O futuro da Atención Primaria en Galicia

Mobilización de persoal da atención primaria do Sergas CC-BY-SA EM

O día 13 de novembro, presentóuse na Consellaría de Sanidade un “documento”, titulado “Por unha atención primaria vertebradora del sistema de salud. Documento estratégico y de gestión (noviembre 2019)”. Este documento, en español, foi presentado por varios “expertos”, dunha “comisión” encargada pola Consellaría de Sanidade a 16 persoas, entre elas a Rafael Bengoa (vasco) e Jordi Varela (catalán). Estas 16 persoas, foron elexidas polos Colexios Médicos de Galicia e as Sociedades Científicas (algunhas…). A validez das persoas en cuestión, ninguén as pon en dúbida. En palabras do Sr. Antonio Fernández Campa, Xerente do SERGAS (segundo da Consellaría de Sanidade) este informe “non é vinculante” (non sabemos si contou con algún orzamento por parte da Consellaría, pero o preguntaremos no Parlamento). 

Mentra ésto sucedía, 206 persoas, de TODOLOS estamentos da Atención Primaria, levan traballando 6 meses, nas 15 Comisións Técnicas creadas pola Consellaría de Sanidade, no marco da Mesa de Diálogo solicitada polos Sindicatos e o Comité de Folga, en abril do 2019: o chamado Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia. O obxetivo fundamental destas Comisións Sectoriais, é crear un marco de diálogo que nos levara a un Novo Modelo de Atención Primaria en Galicia, que fora capaz de resolver os gravísimos problemas denunciados polos profesionais e os sindicatos (…e organizacións veciñais, organic¡zacións científicas, organizacións sociais, organizacións de enferm@s, de familiares de enfermos, organizacións políticas, etc.. en xeral, calquera que teña que facer uso do Sistema Sanitario Galego en AP que ben sabe o mal que está).

Durante os últimos anos, os gobernos do Partido Popular en Galicia, da man do Sr. Feijoo, foron deteriorando a AP en Galicia, deixando de invertir o que deberían, sobre todo en persoal. Por moito que aumenten o invertido o ano anterior, non compensa, ni de lonxe, o orzamento que tiñamos en 2009. A Tasa de Reposición mal entendida, levou a un déficit de profesionais no Sistema, que masificou as consultas e dificultou o acceso a atención d@s doentes. A AP deteriórase día a día, e así, o PP ten a disculpa para PRIVATIZAR os servizos máis rentables para a xente cercana o PP. Primeiro non invirtes, logo deteriórase e por fín: vendese. A comorbilidade e a mortalidade que estamos vendo como consecuencia do deterioro é evidente. A resposta da administración, é un Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, un documento de “expertos” e o Consello Técnico de AP.

Ten sentido que 3 organismos diferentes, estén traballando, en teoría, pera o mesmo. A táctica do “DIVIDE E VENCERÁS” que sempre tivo bos resultados para o PP no pasado, en temas sanitarios, xa non cola. A xente sabe que as Comisións Sectoriais do consello Técnico están traballando duro...e ben. A Carteira de Servizos de cada categoría na AP está elaborada. O Mapa de Competencias, tamén. As suxestións para resolver os problemas do día a día...tamén. A pregunta do millón é: fará caso a adminsitración o que dí o Consello Técnico? Porá en marcha as medidas que no documento se expoñen? Teremos a posibilidad, ENTRE TOD@S, de ter un Novo Modelo de AP en Galicia, en breve, CONSENSUADO por e para Galicia? 

O día 4 de decembo do 2019, teremos unha nova xuntanza do Consello Técnico de AP. Nela, esperamos o documento en cuestión e o caso que nos fixo a Consellaría de Sanidade.

Xogámonos moito. As organizacións que pretendemos un Novo Modelo de AP, estamos vixiantes. Temos sobre a mesa a realización de mobilizacións, en breve, aínda que esperaremos o resultado do documento que elabore a Consellaría de Sanidade a partir dos traballos das Comisións Técnicas e actuaremos en consecuencia. Váinos moito nesto, empezando polo futuro da Atención Primaria e da Sanidade Pública en Galicia. Depende de TOD@S, de nós tamén, pero sobre todo da administración.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.