O pasado xoves 16 o Partido Popular levaba ao Congreso dos Deputados unha medida que supón un recorte de dereitos e liberdades para as mulleres: a reforma da coñecida como Lei do Aborto no seu artigo 13.4. E este auténtico castigo exérceo sobre o sector máis vulnerable, o das mulleres de 16 e 17 anos que se encontran en ámbitos complicados, de desarraigamento ou desamparo ou mesmo de violencia intrafamiliar.
Porque, como vimos insistindo dende o Partido Socialista, o PP manipulou a realidade -obviando que as mulleres menores de idade deben comunicar a súa decisión a nais, pais ou titores, salvo nas excepcións anteriormente mencionadas- para xustificar unha decisión que non gusta a case ninguén.
O pasado xoves 16 o Partido Popular levaba ao Congreso dos Deputados unha medida que supón un recorte de dereitos e liberdades para as mulleres: a reforma da coñecida como Lei do Aborto no seu artigo 13.4
Esta reforma, que non era demandaba en absoluto polo conxunto dunha sociedade que convivía perfectamente coa Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo de 2010 e que foi promovida para contentar -e parece que sen éxito- a un sector ultraconservador que apostaba por unha modificación salvaxe e integral da lei, é dicir, que apoiaba a Lei Gallardón, vai provocar abortos clandestinos cando non a condenar ás mulleres novas a ser nais sen desexalo ou a que se produzan situacións con consecuencias dramáticas nestas familias con escenarios complexos e duros ao ter que pedir permiso paterno ou materno para poder interromper voluntariamente o embarazo. E iso por non falar de que o número de mulleres que abortan en España nesas idades é do 10%, é dicir, que se vai lexislar para menos de 1.200 mulleres, e que desas unicamente en torno ao 12% non llelo comunican aos seus pais por encontrarse nalgún dos supostos eximentes desa información previa... Esperpéntico, dramático e moi grave.
Na mesma xornada na que o Congreso sacaba adiante esa reforma, dende o PSdeG acompañábamos a Marta Fernández, unha enfermeira do 061 que sufriu un aborto despois de que a mutua lle denegase a baixa
Pero isto non queda aquí. Porque mentres que o PP presume de ser o defensor da familia e da maternidade, ampara e consente outras medidas e decisións, por non falar dos seus propios recortes -reprodución asistida en sanidade pública, por poñer un exemplo-, que evitan que poidan ser nais aquelas mulleres que si desexan selo.
O Partido Popular volveu facer gala desa dobre moral que tanto practica: Obriga a ser nai a quen non quere e non llo permite -ou, polo menos, dificúltao bastante coas súas decisións e "silencios" - a quen o desexa
Na mesma xornada na que o Congreso sacaba adiante esa reforma, dende o PSdeG acompañábamos a Marta Fernández, unha enfermeira do 061 que sufriu un aborto despois de que a mutua lle denegase a baixa, e se ofrecía unha rolda de prensa para pedir explicacións á Consellería de Sanidade e esixir responsabilidades ante uns feitos que, ademais, non son os primeiros que se producen en Galicia. Marta, maior de 35 anos e, polo tanto, cun embarazo de risco (polo menos nos seus primeiros meses), viu como o seu desexo de ser nai se truncaba pola indolencia e falta total de profesionalidade dunha mutua que traballa para o Sergas. E é que se unha situación destas características é intolerable para calquera muller embarazada, o é nunha dimensión moito maior cando esta empresa é pública e, de forma case surrealista, pertence ao ámbito sanitario.
Unha vez máis, o Partido Popular volveu facer gala desa dobre moral que tanto practica: Obriga a ser nai a quen non quere e non llo permite -ou, polo menos, dificúltao bastante coas súas decisións e "silencios" - a quen o desexa. Polo tanto, menos reformas machistas, menos recortes en persoal e máis feminismo, máis dereitos, e, en definitiva, máis coherencia e cercanía ás mulleres, á sociedade.