Liberdade para os presos políticos saharauís de Gdeim Izik

Coñecidos como o Grupo de GdeimIzik, 24 activistas saharauís foron detidos despois do campamento de protesta pacífica de Gdeim Izik en novembro de 2010.

En febreiro de 2013, este grupo foi xulgado nun tribunal militar. As sentenzas van de 20 anos a cadea perpetua. Despois de tres anos de protestas, informes e accións de solidariedade , en que a comunidade internacional condenou este xuízo ilegal, Marrocos decide facer un novo xuízo, esta vez civil.

Os detidos son acusados e xulgados de novo polos mesmos cargos, mesmo dous deles son xulgados novamente tras saír en liberdade e con condena cumprida.

Agora máis que nunca son necesarias as mostras de solidariedade e apoio con estes loitadores polos dereitos humanos inxustamente encarcerados polas autoridades de ocupación marroquís

É un proceso cheo de irregularidades, con acusacións baseadas en testemuños obtidos baixo tortura, e extraterritorial, xa que son saharauís xulgados fóra do seu país, obrigando ás familias a desprazarse ata Rabat, a máis de 2.000 km de distancia, o que supón para elas un enorme esforzo tanto económico como físico. Un proceso que empezou o pasado 26 de decembro de 2016 e que tras varios adiamentos continúa hoxe en día coa súa sétima sesión.

Esta dilatación do proceso responde a unha manobra de desgaste das autoridades marroquís que buscan minar a vontade dos activistas detidos e evitar a presenza de observadores internacionais. Agora máis que nunca son necesarias as mostras de solidariedade e apoio con estes loitadores polos dereitos humanos inxustamente encarcerados polas autoridades de ocupación marroquís. Apelamos ás diferentes organizacións para que activen accións co fin de conseguir a liberdade dos presos políticos saharauís de Gdeim Izik.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.