Negacionismos e negacionistas

CC-BY-SA Praza Pública

“Mais aínda seguimos aquí, a aturar tempestades de sal, resistindo a violencia de mans desas serpes e cans que nos queren calar”.  SÉS: A Coruña, 1982. Tempestades de Sal.

 

Levamos un ano de pesadelo como consecuencia da Pandemia da COVID-19. Neste tempo, sucederon moitas cousas, entre elas 21700.000 mortxs no mundo, 80.000 no estado español e 2.300 na Galiza. Infectadxs 118 millóns de persoas. O 45% dxs mortxs o foron en Residencias de Maiores (verdadeiras “ratoneiras” para a xente interna nestes centros, casi todxs en mans de entidades privadas, fondos voitre e a igresa. E seguimos padecendo unha enfermidade moi perigosa, que a mediciña basada na evidencia, pon de manifesto día a día; sabemos moito máis dela e que é moi difícil de rebatir con teorías conspiranóicas, moitas veces alonxadas da realidade.

O Negacionismo fai unha distorsión ilexítima do rexistro histórico, para provocar que o que o promove, benefíciese con teorías máis favorables ou desfavorables, con respeto á evidencia. En principio, tiña como principal tema o Holocausto dxs nazis, logo o Cambio Climático e agora a Pandemia da COVID-19. O complementa a Propaganda que apela ás emocións para promover un punto de vista diferente o da evidencia científica. Na mesma línea, o Revisionismo Histórico, a Guerra da Información, a Disonancia Gognitiva, as Fake News, o Doblepensar, etc.

Entendemos por Negacionista cando as persoas elixen negar a realidade para evadir unha verdade incómoda. Según Paul O'Shea, é “o rechazo a aceptar unha realidade empíricamente verificable. É, en esencia, un acto irracional que retén a validación dunha experiencia ou evidencia históricas".

En inglés, Denialism (Negacionismo) dende o punto de vista da psicoloxía do comportamento humán, é “a elección que ten unha persoa para negar a realidade como un xeito de evitar unha verdade psicolóxicamente incómoda”.

Temos negacionistas, moi “famosxs”, que déixan pegada, sobre todo na xente xóven: Miguel Bosé, Alaska, Ouka Leele, Andrea Bocelli, Ana Arias, Donald Trump ou Jair Bolsonaro; son algxns dxs que dudan da veracidade da pandemia e alentan teorías conspirativas que por desgraza están traendo moi malas consecuencias, aparte de irresponsabilidade; non entendemos como as Fiscalías dos países non actúan con toda a contundencia da que son capaces e que lles permite a lei, para evitar este desastre de proporcións épicas.

Pero temos outra xente: Toni Braxton, Robert de Niro, Lisa Bonet, Miranda Makaroff, Alicia Silverstone, Rob Schneider, Jim Carrey, Novak Djokovic... que tamén poñen en dúbida a efectividade das vacinas. O mal do negacionismo, corríxese lendo!

Xs negacionistas non son un grupo uniforme. Non é o mesmo unha nai que rechaza as vacinas para xs seus fillxs, que alguén que conscientemente difunde esa información manipulada por motivos ideolóxicos ou de outro tipo. 

O Negacionismo é desinformación. Son as Fake News, cas que moita xente está interesada en difundir e “captar” personaxes para a súa causa. Evidentemente, estas accións teñen repercusións, incluso con mortxs por acción ou por omisión da realidade científica. Si nos fixamos nos grandes medios de comunicación, canta máis información dan... máis desinformada está a xente!

O Negacionismo Conspiranóico ten que ser rebatido ca evidencia científica, aínda que pensemos que é de perogrullo o que nós sabemos que é real, e que é unha solemne tontería o que se está rebatindo de forma contraria a realidade; e ésta, non pode ser posta en dúbida polas persoas que teñen a capacidade de velar pola verdade e, así, temos que saber explicala da forma máis racional si cabe, para que xs que non cren na realidade científica, non busquen os réditos sociais, políticos e económicos que leva consigo ter adeptxs a unha causa non real.

Na nosa man está ter a capacidade de dar explicacións veraces e nas masn dos gobernos a de ser líderes de opinión ca verdade científica, explicada de forma que a xente se sinta segura.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.