O espirito da Velvet Underground e de Gezá Csáth na igrexa de Santa Eufemia

Pode que o que vou dicir soe irreverente para algúns, pero un é un irreverente ou non ( Perdoádeme pero copiei a forma de falar do señor Ciecizsowski, os que sodes  lectores do Gran mestre xenio polaco Gombrowicz xa saben de que falo), o espírito da Velvet Underground aparecéuseme o día vinte e oito e o de Gezá Csáth o día vintenove de decembro. Non foi nunha viaxe a cidade nevada de New York (“No hay nada bueno en ti . Por eso te amo”*), a procura da Factory de Andy Warhol, nin nun frío Budapest sen as notas de Bela  Bartok, senón nun Ourense a dezaoito grados, na igrexa de Santa Eufemia, tan querida por Dona Laura, viciña da rúa Unión, que non coñecía nin lle facía falta coñecer o disco White Light/ White Heat (White light, white light moved in the trought my brain**), e no Liceo, no que aínda se escoitan a voces de tantos e tantos

..... Como puido ser? Aos demais ouvintes, dos que non sabia se procedían da mesma cultura musical, ocorreulles o mesmo? E ao alcalde da cidade (Babel style), no pouco tempo que estivo na igrexa, tamén lle ocorreu o mesmo? E ao doutor Lamas, e ao poeta que vive en voz baixa, e ao avogado Peaguda coa cara de Harrison Ford, que como o vello industrial é un “picolo borghese, e drammatizza tuto”***, e á profesora María, que leva nos seus beizos o inglés da Lonia as terras de Compostela, tamén sucedeulles no Liceo o mesmo?. E o irmán do dono do galo de Antioquía, e o irmán do dono do viño do Rosal e o irmán do autor de Tempo de Pedra (Viva, os irmáns pequenos!), tamén tiveron algún contacto co espírito do psiquiatra e morfinómano húngaro?. E ao profesor xubilado de filosofía chamouno o traballador do psiquiátrico de Moravcsik? O milagre ou o presaxio feliz logrouno 2nafronteira e Ramón Area. Ruído Celestial!. Parabéns a 2nafronteira e a Ramón Area, lograstedes unha conversión ou non.

* "Ciudad del  hombre: New York” Jose María Fonollosa. (Ediciones El Acantilado, 2000).
** White light/white heat. The Velvet Underground (.Verve Records.1969)
*** Who is me. Pier Paolo Pasolini (DVD ediciones, 2002)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.