«Disparar con pólvora do rei»: explica o fácil que é a utilización (ou o despilfarro sin control), de recursos alleos (públicos casi sempre).
O órgano que fiscaliza a xestión da Xunta, o Consello de Contas, realizou un informe demoledor para o “bó xestor” de Feijoo: a construcción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (que da servizo a 600.000 persoas), tivo un SOBRECUSTE de 470 millóns de euros! O enviará o Tribunal de Contas para abrir, ou non, un procedemento por “presuntas responsabilidades contables”. Fora promovido polo BNG e o PsdeG para sufragalo con cartos públicos...Feijoo, no 2009 o retirou e decideu “privatizar”o proceso de construcción... a 20 ANOS.
Pódese permitir que un goberno utilice os cartos públicos para cometer esta desfeita? Máis gasto PÚBLICO, menos camas, menos metros cadrados de construcción hospitalaria (a UTE contratada aforróuse 11.912 m. de e.: o equivalente a un orzamento anual da Xunta); e todo ísto: con Financiación Pública/privada que xa fracasara no Reino Unido, Valencia, etc.... Impresentable! A hemeroteca é demoledora para Feijoo: criticaba que “os políticos, que cobran un salario público, dós impostos dós cidadáns, si inauguran un hospital, a pregunta que debemos facernos é si o deixa pagado ou o termos que seguir pagando, porque si é esta última: faga o favor de marcharse rápidamente e empezar a pagalo”. Váia cara! Estaba tasado en 450 m. de e. e costou 1.3000, máis os aumentos do canon anual: de pagar 56,7 m. de e., en 20 anos, estamos pagando 86. A irresponsabilidade e a hipocresía son evidentes...pero para eles dá igual! Sempre están moi a favor da empresa privada (neoliberalismo puro e duro) pero vivindo a costa dun salario público (máis o que veña…) e pagado polos cidadáns.
Praza Pública (David Reinero) informa de que “as decisións tomadas en 2010-11 foron responsabilidade das exconselleiras: Pilar Farjas, conselleira de Sanidade entre 2009 e 2011, e Rocío Mosquera, xerenta do Sergas nese período e despois conselleira ata 2015”. E tanto Farjas como Mosquera (ésta é a Directora actual de Galaria, organismo a través da súa Oficina Técnica de Seguimento, que tiña que fiscalizar o tema sendo que a Xunta fiscalízase a sí mesma), coinciden en empregar unha mesma xustificación a posteriori: din “grazas ao novo hospital, planificado en 2011, a pandemia da COVID-19 que chegou a Galicia en 2020, non foi tan mala como podería ser”. Así, sin anestesia, actuando como “pitonisas”, cos cartos públicos claro! Outras alegacións peregrinas tampouco foron tidas en conta. A pregunta que nos facemos todos, é: por que non intervén a Fiscalía...ou un Xuíz?
Que demostramos co exposto: que a impunidade é total. Están a salvo do que fan. Ningunha responsabilidade por unha nefasta xestión para a saúde da poboación e para o futuro dos nosos fillos. Ademáis, siguen utilizando as PORTAS XIRATORIAS, hoxe son responsables do SERGAs e mañán conselleiros, e logo alcalde de Baiona e logo...que pena... e con total impunidade!
E todo ísto sucede, cando Galiza é a que menos inviste en Servizos Públicos fundamentais. Estamos a cola no gasto per cápita para Sanidade, Educación e Políticas Sociais. O SERGAS gasta un millón de euros ao mes en pagar o Complemento a Médicos que traballan na Pública e na privada. Cando Galiza é con Andalucía, a que menos inviste en Sanidade. Cando o gasto privado en sanidade dos Galegos crece a 1.430 euros anuais de media. Aumento considerable dos Seguros Privados (lixo na maioría dos casos). Cando estamos, moi por debaixo da media do estado en persoal médico e de enfermaría. Cando a CIG fala de “recuperar as subidas salariasi pendentes, recollido no acordo retributivo de 2008-12 suspendido por Feijoo dun plumazo”. Cando aínda lle debe equiparar o salario do persoal do SERGAS co Complemento Específico que NON cobran, e sí o fai o outro persoal da Xunta de Galiza. E sigue debendo 3 días de LD que quitou pola cara. Os bós xestores, aumentaron a Débeda Pública en 12.170 m. de e. no 2023 (equivalente a un orzamento anual da Xunta).
E que dín os responsables políticos de hoxe? “que si non se facía así, non se podería facer doutra forma”: váia argumento, que, sendo falso é recurrente cando non se teñen argumentos e que ao PP válelle para lavar a cara e seguir finaciando á empresa privada, co perxuízo evidente do ben máis preciado que temos: a nosa saúde!