O Parlamento de Galicia: a casa de tod@s

Pilar Rojo sáuda na páxina web do Parlamento galego, que ela preside, proclamando que “aspira a que esta institución actúe sempre como o que é: a casa de todos os galegos e as galegas”. Pois ben, acábannos de desafiuzar. Se ve que non fomos quen de pagar a hipoteca que foi escoller a un goberno de dereitas.

O Goberno de Feijoo pon unha barreira entre nós e as persoas que escollemos para que nos representen, levantan un muro ben alto para tapar as vergoñas dun Goberno que castiga ao seu pobo en cada medida que adopta

O Goberno de Feijoo pon unha barreira entre nós e as persoas que escollemos para que nos representen, levantan un muro ben alto para tapar as vergoñas dun Goberno que castiga ao seu pobo en cada medida que adopta. Non queren que saibamos o que pasa alí, e sobre todo failles sentir incómod@s a mirada chea de rabia e desesperación, dende a tribuna de invitad@s , d@s traballadores de Navantia e d@s afectados polas preferentes tantas veces enganados polo PP, moléstalles sentir na súa noca o alento de aqueles que se rebelan contra as medidas que recortan os dereitos laborais e o deterioro dos servizos públicos, e asústalles a presenza de cidadáns que acuden ao Parlamento para ver cómo se toman as decisión que afectarán ao seu día a día.

A Presidenta da Cámara non é a sheriff do coto privado de caza de Feijoo, senón que é a Presidenta da casa de tod@s @s galeg@s

Queren levarnos de volta aos tempos dos esparadrapos na boca, da censura, do oscurantismo… facernos camiñar para atrás como os cangrexos. Pero aínda que a dereita quedara anclada no pasado gris do noso país, e intente infundir medo, a cidadanía pide de maneira contundente máis transparencia política e institucional, queren saber o qué pasa nos espazos donde están representad@s aqueles que escolleron e participar da vida política do noso país. E atendendo a esas demandas e na defensa de que a sociedade somos a titular do dereito de soberanía, @s deputad@s do PSdeG, AGE e do BNG abandoaron o pleno de debate dos orzamentos en sinal de protesta pola medida adoptada. A Presidenta da Cámara, lonxe de rectificar a súa postura limitouse a tildar de “irresponsable” esta medida, contestación propia de quen non é capaz de entender nin respetar que ela non é a sheriff do coto privado de caza de Feijoo, senón que é a Presidenta da casa de tod@s @s galeg@s.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.