Temos no Ortegal un tesouro vivo, que só se pode observar durante a época de Nadal. Conservémolo, restaurémolo e admirémolo: é unha forma de manter a memoria dun artista, cruelmente asasinado polos fascistas en agosto de 1936
Pasado xa o tempo de Nadal, que pide outras atencións, podemos fixarnos agora na faceta puramente artística do curioso nacemento que Camilo Díaz Baliño confeccionou en 1924 —si, acaba de cumprir 100 anos!— para a igrexa parroquial de Santa Marta de Ortigueira.
O belén ortigueirés foi encargado pola agrupación apostólica Hijas de María da parroquia santamartesa, unha confraría que nesa época estaba formada por mozas “de boa familia” que colaboraban na catequese e distintos labores na parroquia

Estrutura e decoración do belén
Este belén non é unha simple exposición de figuras e construcións decoradas con maior o mellor acerto e estilo vintage. O que o fai único é a súa forma de escenario, de teatriño á italiana, con tres niveis
Este belén non é unha simple exposición de figuras e construcións decoradas con maior o mellor acerto e estilo vintage. O que o fai único é a súa forma de escenario, de teatriño á italiana, con tres niveis —separados por gasas, teas e columnas— onde se reproducen diversas escenas da Biblia, coa principal, a do cortello co Neno Xesús na boca do escenario.
O frontal presenta a ambos lados, como se fosen os pilóns dun templo exipcio, aos profetas Isaías e Miqueas, do Antigo Testamento, que fixeron anuncios sobre o nacemento de Xesús Cristo. A decoración, segundo as investigadoras Iria-Friné Rivera e Blanca Besteiro que estudaron a instalación, ten claras mostras de estética Art Decó, ás que se suman elementos figurativos de inspiración exipcia, resultado, sen dúbida, do impacto mundial que provocou o descubrimento, en novembro de 1922, da tumba de Tutankamom.
En decembro de 2024 cumpríronse 100 anos da súa instalación na igrexa de Santa Marta
O propio autor asinou e datou a obra con claridade do seu puño e letra na traseira dunha das lonetas: “Camilo Diaz Escnofo / mcmxxiv” Isto é: ‘Camilo Díaz. Escenógrafo / 1924’. En decembro de 2024 cumpríronse, polo tanto, 100 anos da súa instalación na igrexa de Santa Marta.
O complexo mide 5 x 3 x 4,5 m, e móntase e desmóntase en cada Nadal, o que ocasiona que a estrutura esté moi debilitada e corra perigo de romperse ou fenderse, alén dos danos producidos polo ataque dos insector xilófagos. É certo que en 2015 se colocou unha nova lona en todo o frontal, unha copia fotográfica de calidade, pero a restauración debe extenderse aos restantes elementos.
Camilo Díaz Baliño e Ortigueira
Cal foi a razón de que Díaz Baliño recibira o encargo? Hai unha relación clara de afectividade do artista polas terras do Ortegal: se ben el era ferrolán, o seu pai, Germán Díaz Teijeiro, era de Ortigueira
Cal foi a razón de que Díaz Baliño recibira o encargo? Hai unha relación clara de afectividade do artista polas terras do Ortegal: se ben el era ferrolán, o seu pai, Germán Díaz Teijeiro, era de Ortigueira, onde nacera o 4-12-1858 na rúa Ancha (despois Real), a mellor da Vila, pois pertencía á burguesía local. Alí xestionaría un comercio, se ben despois marcharía a Ferrol (de onde era a muller, Camila Baliño), onde nace Camilo en 1899, e máis tarde á Coruña, onde nacen os restantes irmáns, tamén artistas.
De feito, Camilo pasaba tempadas, segundo Iria-Friné Rivera, en Ortigueira, que apunta que varias das paisaxes que decoran o belén son claramente ortegalesas, como os pinos e montes que se poden ver ao fondo. E tiña parentes en Ortigueira, da importante familia Teijeiro.
Camilo estaba en 1924 no seu apoxeo artístico. Asentado profesionalmente en Santiago, tiña unha traxectoria profesional de máis de 15 anos, traballaba para a empresa de cines de Isaac Fraga, e estaba fortemente imbricado no galeguismo
Camilo estaba en 1924 no seu apoxeo artístico. Asentado profesionalmente en Santiago, tiña unha traxectoria profesional de máis de 15 anos, traballaba para a empresa de cines de Isaac Fraga, e estaba fortemente imbricado no galeguismo: membro das Irmandades da Fala desde 1916, faríase dous anos despois, en 1926, membro do Seminario de Estudos Galegos.
Temos no Ortegal un tesouro vivo, que só se pode observar durante a época de Nadal. Conservémolo, restaurémolo e admirémolo: é unha forma de manter a memoria dun artista, cruelmente asasinado polos fascistas en agosto de 1936.