Para poderse construír, a sociedade necesita espazos onde poder facelo. Espazos sociais, comúns e nos que toda a sociedade poda participar, logo, de libre acceso.
Os pazos para construír a sociedade están a desaparecer. Tanto os físicos, prazas abertas, rúas de convivencia máis que de tráfico, mercados con múltiples postos diversos, como os moito máis recentes na rede, anónimos para ferir ó tempo que transparentes para a procura dos nosos datos, e mesmo, como consecuencia, no imaxinario colectivo, que máis e máis se centra en mercantilizar a vida, ignorando ou desprezando outras posibles saídas e espazos non mercantilizados.
Asumimos que o pobo non ten pazos, que os pazos son dunha minoría, ata que nos decatamos de cousas como as vellas estacións do metro moscovita, construídas pensando en ofrecer unha zona palaciana á xente do pobo. Zona de comunicación, e tamén social. Mais entendo que os auténticos 'pazos do pobo' son máis ben espazos. Espazos libres nos que a xente podamos convivir, interactuar, divertirnos, tecer redes sociais, construír o común. Espazos utilitarios que aínda sabemos que foron comúns, como as rúas libres de coches e con nenos xogando sen ter que ter os baixos dos edificios colonizados por tendas e o espazo correspondendo á imaxe que hoxe temos de 'peonil'. Espazos que se miramos un pouco a tempos non tan pasados, somos consciente que están en retroceso, en desaparición. Espazos que lle foron quitando á sociedade, que nos foron enaxenado, que foron privatizando e pasando do acervo común á disposición de empresas e outros entes non autoxestionados polo pobo, pola xente. Un proceso que parte de hai tempo, recoñecido ao menos dende as 'enclosures' británicas, privatizacións de terras antes aproveitadas en común, que botou a xente cara unha vida máis miserable nas cidades, subministrando man de obra totalmente dependente para a revolución industrial británica. Dende os espazos de subsistencia, como as neclosures, ós espazos de discusión e formación de vida social (que non teñen por que ser diferentes lugares).
Máis familia necesariamente máis pequenas implican unha menor rede social, non só para manterse en caso de necesidade (o que trata de suplir o estado de diversos xeitos e que agora está en retroceso de cobertura social).
Así que pasan de comunidades construídas a comunidades ficticias, onde se fabrican afinidades como cemento das mesmas, aínda que non sexan compartidas como algo de pertenza.
Comunidade construída fronte a comunidade tradicional, ou mellor, tradicionalista 'feudal'