Obituario de Mimina

Carme Arias de Castro Montero, Mimina, naceu o 15 de abril de 1921 na Coruña e finou o 1 de novembro de 2013 no Castro. É a terceira de catro irmás. A súa infancia transcurriu entre a Praza de María Pita e o Castro de Samoedo, onde pasaba os veráns no pazo de seu pai, don Alicio, un home profundamente conservador e católico que era moi amigo de Germán Díaz Baliño (violinista) que non tardou en decatarse do talento que tiña Mimina para a pintura. Grazas a el, a nena comeza as súas clases de debuxo e acuarela con Dolores Díaz Baliño (unha importante pintora do momento, irmá de Camilo Díaz Baliño). Xorde entón unha estreita relación de amizade entre a profesora e a alumna que levará a Mimina a tomar contacto coas novas xeracións da pintura galega e co sobriño de Dolores Díaz Baliño: Isaac Díaz Pardo, co que Mimina compartiría a súa vida despois da Guerra Civil.

Será nesta época, a cabalo entre A Coruña e Madrid cando comezará a súa relación con Isaac que, no 1944, trasládase dende Barcelona a Madrid, para instalarse como pintor da alta burguesía

Rematada a guerra, Mimina traballa como Axudante Práctico de clases de debuxo que Dolores Díaz Baliño impartía no instituto Eusebio da Guarda. Foi o director do centro o que aconsellou ás dúas pintoras que cursaran a carreira de Belas Artes para poder optar a unha praza de profesora. Así é como Mimina aproba o exame de ingreso e comeza a carreira. Será nesta época, a cabalo entre A Coruña e Madrid (onde ten que acodir a examinarse periódicamente) cando comezará a súa relación con Isaac que, no 1944, trasládase dende Barcelona (onde era profesor na Escola de Belas Artes de San Jordi) a Madrid, para instalarse como pintor da alta burguesía.

A familia de Mimina desaproba a súa relación co pintor (comunista, republicano e galeguista) polo que o pai non lle permite continuar realizando as viaxes a Madrid para rematar a carreira de Belas Artes

A familia de Mimina desaproba a súa relación co pintor (comunista, republicano e galeguista) polo que o pai non lle permite continuar realizando as viaxes a Madrid para rematar a carreira de Belas Artes. No ano 1945 decide casar para poder vivir co seu compañeiro en Madrid. Por esta época, o seu home ten moito traballo ao recibir numerosos encargos, sobre todo de retratos e, ademais, teñen tres fillos en pouco máis de tres anos, polo que Mimina non só abandona a súa carreira de Belas Artes, senón a súa carreira como pintora. En palabras dela: “Esquecime de min”.

A partir de 1949 a vida de Mimina inicia un camiño que será o mesmo ata o día de hoxe: traballar con Isaac Díaz Pardo e apoialo incondicionalmente para levar a cabo os seus proxectos, sobre todo de carácter industrial, que axiña se poñen en marcha co regreso do matrimonio ao Castro de Samoedo e a conseguinte inauguración da fábrica de cerámica.

O labor realizado por Mimina para levantar a Fábrica de Cerámica do Castro é esencial: da súa famila eran os terreos cedidos para a construción da mesma; dela son os primeiros deseños das porcelanas

O labor realizado por Mimina para levantar a Fábrica de Cerámica do Castro é esencial: da súa famila eran os terreos cedidos para a construción da mesma; dela son os primeiros deseños das porcelanas; e foi ela quen montou o taller de decoración: distintivo básico da casa.

No 1958 foi a Arxentina para colaborar noutro proxecto: a Fábrica de Cerámica de Magdalena. Tamén, nesta ocasión, encargouse de montar o taller de decoración. Pero foi máis aló ao atender, xunto co seu home, aos visitantes que por alí pasaban, a maior parte xente do exilio, e conectar cos intelectuais instalados en Bos Aires. Unhas amizades que se estreitarían anos máis tarde, na derradeira década do franquismo, e que servirían para tender pontes entre os intelectuais exiliados e os que quedaran na Galiza. Nesta época, entabla unha relación de amizade fraternal con Maruxa Seoane, muller de Luís Seoane.

A partir de 1968 o proxecto da Fábrica de Cerámica de Sargadelos comeza a tomar forma ata converterse nunha realidade en 1970. Nesta ocasión, unha Mimina curtida en decoración industrial da un paso máis e monta o taller de xoiería, reto que comparte coa súa nora María Ripoll. Foron moitos anos nesta tarefa: investigando e aprendendo novos usos de carácter ornamental, empregando deseños cultos e comprometidos para amosar e reivindicar a historia de Galiza.

Isaac Díaz Pardo comentaba orgulloso: “Mimina é fidelidade e lealtade ata o final”. A un home? A un proxecto vital? A ámbalas dúas cousas, quizais…

Aos 89 anos colaborou na recollida de toda a documentación que estaba arquivada no Instituto Galego da Información dirixido por Díaz Pardo ata xaneiro de 2010.

Isaac Díaz Pardo comentaba orgulloso: “Mimina é fidelidade e lealtade ata o final”. A un home? A un proxecto vital? A ámbalas dúas cousas, quizais… “Eu a todos os sitios fun e viñen con Isaac, sempre”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.