O mellor sistema sanitario do mundo?

O presidente da Xunta, asegurou, no XII Congreso Nacional de Xornalismo Sanitario, o 8 de abril de 2016, que “está moi orgulloso da sanidade galega xa que a pesar das dificultades dos últimos anos, segue sendo un dos mellores do mundo". Estando de acordo en que temos un dos mellores sistemas sanitarios e un grupo de profesionais dos melllores do mundo, poñerei en cuestión a administración do Sistema Sanitario. Na Galiza, onde a Atención Primaria chega a todolos lugares e debería ser accesible, próxima e de calidade, como veremos, non se está producindo deste xeito.

A relación de lugares con déficits de servizos sanitarios, só nos últimos 4 meses, é interminable: O Grove, Porto do Son sin servizo de Pediatría nin servizo de urxencias os fin de semán, Carballo, Soutomaior, O Morrazo, Forcarei, Deza, Soneira (falta de médicxs)….. Camariñas, Vimianzo, Zas, Cambados, Rianxo, Cenlle, Fisterra, Lugo (onde se agrupou a asitencia no Centro de Fingoi), Moaña, Ponte Sampaio, Malpica, Catoira, e así podríamos seguir...

Que podemos dicir da xestión da pandemia? Que estemos mellor que outros lugares, non é óbice para que a xestión sexa cuestionable. O sr. Feijoo realizou unha reforma da Lei Galega de Saúde e actualmente está realizando outra. O obxetivo, dende logo, non é a mellora do Sistema Sanitario Galego: é crear un “tribunal de orden público” para sancionar todo o que él considera sancionable. Non pensa en restituir ás Áreas Sanitarias que eliminou, nin incorporar a participación cidadá na xestión da organización sanitaria. A situación de precaridade dxs profesionais continua e non teñen estabilidade; xs profesionais siguen fuxindo a outros lugares, onde dignifiquen a profesión que tanto esforzo costoulles conseguir. Seguimos sin Xerencia de AP e sin orzamentos que fagan frente a unha demanda de atención cada vez máis numerosa (so dedica o 12% e nós solicitamos o 25% en 5 anos). Contamos con déficit de infraestructuras, de persoal e de dirixentes que sepan capitalizar o enorme potencial duns/has profesionais, que grazas o seu esforzo, fan que o sistema funcione.

O Consello de Contas de Galicia, elaborou recientemente o informe do ano 2018, que pon en dúbida a relacións da administración sanitaria galega cos hospitais privados, nos cales, o 42,94% dos ingresos (140 millóns de €), proceden de achegas da Xunta. Si é capaz de invertir nos concertos ca privada, non entendemos, que dun orzamento de 10.000 millóns de € anuais, non sexa capaz de construir un Sistema Sanitario adaptado o século XXI e siga tendo a profesionais en réximen de escravitude (por ísto non ten xs profesionais que demanda o Sistema).

Non entendemos como nos Centros de Saúde, seguimos sin Psicólogxs Clinicxs, Fisioterapeutas, Logopedas, Terapeutas Ocupacionais, Xeriatras consultores, e outrxs profesionais, que de existir e en número suficiente, sí podríamos presentar unha Atención Integral: o individuo, a familia e a comunidade. 

Qué intención existe cando non se invirte no ben máis preciado que temos, que é a nosa saúde? Qué intención existe cando se déixa marchar a profesionais, despois de formalos (e con moitos cartos) para que outros servizos que xs tratan dignamente, xs recluten e estén super orgullosxs de telos ós seus servizos (e sin gastar un euro na súa formación).

Preguntamos o Sr. Feijoo, como permite que nunha mañán se poda atender a 40 pacientes? Como se poden bloquear axendas dun/ha profesional e deixar sin servizo xs seus aseguradxs, e so atender as urxencias dese cupo? Como se pode sobrecargar as consultas con “burrocracia” que so ocupa tempo e non mellora para nada a asistencia? Como se pode permitir que unha cita para un/ha especialista, se demore máis dun ano?

Quén é o responsable da (des)organización? Desta traxedia, que si non fose polxs profesionais do Sistema Sanitario na Galiza, aínda sería peor. 

A solución está nas mans de quen ostenta o goberno neste momento. O Consello Técnico de AP de Galicia está de novo en marcha: será capaz de facerlle caso? Váinos o futuro!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.