Oito preguntas imaxinarias e unha resposta des-esperada

A Alonso Caxade e aos seus músicos*.

As oito preguntas imaxinarias e unha resposta des-esperada a pregunta imaxinaria por que me gusta Georges Perec xurdiron mentres o meu salón era inundado non pola choiva de maio, que fai que o río vaia cheio de carvalhos, folhas e de toda essa Gente Pota, senón pola música, que comeza sen comezo e termina sen final, do acordeón de Caxade, do trombón de Manuel Espinho, da trompeta de Manuel Paino e da batería de Xosé Tunhas.

Se sabes as respostas as preguntas non dubides en dicirmas, porque as persoas as que van dirixidas non mas van a responder por razóns obvias, e recibirás por correo na túa casa como agasallo, E isto é amor, para que te fagas preguntas absurdas como as miñas e atopes respostas aínda máis absurdas que as miñas, mentres gozas da súa escoita.

PREGUNTA IMAXINARIA PARA HERMANN HESSE.

Quixo entrar na súa obra poética pero atopou a porta cerrada. Nunca será un verdadeiro artista. Ten que tomar decisións.  A primeira  preguntarlle a Hermann Hesse onde está a chave.

PREGUNTA IMAXINARIA PARA ROLAND BARTHES.

Mentres están xogando a final do Mundial de halterofilia, uns ollos namorados miran fixamente a outros ollos namorados. Silencio absoluto. Qué se esquecerá primeiro?.

PREGUNTA IMAXINARIA PARA CAXADE

Son do Primark as sandalias coas que os romanos chegaron ata aquí?.

PREGUNTA PARA MIN MESMO

Ferreira Gullar preguntase nun poema quen era el o lado da Biblioteca Nacional, tan fráxil, na noite, baixo as estrelas. A mesma pregunta faste ti, quen son eu ao lado do Pazo de Trasalba, escoitando Magic Bus de The Who, tan fráxil,ao mediodía, baixo o sol.

PREGUNTA PARA UN SUICIDA

“ Que desvergüenza, has cometido el pecado más grave contra Dios, te has condenado para siempre”.
Ana Maria Moix

Era agosto, aínda que é o mesmo porque para el case sempre é agosto. O que non ten ningunha enfermidade, pero si o que está predisposto a enfermidade, chegou ao hotel Roma entre as cinco e a seis da tarde, esa hora en la que los muertos se levantan como en un breve ensayo oscuro de la resurrección. Non se moveu da súa cidade. Estaba na cidade, pero non estaba. Era un estranxeiro na súa cidade. Estaba lonxe, de viaxe. Déronlle o cuarto 346. Non o quixo horrorizado polo número e porque sempre buscaba a autenticidade e non a copia. Quero outro cuarto!, quero outro cuarto!, quero outro cuarto!, berrou alporizado. O recepcionista non entendía nada, o único que quería era seguir escoitando It´s easier e Take my love with you de Eli “Paperboy” Reed e que este posible cliente marchara dunha vez.

Déronlle o 643. A porta cerrouse definitivamente. Estaba a sufrir dende a maña unha dôr que lle canta no peito, e que a diferenza do poeta sabía que non tiña fin. A miña cidade parecese a Turín pero sen Juan Bosco nin Cesare Pavese, anotou nun pano do Bacelo, que sacou do peto profundo da súa chaqueta Hemmingway, que reservaba para as grandes ocasións. Bautizos, comuñóns, vodas e enterros de outros..

A policía local golpeou a porta e ninguén contestou. O silencio era tan profundo como o dos poemas de Jose Angel Valente. Seguía sendo agosto na cidade na que os poetas viven en voz baixa .
Por que?.

PREGUNTA IMAXINARIA PARA XOSÉ CID CABIDO

Ía camiño de Middelharnis e acabou no Eroski de Santa Marta. Confusión?. Só  díxolle á caixeira: o meu nome é Antoine Marie Joseph Artaud. Aquilo non era Middelharnis era o Eroski de Santa Marta, onde os plátanos e os kiwis estaban de oferta. A caixeira díxolle rindo Ti non eres Antoine Marie Joseph Artaud. Ti non es maís que un Ghicho. Vai  para a casa e durme.

Ao chegar a casa con tres plátanos e catro kiwis chamou a Xosé Cid Cabido para preguntarlle cal era o camiño correcto. Non colleu.
Por que, por medo?

PREGUNTA IMAXINARIA PARA ENRIQUE VILA-MATAS.

Aínda neva en Heriseau. Robert Walser reclama a súa parte do premio. Nunca recibiu resposta.
Por que?

PREGUNTA IMAXINARIA PARA MARK RONSON
Que hai que facer para ser un ladrón de sons e que se note pouco?. Mándoche en taxi- como os verdadeiros cronistas- a lista dos nomes das persoas a quen lle quero roubar para escribir a miña novela para que vexas e valores si é un golpe con posibilidades de que saia ben. Raul Gómez Pato, Marcel Schwob, Georges Perec, Pier Paolo Pasolini, Bieito Iglesias, Diego Ameixeiras, Enrique Vila-Matas, Yolanda Castaño, Uxía Casal, Pedro Antonio Alarcon, Rosalía de Castro, Xurxo Borrazás, Jack Kerouac, Lou Reed, Raquel Señaris, Chus Pato, Lupe Gómez, Xosé Carlos Caneiro, Vicente Blasco Ibañez, Clara Usón, W. H Auden, Sechu Sende, Anton Reixa, Xavier Queipo, María Tobío, George Seferis, Teresa Moure, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xelis de Toro,Fernando Vizcaino Casas, Marianne Faithfull, Jules Verne, Raymond Queneau, Gay Talase, Luis Sepúlveda, Jose Agustin, Juan e Luis Goytisolo, John Cheever, Ilf y E. Petrov, Alfonso Ussia,  Eugenia Perez Couceiro,Ana Roel, Alain Robbe-Grillet Miguel de Unamuno, Louis Aragon, Pedro Manuel e Andres Peaguda, Carlos Casares, Antón Riveiro Coello, Clarice Linspector, Carole King, Esther Rodriguez, Robert Graves, Ramón Area, John Dos Passos, Ánxel Fole, J.P. Donleavy. Alexei Maximovich Piechkov, Xosé Cid Cabido, Xela Arias, Nuria Pompeia, Andréi Biély, Ramón Otero Pedrayo, Katia Mann, Dashiell Hammett, Ronald Firbank, Mortimer Smautf, Arno Schmidt Pedro Peaguda, Roque López, Lucía Peaguda, Antón Baamonde, John Updike, Simone de Beauvoir, Santiago Jaureguizar, P.G Wodehouse, Camilo Franco, Antón Tovar, Ramiro Fonte, Roland Barthes, Anthony Burgess, Vinicius de Moraes, Alfred Loisy, León Chestov, Ledicia Costas, Fernando Méndez, Laurelle de Dinteville, Lucia Peaguda, Julio Llamazares, Leopoldo María Panero, Manuel Jabois, Serguéi Esenin, Manuel Rivas, Rafael Berrio Michel Leiris, Werner Fuld, Jorge Luis Borges, Lorenzo Carcaterra, Marvin Gaye, Walter Scott, Félix Romeo, Suso de Toro, Tennesse Williams, Alessandro Baricco, Vladimir Nabokov, Manuel Leguineche, Peter Handke, Iván A. Goncharov, Juán Tallon, Manuel Vázquez Montalbán, Umberto Eco, Curros Enriquez, Valentín Lamas Carvajal, Joseph Weinheber , Juan Bosco e María López.

RESPOSTA DES-ESPERADA A PREGUNTA IMAXINARIA POR QUE ME GUSTA GEORGES PEREC.

Podería elaborar unha lista coas razóns polas que me gusta Georges Perec. Podería dicir noventa e nove razóns pola que me gusta Georges Perec. Podería dicir incluso que Enrique Vila-Matas nomea na súa ultima novela cinco veces a Georges Perec e a súa parroquia apláudelle coma si fora un xogada de Leonel Messi. Podería enviarche douscentas corenta e tres postais de cores dicíndoche: Un gran saúdo dende Conxo. Dáme o sol no salón e teño a intención de visitar o fin de semana A Casa Deshabitada da Familia Pena para escoitar na viaxe tranquilamente E isto e o amor de Caxade. Estou escoitando neste intre Feel All My Love Inside de Marvin Gaye e teño pendente de ler L´Infra-ordinaire de Xurxo Pérez, Menú de enganos de Manuel Núñez Singala Os elefantes de Sokúrov de Antón Riveiro Coello, Jean Paul Sartre versus Merleau Ponty de Simone de Beauvouir, o Diario de Walter Scott e Julia de Ana María Moix e de escoitar Sons de Nós de 2nafronteira, Ritual de lo Habitual de Jane´s Addiction, Sell Out de The Who,Greetings From The Gutter de Dave Stewart e o primeiro disco de Bestlife . Polo demais todo ben. Espéroche ver pronto por Mugueimes e poder convidarche a xantar no Lusitano e dicirche porque me gusta Georges Perec. Unha forte aperta.Teu amigo. Porén, só vou dicir unha razón e que non é moi elaborada,debido a que cando sentei no Fiore e no Les Deux Magots non vin a cascuda e non fun capaz de pasar ao outro lado do espello, coma Rimbaud, Novalis, Arnim, Antonín Artaud, Camilo Franco, Manuel de Lorenzo e Santiago Jaureguizar. Gústame George Perec polas súas COUSAS.

*Nota bene

Os únicos músicos que lograron desbancar a Romeo Santos nas preferencias musicais  de Lucía, doce nome de filla, P.L,. Parabéns!. Para valorar a importancia da fazaña lograda por estes músicos galegos debemos lembrar que nestes últimos tempos intentárono e fracasaron estrepitosamente Les Mccann,U2,Charlie Mingus,Imelda May e Al Jarreau e outros músicos, xa non o intentaron (covardía?), entre eles Paul Bley, Elton John, Alejandro Fernández, Guillermina Mota, US3, Daniela Mercury,Al Green, Lou Reed, Oasis, Pulp E.S.T  e Zenet,.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.