Non podo evitalo.
Cada ano, cando o mes de Novembro se vai achegando, e por mais que me propoño mentalizarme de que non pode ser, que teño que tentar encaixar as cousas doutro xeito, porque o único que consigo e pasalo mal, e tentar arranxar o que non ten amaño é estrelarse contra unha parede, comeza para min un verdadeiro pesadelo, vendo como, ante a proximidade do 25 N, o mercadeo da violencia de xénero se dispara, e as competicións por acadar o podio da “concienciación” e da primeira liña nos eventos “de ben” na procura dos posteriores beneficios, forman parte do día a día, un día a día no que, e perdoádeme a expresión, pero non atopo outro xeito de definilo mellor, os voitres aos que o resto do ano a violencia de xénero non lles preocupa en absoluto, comezan a abalanzarse sen pudor e sen escrúpulo algún sobre os cadáveres que o feminicidio vai deixando e sobre a dor de tantas mulleres, de tantos nenos, na procura do seu particular negocio.
Este ano, unha vez mais, vou camiño non soamente de non lograr ese obxectivo de respirar fondo e tentar pasar esas datas do xeito mais “aséptico” posible, ignorando aquelo que fai dano, moito dano, pero que tamén son consciente de que non ten maior traxectoria, porque é verdade que as mentiras teñen as patiñas ben curtas, se non que o empeoramento é claro e notable.
A razón deste empeoramento é obvia.
Por se non tivéramos bastante co espectáculo de cada ano, este as cousas ainda se tornan moito peor por mor desas eleccións as que nos abocou, principalmente, o afán de poder, o amor por certas cadeiras e polos petos ben cheos, aos que eufemísticamente denominan os seus protagonistas “velar polos intereses dos cidadáns”, e, por suposto, unhas eleccións autonómicas que comezan a asomar a patiña, e por mor das cales xa se iniciou, malia que non oficialmente, faltaría mais!, unha mais ou menos hábilmente solapada campaña hai tempo.
A veda está aberta, e, sabedores todos os que interveñen en calquera destes eidos e que se disputan o trofeo, de que a violencia de xénero vende, e moito, o espectáculo, bochornoso e impúdico espectáculo, xa éstá servido, mentras, eso sí, a violencia machista continúa cobrándose unha vida tras outra.
O mesmo da a cor política a que ollemos.
Todas elas están mergulladas nunha posta en escena a cada cal mais efectista, con mais sona, marcando tan so a diferencia o poderío económico de cada unha, porque claro, xa se sabe, nesta vida nada é gratis, e ser solidario ou amosar todo un alarde de implicación sen un abultado talonario do que botar man non é viable, nin siquera para aqueles que dín ser “alternativos”, que van por un camiño distinto ao sistema…distinto, pero tendo bo cuidado de que conflúan nalgún punto, que o cortés non quita o valente, e hai que asegurarse os garabanzos, e non en calquera sitio ou en calquera ocupación, porque sair a rúa día si e día tamén, a golpe de reivindicación, a calquera hora, sexa día de traballo ou festivo, require unha ocupación na que abandonala por mor das “conviccións” non represente un problema, se non que, pola contra, supoña un impulso mais, un tanto que anotar para o equipo que aspira a gañador, polo que , antisistema si, pero o xustiño. Nada que impida vivir del tan ricamente.
Alianzas con grupos e colectivos a cada cal con mais sona, sinaturas de convenios, actos con caras coñecidas e se supón que referentes en violencia de xénero, etc, etc, etc, son, desde hai xa tempo, pero con mais frecuencia e mais rebumbio ainda a medida que nos adentramos nestas datas, o pan noso de cada día.
Tampouco se pode esquecer esa batería de medidas que case a diario nos dan a coñecer, case sempre coincidindo con un novo asesinato machista, que semellan ser xa non efectivas, se non case máxicas, e que nos deixan a todos os que vivimos esta traxedia de preto nun estado entre “ojiplático” e indignado, porque, obviamente, somos conscientes da gravedade que implica o feito de que aqueles que manexan as rendas semellen estar comezando a decatarse a estas alturas dalgúns dos aspectos da realidade da violencia machista, o que fai evidente en qué mans nos atopamos.
Eso si, pouco ou nada se fala deses episodios do día a día da atención e asistencia as vítimas de violencia de xénero que deixan ao descuberto que as eivas son sangrantes, por exemplo na protección e seguimento dos casos non que existe unha orde de afastamento, orde que é quebrantada, sendo o resultado en non poucas ocasións, o asesinato da muller.
Tampouco é un tema que interese tratar eses réximes de visitas aos menores otorgados a homes condenados por violencia de xénero e que xa sabemos todos no que desembocan as veces.
Como tampouco se fala, por mais que se solicite, ou mellor debería dicir se suplique, dos criterios que se empregan para seleccionar ao persoal que traballa coas vítimas, cos seus fillos, no que o factor humano e relegado ou directamente ignorado para facer prevalecer outros en ocasións as veces mais que cuestionables.
Ten que estar quen ten que estar, e punto.
E qué dicir desa burocracia interminable que fai que as vítimas, en non poucas ocasións, desistan, optando polo único recurso que lles queda para tentar sobrevivir elas e tal vez seus fillos, que é volver co seu agresor?.
Estes son tan so algúns exemplos.
Podería seguir e seguir , pero, como digo, deso non se fala, e do que non se fala, sinxelamente non existe.
Cando a tráxica realidade se impón e o feminicidio golpea unha vez mais salvaxemente, é doado recurrir ao consabido minuto de silencio, a condenar, e a expresar a “solidaridade” coa familia e seres queridos das vítimas, ben diante dunha cámara, dun micrófono, ou vía redes sociais, que tamén queda ben, e a outra cousa.
A vida sigue, malia que non para todos.
Moi importante deixar claro, sempre que é posible, eso de “non existían denuncias previas”, ollo ao dato!, a culpa foi dela por non ter denunciado! e tentar pasar o mais rápidamente posible por riba dos casos nos que si as había e a desprotección se fixo palpable.
E así, con este desolador panorama, chegamos a un Novembro mais, no que a política, os intereses, e as ansias de poder, fan que, ainda con menos pudor, con mais descaro, e sen que se albisque o menor indicio dunha elemental empatía hacia quen ten a súa vida desgarrada, ou hacia aquelas as que lla arrebataron brutalmente, a dor da violencia de xénero estea a mercé do mellor postor.