O Proceso Avante no BNG

CC-BY-SA Praza Pública

Trala Asamblea Nacional do 2017, o Proceso Avante ficou lonxe de converterse nun acto de reflexión interna no seo do BNG. Concevín aquel proceso interno como a resposta á perda de peso do nacionalismo nas distintas institucións en favor de En Marea, posto que o BNG xa viña perdendo apoios na sociedade dende a época do Quintanismo; un feito éste que non inquietou á maioiría da por entonces Executiva Nacional, á vista da intención de convocar Asambleas Nacionais por delegadas en troques de militantes. 

Trala Asamblea Nacional do 2017, o Proceso Avante ficou lonxe de converterse nun acto de reflexión interna no seo do BNG

Mais o certo é que se ben non se realizaron Asambleas Nacionais por delegadas, na práctica o papel da militante na organización viuse difuminada. A esceneficación de apoio á Portavoz Nacional mantiña a ilusión, mais non a convicción que precisa unha organización política de cuadros. É certo que ás veces compre xogar neses escenarios, mais resulta intolerábel prescindir da militancia, canto máis en decisións importantes coma nas confluiencias con Compromiso por Galicia ou En Marea, por exemplo.

A pesar dos Acordos recollidos nos seus Relatorios, o traballo institucional do nacionalismo condiciona toda a axenda política. O desapego coa realidade vai a máis e hoxe o nacionalismo galego ademais de verse superado polas embestidas contra o País, amosa impotencia nas solucións. A Portavoz Nacional ofrece por veces un discurso voluntarista, sen base na estructura funcional do País, como decir que a Soberanía Galega reside no Parlamento Galego, cando é sobradamente coñecedora do papel que xoga o caciquismo no rural á hora de conformar candidaturas e coartar a elección dos votantes; por non falar de toda a superestructura político-ideolóxica enfilada contra o ser galego.

A Portavoz Nacional ofrece por veces un discurso voluntarista, sen base na estructura funcional do País, como decir que a Soberanía Galega reside no Parlamento Galego

As claves dun avance para Galiza hoxe por hoxe non pasan por unhas eleccións. Compre recordar que bastaron dous titulares en La Voz de Galicia sobre Audis e iates para rematar co bipartito. Mais querer cargar as culpas en factores externos non se admite. Noutras nacións sen estado hai avances a pesar das “causas externas”. A elitización da política con líderes elixindo gabinetes e a compañeiras de cofianza non é culpa de La Voz de Galicia. Que as institucións se convirtan en oficiñas de reclamación en lugar de “caixas de resonacia da conflictividade social” tampouco é culpa de La Voz de Galicia.

Intentar transformar unha sociedade calqueira, incluída a galega, non depende só das condicións materiais, senon máis ca nunca dos factores subxectivos. A alternativa só pasa por formar cuadros e organizacións políticamente maduras convencidas no análise político previamente debatido e asumido. Revelar o problema de manera anticipada, ofrecer posibilidades realistas e saber transmitirllo aos axentes sociais de maneira que o entendan, nunca foi doado. Require moito debate, predisposición, constancia e persuasión para esa labor organizativa, constructiva e transformadora. 

Acho que tivera sido máis atinado un repliegue ordenado do nacionalismo ante o ascenso electoral de En Marea, sabedores de que ningún avance podería darse nunhas institución onde existen maiorías do PP

Para rematar, lembrar que a Historia non descorre nin de forma lineal, lenta ou por etapas. Ás veces na Historia danse retrocesos e tamén saltos cualitativos. Mais nos últimos anos acho que tivera sido máis atinado un repliegue ordenado do nacionalismo ante o ascenso electoral de En Marea, sabedores de que ningún avance podería darse nunhas institución onde existen maiorías do PP. Humildemente acredito que en lugar de criticar o papel de En Marea, tivera sido máis contructivo, por exemplo, poñer en evidencia o actual marco estatutario chamando a máis actores sociais a sumarse para intentar iniciar un novo ciclo. Quizais agora poderíamos estar noutra etapa da Historia cualitatativamente máis activa dendo o punto de vista subxetivo, en lugar desta atonía social. E nisto La Voz de Galicia tampouco tivo toda a culpa. Mais ben débese ao fracaso daquel Proceso Avante.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.