Núñez Feijoo, o fachendoso

Na súa campaña para facer méritos ante a dirección madrileña do seu partido, moi desprestixiados despois de confirmarse a pasada amizade co contrabandista Sr. Dorado, o noso Presidente, Sr. Núñez Feijoo, tenos acostumados a ir a Capital a falar de temas que contentan ós poderes fácticos, iso si, omitindo a verdade sobre o noso país.

O pasado luns, no foro dun xornal de dereitas, traspasou tódolos límites, deuse autobombo falando marabillas do seu goberno en Galicia e permitiuse criticar ó goberno de Cataluña.

Hai que ter valor para afirmar isto sen rubor. So unha persoa como el, que non baixa do coche oficial dende fai moitos anos e está rodeado de xente que so sabe adulalo, pode estar tan fora da realidade. E certo que Cataluña non anda ben, e fixeron grandes recortes, por certo, máis ou menos os que se fixeron en Galicia, mais aínda así, fai uns días precisamente confirmouse a compra de Pórtico, empresa galega, pola catalana Tous, fai uns meses o Banco Sabadell comprou o Banco galego, e Caixa Bank está ben situada para facerse con Novagaliciabanco, que é a entidade que ten máis do 40% dos aforros galegos, Tamén fai pouco tempo, Gas Natural comprou Fenosa, e aínda se poderían citar mais exemplos. E si nos centramos no que lle afecta a xente directamente, por exemplo o desemprego, seguimos cunha taxa de paro máis alto que Cataluña, e iso sen contar a nosa forte emigración e o descenso da nosa demografía, so por detrás de Asturias.

A día de hoxe, de onde vivo aínda está marchando xente para Cataluña a  traballar ou estudar, porque aquí non teñen ningunha posibilidade, e non se produce o efecto contrario

A día de hoxe, de onde vivo aínda está marchando xente para Cataluña a  traballar ou estudar, porque aquí non teñen ningunha posibilidade, e non se produce o efecto contrario. Pero hai máis datos, o turismo en Cataluña creceu e un aeroporto como El Prat, superou incluso a Barajas, converténdose no primeiro aeroporto de España, mentres en Galicia, coa Xunta mirando para outro lado, os voos diminúen. E que falar do peche de empresas: Fábrica de Armas, Alimentos lácteos, T-Solar, empresas eólicas, etc, e outras que pasan por enormes dificultades, como Navantia ou Pescanova, por certo na que tamén un grupo catalán acaba de facerse co seu control. Incluso poderíamos falar de que en Galicia os traballadores teñen os soldos moito máis baixos  e igualmente as pensións.

Sr. Núñez Feijoo, baixe do pedestal, aprenda doutros lugares e póñase a arranxar un pouco o noso país, senón dimita.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.