Dende o ano 2012, a Xunta do Partido Popular, castigou duramente os Servizos Sociais Públicos rexidos pola ex Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato.
Para ilo suspendeu os contratos de acumulación de tarefas que deixaron sen traballo a uns 500 traballadoras e traballadores. Para ilo, a Xunta, sacou unha Lei de Medidas pola cal suspendeu unilateralmente varios artigos dun Convenio asinado pola propia Xunta.
O artigo suspendido que máis dano causou foi o artigo dos descansos. O artigo 19. O artigo 19 estabelece
A) O dereito a un descanso en tempo do 75% por traballar en domingos e festivos.
B) Non traballar dous domingos seguidos.
C) Non traballar dous festivos seguidos
D) Ter un descanso semanal ininterrompido de dous días -deixaronno en día e medio-.
Aprobado isto pola Xunta, impuxeron uns Turnos Inhumanos de traballar dous fins de semana sí, un non, dous sí, un non.....sete días consecutivos, tres noites consecutivas...facer o máximo de 1.665 horas reais ao ano, polo que destruiron outros 500 postos de traballo. Esta esclavitude laboral non ocorre nunha Empresa Privada. Ocorre nunha Empresa Pública.
Traballamos nunha Empresa Pública domingos e festivos sen compensación en tempo.
Traballamos 1.665 horas reais, cando aos compañeiros da Xunta do Sergas, compénsanlle horas por traballar polas noites.
Traballamos nunha Empresa Pública que resulta imposíbel conciliar a vida familiar e social.
Traballamos nunha Empresa Pública relegada por un Organismo Público. Organismo Público que favorece ás Empresas Privadas amigas da Xunta do Partido Popular. Organismo Público que fixo un brutal recorte económico as súas Empresas Públicas, destacando, por exemplo, o empeoramento do mantenimento dos Centros, e chegando á brutalidade de non poder dar máis de tres cueiros ao día aos residentes, e ao mesmo tempo, regalarlle á Empresa favorita da Consellería-Amicos- máis de 4 millóns de euros e que construiran en Boiro un Super Centro para Persoas con Discapacidade.
A política da Consellería produxo un gran malestar, moitas protestas, perder 3 Conflitos Colectivos. Quixeron suavizar tensións contratando máis persoal, intento fallido porque só gastaron uns 300 millóns de euros cando fai falla gastar 1.000 millóns, e non gastar un euro en contratos precarios de fin de semana senón en contratos a tempo completo.
Hai dous meses Feijóo tivo que relevar a Beatriz Mato e puxo de Conselleiro ao ex Alcalde de Ferrol do PP.
A Xunta ten agora a oportunidade de ouro de reparar parte do dano feito humanizando os Turnos, e abandonando a súa política dictatorial.
Ben. Nen unha cousa nen a outra. En consecuencia, os catro Comités de Política Social -antes Traballo e Benestar- convocamos unha Manifestación, con velas, o xoves 17, reivindicando a humanización da Consellería de Política Social nas súas Residencias Públicas de Maiores, nos seus CAPD -Centros de Atención a Persoas con Discapacidade- e nos seus Centros de Menores.
É algo que a Xunta do Partido Popular nos debe ás traballadoras e traballadores, e algo que lles debe a todas as persoas usuarias dos Centros Públicos.