Foi o PSOE o que máis contrapuxo a sensibilidade local contra o sentido global de Galicia como país. A cidade-estado vazquista da Coruña constituíu o seu exemplo máis notábel. Exemplo seguido nos nosos tempos en Vigo pola vella política do seu alcalde, Abel Caballero. Mais, en conxunto, a caduca idea do localismo na sociedade está xa ultrapasada.
Porque hoxendía os problemas das cidades galegas son semellantes. Arrincarmos a corrupción. Abrirmos os concellos á participación cidadá, mesmo na determinación dos obxectivos do Orzamento local. Unha xestión transparente. Garantirmos uns servizos públicos de calidade. Pór a nosa lingua e a nosa cultura no lugar que lles compre. Reactivarmos a economía local, xerando emprego de calidade. Mirar polo comercio de proximidade para revitalizar as mallas urbanas. Entendermos os problemas urbanos de xeito supramunicipal.
Semella, pois, posíbel un municipalismo galego compatíbel, cando non intimamente vencellado, a unha idea de Galicia como país. Un municipalismo que entenda cooperativa e participativamente as Administracións locais, tentando interesar á cidadanía na súa gobernanza.
Semella, pois, posíbel un municipalismo galego compatíbel, cando non intimamente vencellado, a unha idea de Galicia como país
Agora ben, no nivel global galego compre garantirmos certos mínimos. É urxente rematar co absurdo das Deputacións e das provincias. É preciso restaurar a autonomía local que a Lei de modernización local de Montoro reduciu substancialmente. Hai que colaborar no eido aeroportuario, porque non abonda aeroporto ningún, o que compre é especializalos. E, sobre todo, garantirmos a mobilidade de cadanseu aeroporto con cadansúa área urbana e co resto do país.
Volver a nosa atención ao local lexitima a política e fai máis transparente e eficiente a gobernanza. Mais sen perdermos a común pertenza a unha galeguidade que transcende as nosas diferenzas
Nun tempo de reinvencións son precisos novos xeitos de facermos a política. Volver a nosa atención ao local lexitima a política e fai máis transparente e eficiente a gobernanza. Mais sen perdermos a común pertenza a unha galeguidade que transcende ás nosas diferenzas.
Dez anos de mandato de Carlos Varela como fiscal superior
Carlos Varela cesará como fiscal superior de Galicia despois de dez anos de mandato. Varela vinculou Galicia e Ministerio Fiscal na súa loita contra a corrupción política e os incendios forestais, a comercialización de preferentes e subordinadas e pola normalización da nosa lingua na xustiza, deixando un baleiro moi difícil de encher. Mesmo para un grande profesional como o seu sucesor, Fernando Suances.