O porqué da necesidade de “máis Atención Primaria de saúde”

Manifestación pola sanidade pública, este 12 de febreiro en Compostela CC-BY-SA Praza.gal

Din que o oficio máis vello do mundo é o de contar historias é a motivación deste artigo é contar unha historia, non é un relato para mergullarse no fondo dos tempos, ten unha pretensión máis recente, podemos dicir que é un pequeno lóstrego, dentro do que ten sido a liña de tempo da humanidade.

Hai moi poucas décadas, as axencias internacionais sanitarias e moitos gobernos caeron na conta que a situación da atención e asistencia sanitaria estaba atravesando unha grave crise

Hai moi poucas décadas as axencias internacionais sanitarias e moitos gobernos caeron na conta que a situación da atención e asistencia sanitaria estaba atravesando unha grave crise, como vedes o que está a pasar xa vén de vello, tanto no modelo como no xeito de sostelo economicamente.

Elaboráronse informes e máis informes e concluíron que un modelo que apostase pola tecnoloxía, polo hospital e pola farmacopea tiña tocado teito e que había que mudar de ferramentas, sen menosprezar os avances anteriores, precisábase dun marco diferente onde tivesen máis peso e importancia as cuestións relacionadas coa prevención, coa educación pola saúde, coa promoción, coa rehabilitación e cunha orientación cara a comunidade e a familia. Para os que queiran afondar, poden pescudar pola arañeira: Alma-Ata, Carta de Otawa, Saúde para todos no ano 2000, etc.

Mobilización pola Atención Primaria ante un centro de saúde en Galicia © Primaria Digna

Concluíron que un modelo que apostase pola tecnoloxía, polo hospital e pola farmacopea tiña tocado teito e que había que mudar de ferramentas, sen menosprezar os avances anteriores, precisábase dun marco diferente onde tivesen máis peso e importancia as cuestións relacionadas coa prevención, coa educación pola saúde, coa promoción, coa rehabilitación e cunha orientación cara á comunidade e a familia

Foron recomendacións para todos os gobernos do mundo e que cada quen as fose adaptando ao seu contexto e posibilidades, algúns refugaron delas, os alcumes de “comunista”, “terceiromundista” e afastado da “lóxica do mercado” foron cualificativos ad hominem para fuxir do real debate e do fondo dos prantexamentos e manter o status quo.

En España, na década dos 80 do século pasado, fíxose unha importante aposta por implantar ese modelo, nace a reforma da Atención Primaria de Saúde, a formación das enfermeiras adquire nivel universitario, con contidos académicos actualizados e orientados aos novos retos, agroma a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria e xorden os Centros de Saúde que substitúen a aquela asistencia sanitaria “ambulatoria”, masificada e orientada aos problemas de saúde, non a prevención e a promoción. Mellórase a accesibilidade, tódolos Concellos se van dotando, os doentes van tendo médico e enfermeira de referencia e despois se engaden, pediatras, odontólogos, fisioterapeutas e persoal administrativo. Unha aposta decidida por un modelo menos hospitalocentrista, menos fármaco dependente, cunha concepción polo traballo en equipo e multidisciplinar e cunha orientación cara a Comunidade. Na Galicia, este modelo sufriu claros boicots e dilacións tanto dende a parte institucional como por parte dos que o contemplaban como unha ameaza aos seus intereses profesionais e corporativos, de feito a súa implantación en comparanza con outras Comunidades padeceu un atraso de 10 anos.

En España na década dos 80 do século pasado fíxose unha importante aposta por implantar ese modelo: nace a reforma da Atención Primaria de Saúde, a formación das enfermeiras adquire nivel universitario, agroma a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria e xorden os Centros de Saúde que substitúen a asistencia sanitaria “ambulatoria”

Esta transformación, na atención e no asistencial naceu con ganas e con moitas ilusións por parte da maioría dos profesionais e dalgunhas administracións pero aquelas arelas iniciais fóronse diluíndo, nun contexto onde as leis do mercado e da competencia marcan o noso día a día en calquera das actividades que desenvolvemos. 

Resulta un pouco iluso pensar que todo o relacionado coa Saúde puidese fuxir ou ser unha burbulla que non se contaminase pola lei da oferta e a demanda, que se puidese afastar do mesmo trato que se lle da ás mercadorías habituais e sobre todo pensando nas importantes cantidades de orzamento que moven os diferentes Servizos de Saúde e polo tanto é unha tallada, demasiado gorentosa, para que as grandes aseguradoras, corporacións farmacéuticas ou tecnolóxicas a deixasen de lado.

A manifestación pola sanidade pública, no Obradoiro CC-BY-SA BNG

Esta transformación, na atención e no asistencial naceu con ganas e con moitas ilusións por parte da maioría dos profesionais e dalgunhas administracións pero aquelas arelas iniciais fóronse diluíndo, nun contexto onde as leis do mercado e da competencia marcan o noso día a día en calquera das actividades que desenvolvemos

A realidade foi que as partidas orzamentarias, minguaron, os hospitais seguiron coa gobernanza (sen que isto queira dicir que eles non teñan sufrido e moito a crise sanitaria), o traballo en equipo foi facendo augas, a prevención e promoción de saúde quedou marxinada fronte a presión da farmacopea, as competencias e marcos legais da enfermería apenas se moveron, os especialistas de primaria viron limitadas as súas capacidades e competencias fronte aos especialistas dos hospitais, a tecnoloxía encheu de vagariño, os tempos para a investigación foron parellos a este devalo, a burocracia foi creando fartura, a orientación comunitaria e familiar quedou diluída ante a presión asistencial e tamén na falla de directrices e políticas axeitadas por parte dos xestores. Apagaron as Xerencias de Primaria, a pésima xestión das necesidades de profesionais orientados a este novo modelo, a xestión das axendas, o vender unha imaxe da AP, como piar do sistema, como porta de entrada, como lugar onde atender todos os malestares, como xeito de “aliviar” a presión hospitalaria e non como traballar de maneira coordinada e colaborativa e pretender, como dixo algún presidente, “facer máis con menos”, tiña que inevitablemente conducir a un fracaso, que non por anunciado e denunciado por profesionais, sindicatos, asociacións profesionais, etc se lle puxeran os remedios necesarios e traballouse máis no terreo de “apagar lumes” que no canto de encaralos.

A realidade foi que as partidas orzamentarias, minguaron, os hospitais seguiron coa gobernanza (sen que isto queira dicir que eles non teñan sufrido e moito a crise sanitaria), o traballo en equipo foi facendo augas, a prevención e promoción de saúde quedou marxinada fronte a presión da farmacopea

Xa sei que esta historia, está chea de moitas xeneralidades e que cada unha delas daría para moitas máis reflexións e fonduras, a intención dun artigo desta extensión non podería abranguelos, en moitos casos se precisaría de voces máis corais e autorizadas.

A día de hoxe, falase da necesidade de “reformular o modelo” pero, podemos dicir que o “modelo” nunca existiu, non foi quen de despegar de xeito total, nas beirarrúas quedaron moitas cousas. É certo que hai que ter moi presente que a realidade na que naceu a AP non é a actual e polo tanto hai moitas cousas que mudar e avaliar. Máis si concordamos que os problemas de saúde das nosas sociedades teñen que ver coa realidade demográfica, coas doenzas crónicas, coa excesiva medicación, cos estilos de vida, coa contaminación, cun incremento dos problemas de saúde mental, coa pobreza, co malestar social, etc , os retos cos que naceu aquela AP seguen sendo moi semellantes e polo tanto fai falla, prevención, educación para saúde, promoción, rehabilitación e traballo coas comunidades e familias e polo tanto “máis atención primaria”.

Manifestación pola sanidade pública, este 12 de febreiro © PSdeG

Consolidar e mellorar este sistema resulta unha das mellores doazóns que podemos facer a nosa xeración e as vindeiras

O Estado de Benestar ten como piar fundamental a protección a saúde dos seus cidadáns; os sectores progresistas da sociedade parecen que abandonamos a loita por cambiar o modelo económico imperante e estamos centrados na defensa e mellora da “revolución” que supón ter un Sistema Público de Saúde Universal no que tanto financiamento como a provisión sexan públicas, non poñendo por medio ese calote dun sistema público parasitado polo privado, facemos esta aposta porque sabemos que a Sanidade vai moito máis aló da Saúde. Se a atención a saúde non está garantida vai ter inmediatas repercusións nas relacións sociais, na violencia social, na economía das familias, no traballo, etc. 

Temos ante nós unha das loitas máis sobranceiras para acadar uns maiores niveis de xustiza, de equilibrio social e de mellora das condicións de vida e polo tanto parar e conseguir deter aos que queren converter aos doentes en clientes e incrementar o gasto, pois de sobra é coñecido que os sistemas públicos universais son máis baratos que os modelos neoliberais e permiten que haxa máis partidas para outras cousas. Consolidar e mellorar este sistema resulta unha das mellores doazóns que podemos facer a nosa xeración e as vindeiras.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.