Leo nunha revista que unha de cada tres mulleres que leron a triloxía de 50 sombras de Grey, mellorou a súa relación. Non sei moi ben que é o que significa iso. Se é que espabilaron á parellahabitual ou que pillaron un amante. En calquera caso, a nova chama a miña arención porque cómpre recoñecer que como estratexia publicitaria é perfecta: lea este libro; foderá mellor.
A nova chama a miña arención porque cómpre recoñecer que como estratexia publicitaria é perfecta: lea este libro; foderá mellor
Xa dixen hai ben de tempo que un libro tan mal escrito, tan parvo, tan ñoño e tan incrible coma ese non superaría a valoración de calquera editor mininamente serio. Quero dicir, de calquera editor que busque editar literatura. Se do que se trata é de vender libros, daquela estamos a falar doutra cousa e nese senso o libro é perfecto.
Ás vendas remitímonos. Esta triloxía mundialmente vendida por millóns en moitísimos países, é entendida, por moitos lectores (e sobre todo, lectoras) como "literatura erótica"... A miña sensación é que ten de erótico o que eu de modelo de perruquería. Incluso coido que eu teño máis. Así que coincido mellor con aqueles que teñen definido esa saga como "porno para mamás".
A miña sensación é que ten de erótico o que eu de modelo de perruquería. Incluso coido que eu teño máis. Así que coincido mellor con aqueles que teñen definido esa saga como "porno para mamás"
Digo todo isto non para meterme coas lectoras ás que lles gustou a triloxía, algunha delas, boa amiga miña, senón porque eu amo a literatura erótica, téñoa practicado (con resultados malísimos, que conste) e gózoa como lector. E a literatura erótica, ademais, interésame polo que ten de liberador, de aposta estética rebelde e de, falo en serio, polo que ten de político. Nunha sociedade coma a nosa, herdeira da tradición xudeo-cristiá e, xa que logo, vítima do sentimento de culpa instaurada no adn social referente a todo o que teña que ver co sexo, a literatura erótica sempre cumpriu un papel rupturista e posibilitador de novos horizontes. Por iso falo da súa compañente política. A sociedade é conservadora. Pois o erotismo é transgresor, racha cos moldes esperados e anceia máis sempre más e mellor. Esixe máis. Non se conforma. Implica poñer a andar a imaxinación para zugarlle á realidade novas e mellores perspectivas de goce.
Se na sociedade actual o que se entende por "erótico" é o sexiño nin sequera explícito do señor Grey e a miñaxoia da súa escrava, daquela, é que imos moi mal
Daquela, se na sociedade actual o que se entende por "erótico" é o sexiño nin sequera explícito do señor Grey e a miñaxoia da súa escrava, daquela, é que imos moi mal.
Iso si, para vender libros ė unha boa estratexia.
Eu farei o mesmo no meu novo libro. O lema que usarei para promocionalo será: Le o meu libro e córrete tod@!