Merdi-prensa

CC-BY-SA Praza Pública

Carlos Peñazola é un ex militar venezuelano acoplado en Miami. O outro día comentaba nun tuit que o dirixente chavista Diosdado Cabello gastou dezaseis millóns de euros na voda da súa filla. La Razón, ABC, El Español e... La Vanguardia reproduciron a noticia, partindo só desa fonte. Como non houbo nin gasto nin voda, en Venezuela non a publicaron nin os medios da oposición. Foi unha trola para consumo peninsular, calculada en euros. El País, diario campión da calumnia caribeña, abstívose desta vez.

Os medios de información españois son os de peor calidade da UE, segundo indican os baremos especializados. Inventan noticias, difaman, traballan sen contrapesos, degradan a calidade da democracia e como non están condicionados por ningún outro poder democrático, pois non acatan os principios internacionais da ética periodística.

Pero é máis alarmante aínda o acriticismo dos cidadáns, por suposto. A falta de esixencia. Esa disposición a tragar enormidades sen mover un músculo da cara. Ese retorno á condición de súbditos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.