O goberno de España cómplice do asasinato de Diego Bello

Manifestación na Coruña en demanda dunha investigación sobre asasinato de Diego Bello ©

En xullo de 2016 o presidente de Filipinas, Rodrigo Duterte, lanzou unha guerra nacional contra as drogas, aplicando medidas brutais contra presuntos "drogadictos" e "traficantes de drogas". En setembro de 2016, despois de asasinar a máis de 3.000 persoas, Duterte declarou en rolda de prensa: "Hitler masacrou a tres millóns de xudíos. Agora hai aquí tres millóns de adictos. Gustaríame masacralos a todos". Segundo Human Rights Watch, dende 2016 ate 2019 foron asasinadas máis de 30.000 persoas, a maioría dos asasinados son homes e traballadores pobres.

Diego tentaba traballar e vivir honradamente, até que a policía decidiu que era un “traficante de alto valor”, e o asasinou impunemente o 7 de xaneiro de 2020 na illa de Siargao, ao sur do arquipélago

O asasinato de persoas acusadas de consumo de drogas está xustificado pola imaxinación do inimigo: as persoas que Duterte chama traficantes de drogas e drogadictos son consideradas criminais e unha ameaza para os bos filipinos que cumpren a lei. Os delincuentes non son persoas iguais para Duterte e, polo tanto, non teñen dereitos legais, unha categoría de cidadáns para quen as leis ordinarias xa non necesitan aplicarse, e que poden ser asasinados sen temor ás consecuencias ou á posibilidade dunha investigación efectiva. Estas prácticas son un claro xenocidio.

Neste contexto de impunidade, onde calquera que a policía diga que é “un traficante” ou “un drogadicto” pode ser asasinado, Diego tentaba traballar e vivir honradamente, até que a policía decidiu que era un “traficante de alto valor”, e o asasinou impunemente o 7 de xaneiro de 2020 na illa de Siargao, ao sur do arquipélago. A Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas indica nun informe sobre o caso de Diego que a policía "disparou deliberadamente a matar", e apunta a “dubidosa” credibilidade do argumento da policía sobre a lexítima defensa, entre outras razóns, polo número de disparos feitos e a ubicación das balas no corpo de Diego.

Diante deste asasinato salvaxe, a resposta do goberno de España está a ser o silencio e a inacción. Igual que respecto ao xenocidio que se está a producir nas Filipinas polo goberno de Duterte

Diante deste asasinato salvaxe, a resposta do goberno de España está a ser o silencio e a inacción. Igual que respecto ao xenocidio que se está a producir nas Filipinas polo goberno de Duterte. Non existe a día de hoxe nin unha soa condena aos asasinatos indiscriminados e á vulneración de dereitos humanos nas Filipinas. Isto fai pensar que intereses pode ter o goberno de España nas Filipinas.

Buscando un pouco, atopamos empresas españolas como Acciona, que fixo unha planta de tratamento de auga en Manila por 150 millóns de dólares. Tamén logrou a concesión para construír unha ponte que unirá a cidade de Cebú coa illa de Mactán, un proxecto de 400 millóns de dólares. No 2019 a empresa española construirá un dous tramos da liña ferroviaria que unirá a localidade de Malolos co aeroporto internacional de Clark, a 80km ao norte de Manila, valorado en 300 millóns de dólares.

Tamén está o Grupo Pascual, con unha joint venture co socio local Lucio Tan -unha das maiores fortunas de Filipinas-, distribuíndo os seus produtos en 2.200 supermercados, 8.000 tendas 24h e un millón de pequenos establecementos.

Indra ten a súa sede en Manila para o sueste asiático. Indra ofrece servizos tecnolóxicos a Meralco -a maior eléctrica do país-, así como ás principais compañías de telecomunicacións.

Está claro que o goberno de España ten un claro interese económico nas Filipinas, pero tamén hai un interese xeopolítico, por iso colabora co goberno de Filipinas

Segundo datos do Instituto de Comercio Exterior (ICEX) do Estado español: 

La relación económica entre los dos países atraviesa ahora su mejor momento desde los tiempos de la colonia, con más de 130 empresas españolas haciendo negocios en Filipinas y un intercambio comercial que alcanzó los 757.970 millones de euros en 2018.” 

En 2019, os maiores aumentos de produtos de exportación a Filipinas foron augardentes e licores (+60,46%); ovos de ave (+323,92%); carne de porco (+14,58%); preparacións para alimentación animal (+42,75%) e perfumes (+148,62%).

O goberno de España é cómplice do asasinato de Diego Bello e cómplice do xenocidio que se está perpetrando nas Filipinas. Se non fose así, o goberno denunciaría o xenocidio e a vulneración sistemática dos dereitos humanos e trataría de dar xustiza para Diego

Está claro que o goberno de España ten un claro interese económico nas Filipinas, pero tamén hai un interese xeopolítico, por iso colabora co goberno de Filipinas. En outubro de 2019, o inspector da Policía Nacional Sergio García Calvo e o comandante da Guarda Civil Manuel H. Martínez Cruz, visitaron Filipinas no marco do programa de dixitalización da Policía Nacional de Filipinas. 

Un mes despois, o 26 de novembro, firmouse un Memorando de Entendemento sobre cooperación en loxística, material, armamento e industria de defensa entre o Ministerio de Defensa do Reino de España e o Departamento de Defensa Nacional da República de Filipinas.

Con estes últimos datos está claro que o goberno de España é cómplice do asasinato de Diego Bello e cómplice do xenocidio que se está perpetrando nas Filipinas. Se non fose así, o goberno denunciaría o xenocidio e a vulneración sistemática dos dereitos humanos e trataría de dar xustiza para Diego, pedindo a detención e extradición dos seus asasinos e limpando o seu nome. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.