Lumes forestais: Cambear a lingoaxe para manter os mesmos principios

Partido Popular e o Partido Socialista veñen de aprobar o Ditame da comisión especial non permanente de estudo e analise das reformas da política forestal, de prevención e defensa contra os lumes forestais e do Plano Forestal de Galiza, constituída a raíz da vaga de lumes que sufreu o territorio galego en outubro de 2017.

Este Ditame parte da base de que a problemática dos lumes forestais que padece a nosa nación non son consecuencia nin da política de montes nin do cambeo climático. Son simplemente actitudes incendiarias individuais

Este Ditame, ainda que con unha lingoaxe conscentemente ambigua para disimular, parte da base de que a problemática dos lumes forestais que padece a nosa nación non son consecuencia nin da política de montes nin do cambeo climático. Son simplemente actitudes incendiarias individuais. De ahí que non prantexe alternativas ás causas estruturais que provocan os lumes forestais (falla de ordenación do territorio, monocultivo forestal, abandono do medio rural, desordenación das masas boscosas....). Centran a solución dos lumes forestais nunha acción policial. Xa que logo, a derivada que vai traer este Ditame e a de perpetuar que os lumes forestais sigan sendo unha grave problema para o territorio galego.

Vistas así as cousas, as recomendacións que prantexa este Dictame, e o reafirmarse que o monte galego ten que ser somentes forestalista-productivista. De feito, incorpora a demanda da industria forestalista e da madeira de que o monte galego ten que fornecer as suas necesidades (piñeiros e eucaliptus). É dicir, que os titulares de estas terras non poden polas en valor segundo as suas necesidades e decisions, senón que teñen que polas ao servizo de industria forestalista e da madeira.

Pola contra, non recolle o contido da Iniciativa Lexislativa Popular intitulada “Proteción e mellora dos hábitats do bosque autóctono, racionalización da xestión do monte e loita contra os incendios forestais”, elaborada pola Alianza por un Medio Rural Galego Vivo (Adega, CIG, Fruga e Orgacccmm), que no que fai respeito as plantacions de eucaliptus (especie forestal que segundo o planificado no Plano Forestal actualmente vixente, ocupa 500 mil hectareas mais do previsto), prantexa cuestions tan razonabeis como: moratoria na plantación de esta especie, eliminación da mesma das terras agrarias e das figuras de proteción medio ambiental e nos lugares susceptibies de plantar esta especie forestal, xestión da mesma... É decir, prantexa ordenación e xestión e, xa que logo, medidas contra duas das causas estruturais que provocan os lumes forestais.

A pesar do fracaso que supuxo e supón as chamadas Sociedades de fomento forestal –Sofor-, na que en mais de 10 anos de existencia somente se formaron cinco, o Ditame insiste nesta xestión empresarial do monte, neste caso de particulares. Non son nen o minimamente democráticos para admitir que ao lado das Sofor potenciar tamén as Unidades de xestión forestal –uxfor- (constituironse 35 en apenas dous anos de vixencia do decreto que as fomentaba), ou outros modelos de xestión en común dos montes de particulares que prantexaran os titulares dos mesmos. Mais para os partidos políticos asinantes do Ditame cando hai que por nunha bascula, ou por en valor os montes de xeito multifuncional e sustentabel ,ou entregarlle estas terras as empresas forestais ou madeireiras , non teñen nengunha dúbida , apostan polo segundo.

O Ditame aprobado polo PP e polo PSOE avanza un chanzo mais no obxetivo de privatizar estas terras comunitarias. Os intereses capitalistas, especulativos e urbanísticos non perden ocasión para acadar os seus obxetivos

No que fai referencia os montes veciñais en mán común, o Ditame aprobado polo PP e polo PSOE avanza un chanzo mais no obxetivo de privatizar estas terras comunitarias. Os intereses capitalistas, especulativos e urbanísticos non perden ocasión para acadar os seus obxetivos. E para iso válelle calquer cuestión. Hoxe e a problemática dos lumes forestais, mais mañán poderia ser o ditame de unha comisión de estudo creada no Parlamenrto Galego para  decidir se hai vida mais aló dos confins da terra. Unha recomendación de esta comisión, tamen seria a privatización dos montes veciñais en mán común. Estamos diante de uns obxetivos que raian nunha obsesión enfermiza. De feito, o Ditame manten todos os chanzos da política agresiva contra os montes veciñais en mán común (fiscalidade  inxusta , obriga a pagar as falsas e inxustas débedas dos consorcios e dos convenios, obriga de investir o 40% dos ingresos  onde decida a industria forestal e da madeira, incautación dos montes veciñais para entregarllos de balde as empresas forestais privadas por un periodo de 50 anos…).

A única novidade ao respeito dos montes veciñais en mán común é, como non podeira ser menos, negativa: a de esixer coñocementos  forestais acreditados para poder ser membro de unha xunta reitora (cousa que non esixen nen para os montes de varas, nen para os montes de particulares ). E de non telos non poderán xestionar  as suas terras. Esta esixencia non somentes ataca ao carácter xermánico da titularidade veciñal (as comunidades de montes non  organizacions adicadas somentes a venda de madeira, son sociedade civil organizada que ten como fin a defensa e a posta en valor das suas terras ). É un ataque mesmo aos principios da democracia (cada persoa un voto) .E voltar a democracia dos “sabios” (autodefinidos por  eles mesmos), a democracia elitista/clasista, a democracia  orgánica . Mais no fondo esta proposta aberrante ten un obxetivo claro: usurpar a xestion dos montes veciñais os seus titulares e por no seu lugar os que decidan os “sabios”

Que lles parecería os e as dirixentes do Colexio Oficial de enxeñeiros técnicos forestais de Galiza -e cito a eles porque son os pais e as nais de esta criatura- se as comunidades de montes  afirmaramos que non poderian asinar ningún proxeto a levar adiante nos montes veciñais por non ter acreditado  coñecementos do monte veciñal e moito menos da xestión democrática das comunidades de montes, dado que en ningún nível do ciclo escolar galego se estudan estas duas cuestions? Aberrante, verdade?. Pois o mesmiño que a vosa proposta.

Neste Ditame traballado xa brota con forza un dos obxetivos principais: a eliminación dos montes veciñais en mán común

Se ao Ditame sobre a problemática dos lumes forestais asinado polo PP e polo PSOE facemoslle un desbroce, unha poda e unha monda, por falar en termos forestais que ao parecer nos esixen, que queda ao descuberto? Pois queda que preferen un monte ao servizo dos intereses da industria forestal e madeireira, antes que un monte sen lumes. Mais, iso si, neste Ditame traballado xa brota con forza un dos obxetivos principais: a eliminación dos montes veciñais en mán común.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.