Novo pulo ao “procès”

A investidura por maioría absoluta do Parlament do até de agora alcalde de Girona, Carles Puigdemont (Junts per el Si e afiliado á CDC) demostra a flexibilidade da política catalá, que mesmo ven de recoñecer o dirixente de Podemos, Iñigo Errejón. E abre un escenario de estabilidade parlamentaria que constitúe un evidente pulo ao proceso soberanista catalán, malia que ao mellor éste, como dixo o presidente da Assemblea Nacional de Catalunya (ANC), grande motor del, precise de máis músculo e de menos velocidade.

A CUP aprobara un veto incondicional a Artur Màs, malia que a metade da súa xente manifestouse a prol da súa investidura. Xa que logo, a decisión de Màs de botarse fóra (xenerosa e políticamente estratéxica) desarmou de vez aos antisistema. Executado o veto a Màs Junts per el Si foi quén a lles impór non só o voto á persoa de Convergência (CDC) decidida polo propio Màs, senòn un pacto de estabilidade parlamentaria que inclúe o prezo da demisión dalgúns dos deputados máis refractarios á investidura do até de agora President.

Esa decisión permítelle a Convergência evitar unas eleccións pouco favorábeis e enfrontar un proceso de refundación que esixen os pasados casos de corrupción e que desenvolverá baixo a dirección do propio Artur Màs. Semella que Democracia i llibertat, futura marca dos converxentes, adopta o esquema bicéfalo de distintas persoas nas xefaturas do partido e do goberno que tan ben lle resultou ao PNV. Sabido é que unha nova páxina na historia institucional catalá é imposíbel sen que a mediana burguesía e o centro político teñan sitio nela. E Artur Màs agora traballará para facelo.

Pola súa banda, Esquerra (ERC) fornecerá un 40% do Govern con Junqueras nunha probábel vicepresidencia ou mesmo como conseller en cap. Mentres que as forzas unionistas amosaron a súa sorpresa e contrariedade: Catalunya terá Goberno e folla de rota soberanista esta mesma semana, mentres que en Madrid semella que non hai pacto para a gobernanza nin o haberá nalgún tempo. Mesmo é moi dubidábel en termos constitucionais que Rajoy, como presidente do Goberno do Estado en funcións, reteña as competencias para instar do Senado a aplicación das medidas de intervención da autonomía de Catalunya, consonte co artigo 155 da Constitución.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.