No medio das noticias tráxicas desta pandemia, houbo unha este verán que non transcendeu máis que a nivel local na comarca do Ortegal, o pasamento de Narciso Luaces Pardo, creador do Museo Etnográfico de Meixido, no concello de Ortigueira. Aínda que existen outros museos etnográficos, ese foi a súa obra persoal, e iso puidémolo apreciar todos os que visitamos o seu museo, e tivemos a honra de coñecelo en vida, aínque que fora moi brevemente, mentres nos amosaba a súa exposición de obxetos antigos.
Aínda que existen outros museos etnográficos, ese foi a súa obra persoal, e iso puidémolo apreciar todos os que visitamos o seu museo, e tivemos a honra de coñecelo en vida, aínque que fora moi brevemente, mentres nos amosaba a súa exposición de obxetos antigos
Daquela ficamos sorprendidos co seu traballo. Adicou a súa vida a facer realidade o seu proxecto dun museo etnográfico, loitando polo recoñecemento por parte das administracións e até chegou a escribir dous libros sobre o traballo, oficios e crenzas dos nosos antergos. Un coñecemento que paga a pena preservar, non só polo seu valor historiográfico, senón pola súa virtude de conectarnos co pasado e facernos ver a súa continuidade co noso tempo.
***
“Toda tecnoloxía dabondo avanzada é indistinguíbel da maxia”, dicia Carl Sagan. Esta frase que atoparedes en multitude de citas na rede e fóra dela, parece reflexar o espírito deste tempo. Vivimos cada vez rodeados de máis tecnoloxía, cada vez máis complexa e lonxe da nosa comprensión. Até os que traballan desenvolvéndoa só comprenden una parte dela. E aínda así cada vez somos máis dependentes dela, alleos ás consecuencias que poida ter esa adicción.
Existe unha tendencia a menosprezar a tecnoloxía antiga en favor da moderna. Unha obsesión polo moderno, chamada por algúns neomanía, que esquece a enorme utilidade e validez de todas as ferramentas, máquinas e obxetos creados en épocas anteriores
Talvez por esa cegueira, existe unha tendencia a menosprezar a tecnoloxía antiga en favor da moderna. Unha obsesión polo moderno, chamada por algúns neomanía, que esquece a enorme utilidade e validez de todas as ferramentas, máquinas e obxetos creados en épocas anteriores. Elementos que tamén son ou foron tecnoloxía, testemuñas dun mundo non tan antigo, froito de moitas horas de traballo e da dedicación dos seus autores, non deberían ser esquecidos.
Para o músico Rodrigo Cuevas, o folklore é o elemento que usa sentirse parte dunha continuidade entre o pasado eo futuro. Unha continuidade que hoxe en día se ve interrumpida debido á extrema complexidade do mundo no que vivimos, tanto tecnolóxica como socialmente, e que talvez deberíamos replantexarnos, comezando polo respecto a todos os que contribuiron que chegáramos a este mundo de abundancia no que vivimos na actualidade.
Un dos principais problemas da tecnoloxía en si mesma, é que precisamente que ao basearse na anterior a súa complexidade sempre aumenta, e coa complexidade, os problemas asociados a ela. Buscando solucións máis simples a eses problemas actuais no mundo tecnolóxico, sucede en moitas ocasións que esas solucións teñen raíces moito máis antigas do que parecen. Desde ferramentas coma Lisp, que está a espertar un interés recente, mais foi desenvolvido nos anos 50 e ten a súa orixe nas matemáticas dos anos anteriores. O mesmo aplícase noutros campos, e talvez é algo que debéramos ter en conta.
En vez de avanzar a cegas cara o futuro, talvez deberíamos botar de vez en cando a vista atrás e descubrir o que outros foron capaces de lograr antes ca nós, con moito menos
En vez de avanzar a cegas cara o futuro, talvez deberíamos botar de vez en cando a vista atrás e descubrir o que outros foron capaces de lograr antes ca nós, con moito menos.
Este artigo vai adicado á memoria de Narciso e de todos os que coma el loitan por conservaren o noso patrimonio.