No Shangái

Durante décadas o tren entre Galicia e Barcelona foi coñecido como 'Shangai Express' CC-BY Aleix Cortés

Leonardo Sciascia, lucidísimo, ás veces profeta, relata en Il mare colore del vino a viaxe ferroviaria dun mundano enxeñeiro do Véneto (norte rico) e un experimentado mestre siciliano (por tanto sur pobre), desde Roma até a illa. Poderían ser catalán e galego, respectivamente, nun vagón do mítico Shangái, na ruta de Cataluña a Galicia. Son os anos sesenta e charlan con relativa elegancia.

-Viaxou por medio mundo e non coñece Sicilia... E despois, falo en xeral claro, os do continente, sen saber nada, con iso do boom ou milagre económico, veñen e fan o que lles dá a real gaña nesta pobre Sicilia. Boom o carallo, que o voso boom é a costa do noso pelexo, que nos estades fritindo no noso propio aceite. Mire, mellor cambiamos de tema.

(Sciascia refírese ao aceite, mais non cita por exemplo o capital humano, as masas de emigrantes).

- Foi separatista -dixo a súa muller, para explicar a vehemencia do mestre siciliano.

- Se todo iso é así, non cre que os sicilianos tamén teñen a culpa?

- Claro. Somos así. Agardamos que a froita da árbore nos caia na boca cando está madura

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.