Leopoldo López é un líder da oposición venezuelana. Violento, guillado, da extrema dereita. Cando Enrique Capriles perdeu democraticamente as eleccións municipais, López rompeu con el e organizou La Salida: “Ante el problema de la terrible crisis, atornillamos al gobierno con violencia”. Daquela as guarimbas de La Salida mataron 43 persoas e feriron 800.
EEUU deseñou moito despois un novo plan para derrocar o goberno de Maduro. Recoñeceu presidente a Juan Guaidó, próximo de López. A ONU non aceptou a mascarada, pero si os gobernos latinoamericanos títeres de Washington e os principais medios de comunicación do mundo, que seguiron comunicando enormidades.
E Europa? Pois recoñeceu a Guaidó (menos Italia, hai que dicilo porque é así) e practicou sen criterio propio unha subordinación á política exterior de Donald Trump, partidaria do despregue mercenario e da entrada dos marines, ou sexa, do grande clásico para o patio traseiro ianqui, só que agora o ameniza Miguel Bosé, cantando desde a fronteira con Colombia. No tiene moral y es difícil de saciar.
Ese recoñecemento vaporoso e inconsistente desagradou a Josep Borrell, ministro español de exteriores, aínda que no primeiro momento tampouco aguantou a presión da embaixada de Estados Unidos e recoñeceu igualmente a Guaidó
Ese recoñecemento vaporoso e inconsistente desagradoulle a Josep Borrell, ministro español de exteriores, aínda que no primeiro momento tampouco aguantou a presión da embaixada de EEUU e recoñeceu igualmente a Guaidó. España é o país europeo máis vinculado a Venezuela e posúe certa autoridade á hora de inducir a liña dos demais estados da UE.
O ministro comentou despois que EEUU actúa en Venezuela como un cawboy, con “manifestacións que bordean intervencións militares” e defendeu unha negociación pacífica e democrática. E manifestou que ante calquera problema dun cidadán español, fálase co goberno de Maduro, que ten o control do territorio e da administración. Non deixou de recoñecer a Guaidó, pero descolgouse con evidencia.
A oposición conseguiu liberar a López en maio, durante o golpe militar frustrado. Refuxiouse na embaixada chilena, pero unha contraorde de Elliot Abrams, enviado especial de EEUU para Venezuela, verdadeiro xefe de todo o operativo da oposición, mandoulle mudarse para a de España, para “atornillar” a díscola posición ibérica.
Quen busque nos xornais, lerá que Leopoldo entra o catro de maio na embaixada e nada máis se sabe del. Nin se está dentro, se está fóra, nin se está encadeado nos sotos ou illado nos calabozos, nin se non está ou non está. Ninguén busca a López, nin a prensa rusa nin a madrileña.
Quen busque nos xornais, lerá que Leopoldo entra o catro de maio na embaixada e nada máis se sabe del
A negociación comezou en Oslo e segue en Barbados e todo discorre con absoluta discreción. Pero deberíamos saber onde anda Leopoldo, por cousa do corazón.
Resta fixarse en detalles. Trump mándalle sentarse a Pedro Sánchez nunha reunión, con hostilidade, facéndonos lembrar aquel “amigo” que lle regalou Bush fillo a Zapatero cando retirou as tropas de Iraq.
Tamén é interesante fixarse na detención en España de Enzo Franchini, acusado de queimar vivo nunha guarimba a Orlando Figuera. A fiscalía venezuelana solicita a extradición. Esa detención prodúcese nos mesmos días en que a Alta Comisionada da ONU, Michelle Bachellet presenta un informe sobre os dereitos humanos en Venezuela, mediocre, cargado de irregularidades empíricas, case mateiriais. Quizás sexa un intercambio convido, propio da negociación. Se é así benvidos sexan os froitos para librar do horror da guerra e a destrución.