O "delito" de ser muller

Como se se tratase dunha macabra rutina, Rajoy e o seu séquito atacan de maneira constante as mulleres polo simple feito de selo. Dende Gallardón querendo exercer o control sobre o noso corpo, o das verdadeiras mulleres, pasando por unha Ministra de Sanidade que elimina as campañas contra o que ela denomina violencia no entorno familiar, até as declaracións do Presidente das Cortes Valencianas, propoñendo que se lles enseñen as ecografías as mulleres que deciden abortar libremente.

Este recente Estado do malestar, creado polo PP, que privatiza as necesidades, que quita prestacións e arrebata dereitos básicos como a sanidade, a educación e os servizos sociais, está afectando de maneira singular ás mulleres

E como telón de fondo a toda esta vomitiva verborrea, o desmantelamento que a dereita está a facer de todo o Estado de benestar. Este recente Estado do malestar, creado polo PP, que privatiza as necesidades, que quita prestacións e arrebata dereitos básicos como a sanidade, a educación e os servizos sociais, está afectando de maneira singular ás mulleres. Boa mostra dos recortes no ámbito social son a retirada das cotizacións a Seguridade Social e das pensións contributivas aos cuidadores de dependentes, que en Galicia afectará a máis de 15000 persoas, e que amosa a cara máis insensible dun Goberno que abandona aos dependentes e que descarga a responsabilidade dos coidados no traballo gratuito das mulleres.

Sen dúbida todos estos feitos non son illados, senón que responden a un ataque en bloque a liberdade de todas nós. Pero, por qué? De maneira paralela aos avances en materia de igualdade e liberdade impulsados polo Goberno socialista de Zapatero, o PP adquiriu naqueles anos moitos compromisos políticos coa xerarquía eclesiástica. Eran tempos en que as manifestacións convocábas Rouco Varela, os megáfonos eran sustituídos polos micrófonos dos atriles das igrexas donde se lían os manifestos, as miles de persoas que saían a protestar acudían en autobuses pagados co recaudado polo cepillo da parroquia, e o enemigo común sempre era o mesmo: a igualdade. Todo aquilo non foi gratuíto, agora que gobernan, os sectores da extrema dereita e da xerarquía eclesiástica presionan para recortarnos dereitos, para que volvamos estar tuteladas e sexamos tratadas como menores de idade.

Hai anos que intentamos pechar definitivamente ese camiño, o que nos ligaba inexorablemente a maternidade, ao plano dos sentimientos, que nos ataba á casa

Hai anos que intentamos pechar definitivamente ese camiño, o que nos ligaba inexorablemente a maternidade, ao plano dos sentimientos, que nos ataba á casa e aos engranaxes sociais que nos presionaban para chegar a ese estándar establecido de muller 10.

É o momento de non dar tregua, de pelexar contra este sistema patriarcal que o Partido Popular se preocupa de fortalecer cada día, de non renunciar aos dereitos que tanto nos costou conseguir, e de facelo unidas,coa cabeza levantada e mirando ao frente orgullosas da nosa condición de mulleres.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.