O goberno dos EUA contra o fascismo?

Donald Trump aterra na Casa Branca, este 13 de xaneiro CC-BY-SA The White House

O Departamento de Guerra dos EUA publicou unha serie de folletos destinados aos soldados no teatro europeo da 2ª Guerra Mundial. A historiadora Heather Cox Richardson, recupera o texto do 24 de marzo de 1945, o tema da semana era “¡FASCISMO!”. Derrotados Mussolini e Hitler, o obxectivo era advertir contra o fascismo doméstico. 80 anos despois o documento segue a ter sentido, non só nos EUA, senón tamén en Europa

A partir de 1943, o Departamento de Guerra dos EUA publicou unha serie de folletos destinados aos soldados no teatro europeo da 2ª Guerra Mundial. Titulada Army Talks, a serie estaba deseñada “para axudar o persoal a converterse en homes e mulleres mellor informados”.

A historiadora Heather Cox Richardson, recupera o texto do 24 de marzo de 1945, o tema da semana era “¡FASCISMO!”. Derrotados Mussolini e Hitler, o obxectivo era advertir contra o fascismo doméstico. 80 anos despois o documento segue a ter sentido, non só nos EUA, senón tamén en Europa.

“Estades lonxe da casa” explicaba o folleto, “separados das familias, moitos arriscando as vosas vidas por algo chamado fascismo. Pero, que é o fascismo? O fascismo non é doado de identificar nin, chegado ao poder, é doado de destruír. É importante para o noso futuro e o do mundo que comprendamos as causas e as prácticas do fascismo, a fin de combatelo”.

“O fascismo é o goberno duns poucos e para uns poucos. O obxectivo é a toma e o control da vida económica, política, social e cultural do Estado”. “O pobo dirixe os gobernos democráticos, pero os gobernos fascistas dirixen o pobo”.

“Os principios básicos da democracia interpóñense no camiño dos seus desexos; polo tanto, a democracia debe desaparecer! Calquera que non sexa membro da súa camarilla interna ten que facer o que se lle ordena. Non permiten liberdades civís nin igualdade ante a lei”. “O fascismo trata as mulleres como meras reprodutoras. ‘Nenos, cociña e igrexa’ era o lema nazi para as mulleres”.

Os estadounidenses debían comprender as tácticas que os fascistas utilizarían para tomar o poder en EUA. Intentarían gañalo “baixo a apariencia de ‘superpatriotismo’ e ‘superamericanismo’"

Os fascistas “establecen as súas propias regras e cámbianas cando lles convén…. Mantéñense no poder mediante o uso da forza combinado con propaganda baseada en ideas primitivas de ‘sangue’ e ‘raza’, mediante a manipulación do medo, o odio e falsas promesas de seguridade. A propaganda glorifica a guerra e insiste en que é intelixente e ‘realista’ ser desapiadado e violento”.

Os fascistas entendían que “o principio fundamental da democracia era o oposto do principio fascista do goberno dunha elite reducida, por iso combateron a democracia…. Por iso enfrontaron entre si a grupos políticos, relixiosos, sociais e económicos e se apoderaron do poder mentres ese grupos loitaban”.

Os estadounidenses non debían deixarse enganar pensando que o fascismo non podería chegar aos EUA, advertía o folleto; despois de todo, “houbo un tempo en que riamos de Hitler considerándoo un pallaso inofensivo cun bigote gracioso”. O feito era que os EUA experimentaran “exemplos lamentabeis de sadismo de turbas, linchamentos, terror e supresión de liberdades civís. Tivemos as nosas bandas encapuchadas, Lexións Negras, Camisas Prateadas e fanáticos raciais e relixiosos. Todos eles, en nome do americanismo, empregaron métodos e doutrinas antidemocráticas que poden identificarse correctamente como ‘fascistas’”.

A única maneira de deter o ascenso do fascismo en EUA “é facer que a nosa democracia funcione... No medio da inseguridade do mundo moderno, o odio que está na raíz do fascismo “cumpre unha tripla misión”. Ao dividir as persoas, debilita a democracia. “Ao facer que os homes odien en lugar de pensar”, impídelles “buscar a causa real e unha solución democrática aos problemas”. Ao prometer falsamente prosperidade, atrae a xente a abrazar a súa falsa seguridade

Os estadounidenses debían comprender as tácticas que os fascistas utilizarían para tomar o poder en EUA. Intentarían gañalo “baixo a apariencia de ‘superpatriotismo’ e ‘superamericanismo’”. E utilizarían tres técnicas:

Primero, enfrontarían a grupos sociais entre si para crebar a unidade nacional. Parte dese esforzo de dividir para conquistar sería unha “campaña de odio ben planificada” contra razas, relixións e outros grupos minoritarios.

Segundo, negarían calquera necesidade de cooperación internacional, substituíndoa por unha forma pervertida de ultranacionalismo que lle di á súa xente que son as únicas persoas do mundo que contan. A isto súmase o odio e a sospeita cara os pobos de todas as demais nacións”.

Terceiro, os fascistas insistirían en que “o mundo só ten dúas opcións: ou fascismo ou comunismo, e cualifican de ‘comunistas’ a todos os que se negan a apoialos”.

“É vital aprender a identificar os fascistas autóctonos, aínda que adopten nomes e consignas de atractivo popular, se envolvan na bandeira e intenten levar a cabo o seu programa en nome da democracia que están tratando de destruír”.

A única maneira de deter o ascenso do fascismo en EUA “é facer que a nosa democracia funcione... No medio da inseguridade do mundo moderno, o odio que está na raíz do fascismo “cumpre unha tripla misión”. Ao dividir as persoas, debilita a democracia. “Ao facer que os homes odien en lugar de pensar”, impídelles “buscar a causa real e unha solución democrática aos problemas”. Ao prometer falsamente prosperidade, atrae a xente a abrazar a súa falsa seguridade.

“O fascismo prospera gracias á indiferenza e a ignorancia. A liberdade exixe “estar alerta contra a vulneración non só da nosa propia liberdade, senón da liberdade de todos. Se permitimos que a discriminación, o prexuízo ou o odio priven a alguén dos seus dereitos democráticos, a nosa propia liberdade e toda a democracia quedan ameazadas”. E se “queremos asegurarnos de que o fascismo non chegue a EUA, debemos asegurarnos de que non prospere en ningunha parte do mundo”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.