“Vemos a palla no ollo doutro e non vemos a viga no noso”. Proverbio. Fonte bíblica.
No mes de marzo do 2025, o PP de Galicia, fixo unha campaña para indicar que o BNG era o partido do non
No mes de marzo do 2025, o PP de Galicia, fixo unha campaña para indicar que o BNG era o partido do non. Interpretaba, que dicindo falsedades como acostumbra, podía poñer en evidencia a un partido que leva a Galiza no seu corazón...e na súa cabeza. Si nos fixamos nos feitos e non nas ocorrencias de quen dirixe un partido na Galiza que leva 16 anos seguidos gobernando e moitos máis dende a democracia (todos menos 4), vemos que de verdade, o partido do NON é o PP que pensa máis nas grandes multinacionais e en facer de lobbista das grandes corporacións, deixando sempre de lado os intereses de galegas e galegos.
En abril do 2025, presentáronse no Parlamento Galego varias iniciativas que farían, de ser aprobadas, melloras na Calidade de Vida dos galegos: o PP votou NON a todas elas.
O BNG presentou unha moción para, de forma expresa: “facer pública a totalidade das listas de agarda do Sistema Público de Saúde, incluíndo as listas non estructurais”: a resposta do PP foi votar NON. Estimábase que máis do 13% da poboación galega está pendente dunha consulta, dunha proba diagnóstca ou dunha intervención cirúrxica. Neste último caso, 48.335 persoas, según datos oficiais do SERGAS, están esperando a ser chamados para operar. A resposta do conselleiro foi: “que Galicia, ten un Sistema Sanitario que funciona e responde en todalas Áreas Sanitarias”: en que país vive este home que non coñece a Sanidade Real que sufrimos os cidadáns na Galiza?
En abril do 2025, presentáronse no Parlamento Galego varias iniciativas que farían, de ser aprobadas, melloras na Calidade de Vida dos galegos: o PP votou NON a todas elas
A diputada nacionalista Olalla Rodil, presentou no Parlamento a proposta na que se demandaba algo tan descabellado como: “que se creara unha rede de servizos residenciais e atención socio sanitaria integral para que persoas con trastornos mentais ou doenzas psiquiátricas e que se atopen nunha situación de emerxencia social: foran atendidas nesa rede de apoio ”...que votou o PP? NON.
Presentouse no Parlamento, unha iniciativa que demandaba pór en funcionamento de maneira inmediata o “Centro de Coidados Intermedios no concello de Compostela” e sabedes cal foi o voto do PP? NON.
O Consello de Contas, no seu informe sobre 2023, reitera que na sanidade pública existe unha deficiente dotación orzamentaria, que modifica, a baixa, os cartos oficiais da Consellaría de Sanidade. Existe unha infraestimación dos gastos de persoal e para medicamentos, que se suplen con “inxeccións adicionais de fondos”, que foron de 480 millóns de euros. Ademáis, bótalle en cara que “existe unha Temporalidade no tema de persoal que se aproxima o 50% dos efectivos dese ano”. O PP tamén lle dí que NON o Consello de Contas
Pero é que tamén din NON ao desmantelamento inmediato que se debe facer de Altri, como industria moi contaminante e depredadora na Galiza. O igual que dín NON a evitar o uso de aeroxeradores nas Rías Galegas...o igual que dín NON o saneamento das Rías que de forma insistente se solicitan no País. E tamén provocaron (Aznar) unha prórroga da AP9 ilegal, dicíndolle NON a cidadanía galega.
O ínclito conselleiro de sanidade, xa amortizado polas súas declaracións barriobaixeiras, responde ós problemas existentes ca Saúde Mental, que eles “xa están elaborando un novo plan de S.M.”...e nós que o vexamos…
Miles de persoas saímos a rúa, convocados pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, para demandar “Máis Atención Primaria, Máis Atención Hospitalaria e Máis Sanidade Pública”...e a resposta da administración do PP é reñirlle aos cidadáns que asistimos a ela e que “todo é mentira”
Miles de persoas saímos a rúa, convocados pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, para demandar “Máis Atención Primaria, Máis Atención Hospitalaria e Máis Sanidade Pública”...e a resposta da administración do PP é reñirlle aos cidadáns que asistimos a ela e que “todo é mentira”. E nós lles dicimos que non se pode enganar a tanta xente, que o PP ten recursos e cartos e que o que lles falta é a vontade política de levar a cabo unha verdadeira Atención Primaria, retirando os recortes e aumentando o orzamento ata o 25% como indica a OMS: que deixen de dicirlles NON ás persoas da Galiza, a ter unha Sanidade do primeiro mundo!
Según a consellaría: “un/ha Médico/a, atende unha media de 30 persoas o día...sin contar as urxencias”: iso indica que existen consultas con 50 ou máis persoas diarias...e a maiores as urxencias. O PP ten que poñerse as pilas e deixar de dicir sempre NON a conseguir máis Médicos, Enfermeiras, Traballadores Sociais, Psicólogas, etc..para que as consultas non estén colapsadas e pódase facer frente o que se precisa cada día, sin agobios para os profesionais e os doentes...
Tamén en Abril do 2025, dixeron que as transferencias do litoral a Galiza “era un féito histórico”: dende logo histórico é... pois é a PRIMEIRA e ÚNICA transferencia dende os últimos 16 anos. Impresentable! PP=NON.