“De cando en vez, dí a verdade... para que te crean cando mintes”. Jules Renard (1864-1910). Escritor e dramaturgo francés.
O 20/10/26, o amortizado conselleiro de sanidade, presentaba no Parlamento o “Novo Plan Galego de Saúde” (o de “novo” é un eufemismo que o propio PP confirma cada vez que presenta un novo plan). A espectación era importante pois todos sabemos (saberao tamén o sr. Rueda?) que a falta de persoal é o maior lastre co que conta a Sanidade Galega (… e levan 18 anos gobernando); esperábamos resolver algún dos problemas máis acuciantes… pero non foi así. Entre medias verdades e mentiras flagrantes a cousa quedou como estaba: sin atallar as causas e intentando resolver os problema co típico: saco de aquí… para poñelo alí!
Unha das mentiras máis gordas é a de botarlle a culpa do aumento das listas de agarda, á folga dos médicos (non dixo corporativos). E eu dígolle: e o ano anterior que tamén subiron…? e o anterior…? como se xustifica algo conxuntural cun problema estructural dende que goberna o PP? Por certo, os médicos farían a folga de forma indefinida (salvaxe) dende o 28/10/26… ca premisa “do que poda facer que faga” e como xá conseguiron as eleccións: suspenderon a folga! Váia, váia!
O INE confirmaba hai uns días o que todos os que usamos a Sanidade Real sabemos: 901.200 persoas na Galiza dín que a “atención médica chégalles tarde ou non lles chega”… e o 60% son mulleres!
O propio conselleiro, anuncia que a lista de espera de cirurxía, pasou de 70 a 90 días. Ísto é moi curioso: no 2013 o PP fixo a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, eufemismo para indicar o tempo que a administración estipula como “normal” para a Primeira Consulta e para as Probas Diagnósticas: 45 días; para cirurxía: 60 días. A Lei fala de que “si se sobrepasa ese tempo, a persoa pode ir a privada, coller a factura e pasarlla o SERGAS”… a falacia está en que en lugar de invertir cartos na Pública... o PP deixa de invertir, non se cumpren os prazos e os seus amigos da privada siguen engordando os beneficios (ca axuda inestimable do PP Galego).
No “Novo Plan”, promete o conselleiro 644 prazas (non dí de Médicos, fala de todolos profesionais que vai contratar). Por ísto o das medias verdades: Médicos serán 63, Pediatras 2 (200 concellos están actualmente sin Pediatra), enfermeiras 47, Matroas 45, PSX 31, etc. é dicir, en 4 anos que quedan ata o 2030 que vai o “Novo Plan”, tocan a 16 médicos por ano: menos, dos que Galiza vai formar (MIR) nese mesmo período; concluímos que “non pensa contratar a todolos médicos que formamos…”. Que empresa privada faría este despropósito? O autor da desfeita, sería despedido de forma fulminante… sin embargo, no PP ascenden, como ó sr. Comesaña, de triste recordo: a Diputado Estatal!
O conselleiro de sanidade dí que “o orzamento para AP no 2020 era do 11,6% do total sanitario, (frente o 13,9% a nivel estatal), pero no 2027, invertirán o 14%”, cando a OMS e as organizacións científicas falan do 25%. A él, éncheselle a boca dicindo que “aumenta o orzamento o 6,4%”, sin dicir que ca inflación no 5,5% o aumento real é do 0,9% (ca que está caendo).
Pero para perseguir as “baixas laborais” (do moderado Feijoo): empregarán 45 millóns de €; para ísto sí que teñen cartos! Según o informe da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, calcúlase que 659 € o ano, fánlle falta ás familias para facer fronte, do seu peto, aos gastos sanitarios: que vos xestores… cos cartos alleos! Un aumento do 45,2% na última década.
O novo Director Xeral de AP (Dirección que o propio PP eliminara) dí: “La AP mejorará al organizar a los médicos que ya tenemos”: con esta teoría, mal imos! O que están facendo é utilizar aos médicos que temos e aumentarlles un plus...por traballar máis (pero os mesmos). Pan de hoxe e fame para mañán! E ademáis valoran aumentar a idade de retiro: 72 anos… sin comentarios!
Estamos esperando o que fará o novo Xerente do SERGAS co informe elaborado, por consenso, polo Consello Técnico de AP e que teñen nun caixón. Éste, sustitueu o anterior Xerente, cesado fulminantemente por defender éste Novo Plan de AP de Galicia.
E todo ísto cunha débeda pública galopante de 13.357 m. de € (terceiro orzamento do presuposto total que conlevará pagar no 2027: 1.913 m. de €, dos cales 237 son parta pagar os xuros derivados da débeda). O orzamento para 2027 é de 15.158 m. de € e atrévense a non aceptar a quita da débeda de 4.010 m. de €.
En fín. Temos unhas eleccións a volta da esquina e de nós depende que sigan gobernando...OU NON!