Ante as novas direccións locais de Podemos Galicia, é pertinente unha análise comparativa do sucedido entre 2015, cando fomos elexidos máis de 50 secretarios xerais locais e 10 CCM (consellos cidadás municipais), e o 2018, cando 11 secretarios xerais e ningún CCM serán elexidos (na maioría dos casos non se fan eleccións por non presentarse máis que un candidato).
Todos estes datos xa son coñecidos desde fai un ano, cando foi “desactivada” a totalidade dos cargos elexidos no ano 2015. Pero non deixan de ser sorprendentes e dolorosos para todos os que creiamos no “empodaramento” cidadá que Podemos “vendía” nos primeiros tempos. 770 SX Municipais en toda España, pasarón a 226, e de 331 CCM cunha media de dez persoas por Consello a 24 CCM na actualidade.
As cifras son terribles. Expoñen a desmobilización e desastrosa xestión organizativa e política desenvolvida por Podemos en toda España durante apenas tres anos. Agora, cunhas eleccións municipais á volta de seis meses que poden convertirse nunha “macroelección”, cal é o plan de Podemos?
Se seguimos a folla de ruta establecida pola dirección “Vista Alegre II”, deducimos que seguirán apoiándose nos cargos institucionais (alcaldes e concelleiros tanto de Podemos como das confluencias). Podemos estará nas mans dunha feble organización municipal propia, dos cadros de Esquerda Unida, e das diferentes forzas confluentes (Mareas, Compromís ou outras forzas).
Algúns xa preveíamos que o escenario máis probable sería o de unhas eleccións municipais coincidentes coas xerais. Esta situación ten varias vantaxes para PP e PSOE. Estructuras máis asentadas, debate nacional que vai trasladar os debates locais, e o desgaste dos lideres locais “rupturistas” (Ada Colau por poñer o exemplo máis importante) que poden sufrir baixadas de apoio por exercer o poder nunhas circunstancias moi difíciles, e con erros propios.
O Pablo Iglesias ten nestas circunstancias unha difícil situación, na que probablemente vai ser victima das súas decisións no ámbito municipal e no autonómico. Van querer moitos lideres locais ou alcaldes facerse a foto cun Iglesias en campaña para a presidencia?. Van querer ademáis de sufrir o desgaste local, asumir os erros estratéxicos do lider vallecano? Moitos non van ter mais remedió que compartir destino con Iglesias.
E onde é que fica Galicia, en todo este mapa electoral? Buitrón na Coruña pode aspirar a acompañar a Ferreiro, tal e como xa fixo con Losada nas eleccións nas que o PSOE perdeu o Concello despois de décadas de dominio. Borja en Ferrol pode integrarse dentro dunha plataforma destrozada como Ferrol en Común, que xa está nas mans de Esquerda Unida, que tan só aspira a desmontar os movementos da “En Marea” de Luis Villares para montar unha nova plataforma. E en xeral o máximo no que están a pensar os candidatos a SX (Dos 15 aspirantes a 11 secretarias só dúas mulleres poden ser elexidas) e a colocarse nas listas municipais. Triste obxetivo para unha organización que movilizaba centos de persoas na súas estruturas municipais propias, sen ter que apoiarse en outras forzas nacionalistas ou de esquerda radical.
Especialmente alucinante e preocupante é a desaparición das mulleres na estructura local de Podemos Galicia. Parafraseando os lemas que deberíamos apoiar todos “O futuro da política será feminino, ou non será”. Facendo caso a este axioma, a política municipal de Podemos Galicia seguirá sen existir, e ademáis sen mulleres.