O actual Presidente da Deputación de Ourense X. M. Baltar non escarmentou absolutamente nada da actividade do seu pai, X. L, Baltar, que foi condenado en firme a nove anos de inhabilitación por enchufar a 104 persoas na Deputación, e el segue coas mesmas malas artimañas; agora o Tribunal Superior de Xustiza ven de anular o concurso no que trataba de enchufar outras 69 persoas na mesma Institución. E iso pese a contar con bos asesores xurídicos e posiblemente con algún fiscal amigo. Coméntase, que na Deputación, o PP ten máis de 400 enchufados, algúns con traballos tan pintorescos como porteiro da banda de gaitas.
E isto é unha pequena mostra, porque fai pouco, o actual Presidente foi denunciado por unha muller, a que segundo ela, induciuna a manter relacións sexuais a cambio dun posto de traballo, e aínda que foi absolto por falta de probas, están gravadas as conversacións con esa muller, nas que el detalla con claridade os seus métodos de enchufismo, e polo que calquera partido democrático o tería expulsado sen contemplacións.
Agora tamén a súa muller acaba de ser condenada en sentencia firme a un ano de cárcere e pagar preto de dous mil euros pola falsificación da sinatura dunha persoa á que lle adquiriu un local de hostalería co fin de non ter que pagar unhas taxas.
A Deputación de Ourense, a diferenza de outras provincias de Galicia e de España, é un organismo básico nesta provincia, pois de ela dependen a maioría das estradas, e as súas subvencións son fundamentais para a supervivencia dos pequenos Concellos, o que fai, co seu Presidente sexa a persoa con mais poder da provincia. E isto en que se traduce? En que Ourense está, en tódolos índices que se queiran analizar, practicamente na cola de tódalas provincias españolas: depoboación, PIB, renta per cápita, etc., o cal demostra que as Deputacións só son un bo chollo para manter ós enchufados do PP, e algúns do PSOE, e si por riba teñen un Presidente pertencente a un clan familiar en certa medida mafioso, como a de Ourense, o resultado salta a vista.
Isto debería servir para reflexionar, e que a xente pense un pouco antes de votar, e tamén para que os outros partidos mostren unha imaxe de unidade e oposición firme ante estes desaguisados.