Ourense sumase á tendencia transformadora

Que vivimos tempos de cambio é algo analizado polas compañeiras de Ourense en Común dende  xuño do ano pasado. Que non camiñamos soas é algo que sabemos dende tempo atrás, por conversas telefónicas, por encontros e por informacións, mais constatámolo o pasado mércores 6 de maio tras a nosa participación no acto Ahora en Común celebrado en Madrid.

Nesta cita, que serviu como presentación oficial de candidaturas cidadás irmandadas de todo o Estado español, vivimos momentos de emoción pola cantidade de xente sumada a proxectos do procomún e de análise compartida, porque a pesar do diferente das nosas procedencias vivimos en realidades moi similares, paro, desigualdade, gobernos caciquís...

Tivemos a posibilidade de compartir conversas con Ada Colau (Barcelona en Comú), con Manuela Carmena (Ahora Madrid), pero tamén con Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), Ana Taboada (Somos Oviedo), Xavi del Señor (Castelló en Moviment), así ata case 30 procesos municipalistas de unidade popular coa convicción todos eles de que o cambio que está por vir comeza porque as veciñas tomen o poder municipal.

En Ourense sentimos moi real a posibilidade de sumar ao noso concello nesa tendencia transformadora

En Ourense sentimos moi real a posibilidade de sumar ao noso concello nesa tendencia transformadora, falamos coas nosas veciñas coas que coincidimos na maioría da análise, pulsámola rúa onde as necesidades de teito e traballo transfórmanse en máis democracia e vivimos na nosa pel cada ataque da elite que nos goberna, somete e reduce. Non nos imos deixar reducir, Venceremos Nós.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.