O encontro. Algunhas consideracións ao xeito de Hermann Broch sobre 'Mientras haya bares'

A Juan Tallón.

Non atopei ao home da camiseta branca nunha óptica, nunha peixería namorado dunhas sardiñas do xeito,  en Froitas León, na panadería, na perfumería, nunha marmorería nun academia de inglés para poder ler Tender in the Night , na oficina de Correos,  en Comoencasa mercando unha paella, nun libro de Alfredo Bryce, na Ponte Romana pensando en bicar ao Miño, no Nautilus Peaguda, ordenado seguindo as regras de Georges Perec en Penser/Classer, entre Xosé Ignacio Taibo e Amy Tan, no grupo dos profesionais do irreparable e dos entendidos da tristeza de Lima, roubando o whisky de Juan Lastarria, axudando ao mago Pollini, comendo comas no Combatiente, vendo a TVG2 e no almacén de augas Cabreiroa. Tampouco nunha igrexa no confesionario, nunha biblioteca, no Carrefour, lendo os Bolechas a unha nena antes de durmir, na farmacia, no IKEA, inscribíndose na San Martiño, nunha reunión de pais e nais no colexio La Salle, no fisioterapeuta, bailando coa Familia Caamagno e a orquestra Os Modernos, na rúa do Paseo para arriba e para abaixo, na perruquería, no parque da Praza Roxa cun plátano na man, no GADIS, nunha entrevista para o posto de capador de extraterrestres ofertado por Caxade, nun encontro dos antigos alumnos dos Salesianos de Ourense, no spa, mercando un cupón dos cegos, no centro de saúde, na Reixa probando un pantalón, en Ruibal Consultores , nun chino, na comisaría, recitando poemas de Pasolini, na estación de autobuses, nunha oficina da Xunta, en Caixabank, no Parque San Lázaro, na Alameda lendo un artigo de John Carlin, nun mitin, na libraría Á Lus do Candil lembrando a Marcos Valcárcel, nunha lencería mercando un sostén, no Zara, no Corte Inglés,  no dentista, no PCBOX, xogando aos policías e ladróns, facendo running con Murakami, na praia da Lanzada (A xente non se bagna), na casa de Jose Saramago en Lanzarote, nun concerto de The Chambers Brothers cantando What the world needs now is love, no Din & Don na procura de Masha desesperadamente, no Cash Converters, na consulta do doutor Area en Conxo, no concesionario de coches, na funeraria, no despacho do avogado que soña con ser Lee Marvin. Onde apareceu este home da camiseta branca?. Por suposto, nun BAR, o que contribúe a alimentar o optimismo, a pesares incluso da propia vontade do home da camiseta branca

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.