a estrutura social dos estados, cousa que antes non acontecía, mesmo gobernando a dereita”. (Pepe Mújica, ex presidente de Uruguai). 

Conseguírono a través das políticas económicas que levaban o selo da Universidade de Chicago. Os poderes económicos, que estaban detrás de cada Golpe de Estado, colocaron na fronte de cada ministerio de economía, de cada banco central, un executor de políticas económicas liberais, situaron a discípulos das teorías de Miltón Friedman, e Arnold Harberguer. Líderes económicos latinoamericanos, que co tempo darían en ser chamados, como os “Chicago Boys”. 

Hai analistas que consideran que non foron os ditadores os que elixiron os “Chicago Boys” senón que foi á inversa. Foron eles os que elixiron a os respectivos ditadores do “Cono Sur”.

Para os seguidores de Milton Friedman a economía ten que ser neutral, cega, insensible. Non hai que intervir, tan só hai que seguir ao “mercado”, porque “O mercado sempre atina e marca o camiño”. O modelo que foi denominado como: “Fundamentalismo do Mercado”

Con Milei, retornan os “Chicago Boys” e as súas teorías económicas. Desta vez non veñen da man das ditaduras, veñen a cabalo da ultradereita, como xa viñeran no Brasil de Bolsonaro

Cando o electo presidente da Arxentina, Javier Milei, se mostra decidido a aplicar unha “terapia de choque”, non está inventado nada. Tan só aplica o manual das políticas económicas, da “Shock therapy”, así chamadas pola Universidade de Chicago, que basicamente consisten en liberalizacións e desregularizacións.

Sería a finais do 80 cando Willianson, enumeraría o ser famoso decálogo que debería seguir toda economía liberal, resumido no “Consenso de Washington”: Disciplina na política fiscal. Redución do gasto público. Reforma tributaria á baixa, con tipos impositivos marxinais. Baixas taxa de interese. Libre-cambio​. Liberalizacións múltiples nas importacións con aranceis mínimos ou inexistentes. Apertura total os investimentos estranxeiros impulsados na súa maioría por grandes multinacionais. Privatizacións das empresas públicas. Desregularizacións de normativas laborais medioambientais, de protección aos consumidores, e bunquerización dos dereitos de propiedade. 

De súpeto, co paso dunha soa década, algo mudou drasticamente entre os patrocinadores da economía liberal. De considerar en 1998 a Menem ( Ex presidente arxentino) como o mellor alumno do FMI, do Banco Mundial e do Goberno Norteamericano; exhibíndoo como modelo a aplicar no resto das economías da sudamericanas.. a sentenciar en 2009 “ O Consenso de Washington está morto”. 

Notables naufraxios como a privatización das pensións en Chile, a corrupción política locas das multinacionais, a precarización laboral, a concentración do poder económico en poucas mans, a ruína das pequenas e medianas empresas nacionais … foron socavando a fe nas doutrinas liberais

Notables naufraxios como a privatización das pensións en Chile, a corrupción política locas das multinacionais, a precarización laboral, a concentración do poder económico en poucas mans, a ruína das pequenas e medianas empresas nacionais … foron socavando a fe nas doutrinas liberais. 

Pero, sen dúbida, o maior impacto que fixo abanear os sólidas trabes do sólido edificio do “Consenso de Washington”, foi a insultante disfunción na distribución das rendas e da riqueza. O propio pai da teoría, Willianson, así o recoñecería a finais da primeira década dous mil. 

Os nefastos resultados, en Europa, das políticas de austeridade merkelianas, e o trauma social da irrupción da pandemia do “Coronavirus”, semellaban indicar que cumpría necesariamente un estado forte que amparase baixo o seu paraugas á toda a poboación.

Na Arxentina, o balance económico dos resultados dos gobernos de Menem ou Macri, tamén desaconsellaban o retorno os “Chicago Boys”, mesmo asumindo que o último goberno peronista, non estivo precisamente atinado nas súas políticas económicas.

Queda para esperanza da profecía do “Pepe”, a febre neoliberal pasa sempre, porque é un modelo inviable no tempo

Con Milei, retornan os “Chicago Boys” e as súas teorías económicas. Desta vez non veñen da man das ditaduras, veñen a cabalo da ultradereita, como xa viñeran no Brasil de Bolsonaro.

Mais tamén é posible que, outravolta, a historia sexa inversa. Que sexan aqueles que no seu día promoveron o Consenso de Washington, que logo o deron por morto, os que agora lle estean desexando “Longa vida”. Que sexan eles os leven en palio á ultradereita ata e mesma Casa Rosada ou o Planalto. 

Queda para esperanza da profecía do “Pepe”, a febre neoliberal pasa sempre, porque é un modelo inviable no tempo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.