Penso que non estou errada se afirmo que, quen mais, quen menos, tres semanas despois de que o maldito coronavirus irrumpira nas nosas vidas, enfermando, matando, e confinándonos a todos, ainda estamos tentando, non sen esforzo, asumir, entender, que está pasando.
Malia o camiño percorrido, o que nos queda por diante é longo, abrupto, e, tal vez o peor, non sabemos moi ben hacia onde nos leva, polo que a incerteza, e tamén, por qué non dicilo, o medo, están a compartir as nosas vidas, o noso día a día, facendo o confinamento ainda mais angustioso se cabe.
E neste panorama, como mínimo inquietante, se hai algo que cobra unha importancia que eu cualificaría de capital, é a información, ese vínculo que nos conecta co resto da xente, que nos relata o que está a acontecer, que acompaña ao que está so, e tamén reconforta aos que non o están, porque non hai nada, cando as cousas van mal, que desasosegue mais que o descoñecemento, a ignorancia.
Alguén se pode imaxinar que pasaría se ao noso illamento se engadise o feito de non saber nada do que sucede mais alá das nosas paredes?.
Creo que todos, sen excepción, ou tal vez agás casos moi contados, nos lanzamos desde o primeiro día no que quedamos confinados nas nosas casas, con ansia, case con avidez, aos medios de comunicación, as redes sociais, tentando coñecer o que acontecía a cada momento, comentando con este e con aquel, buscando, cando unha noticia non nos gustaba, porque nos inquietaba , outra que o desmentira, que nos tranquilizara, para apresurarnos, unha vez achada, a compartila con todos os que, coma nos, buscaban respostas, poñendo en marcha unha engrenaxe que era xa imposible de parar.
E, como era inevitable, o trigo e a palla remataron por mesturarse, facendo que distinguilos resultara prácticamente imposible para os que somos profanos, e quedamos a mercé de quen informa, para ben, ou para mal.
Eu fun a primeira, teño que recoñecelo, que caín nesa trampa, na de absorber sen distinguir todo canto lía, canto escoitaba, ata que chegou un momento no que meu estado psicolóxico era case de total e absoluto pánico, e as noticias, que moitas veces se contradecían unhas as outras, e que e sucedían sen parar, a piques estiveron de volverme tola.
A cousa empeoraba cando me asomaba as redes sociais, nas que o amarelismo, o oportunismo, a desaprensión, e a ignorancia, moitas veces aderezada, ainda por riba, cunha certa “mala baba”, unidos aos aspirantes a politólogos, aos “cuñados” de turno, que de todo saben e todo o entenden, conseguían que a lóxica preocupación, dadas as circunstancias que estamos a vivir, se vira, xa non multiplicada, se non desbordada, poñéndome nun estado de alarma e de ansiedade que non estaban a levarme, desde logo, polo bo camiño.
E non son a única, conste, a que isto lle pasou. Outra cousa é que o admitan.
Por sorte para min, eu son unha privilexiada, e conto con alguén que, ainda a risco de que lle esgote a paciencia, me pon os pes na terra, e non soamente polo vínculo que nos une, se non porque sinte, ama e vive a súa profesión, o xornalismo, e basea o seu exercicio na honestidade, na ética e no rigor, valores istos que, tanto no xornalismo como na vida, se teñen, ou non. Non hai mais.
Pero a medida que ían pasando os días, cada vez que eu lle consultaba sobre algunha noticia que escoitaba ou lía, ía notando nas súas respostas o seu enfado, o seu desgusto e, por riba de todo, a súa frustración, o mesmo, por certo, que tamén percibín nalgúns outros colegas seus de profesión cos que, por diversas razóns, falei nos últimos días.
Todos eles se sentían impotentes ante a indecente cantidade de bulos, noticias enganosas, e titulares fáciles que proliferaban, e o siguen facendo, xenerando confusión, alarma, e unha enorme crispación que para nada precisamos, e que bota, ademais, por terra, o traballo dos verdadeiros profesionais, que o que buscan e nos proporcionan é a información veraz, contrastada, sen caer no sensacionalismo, na “desinformación”, antepoñendo a profesionalidade a outros criterios que son, no meu xuizo, como mínimo cuestionables.
A algúns deles lles dixen nestes días que non se lles está a valorar como merecen, que o seu traballo é enormemente valioso, e que non lles sae gratis, que tamén lles pasa factura.
É por eso que hoxe quero aproveitar a oportunidade que me brinda este espazo para brindarvos a todos vos, xornalistas de raza, de corazón, de vocación, a miña pequena gran homenaxe.
Por acompañarnos cada día, por dedicar tantas e tantas horas a contrastar o que é certo e o que non para para proporcionarnos unha información fidedigna, rigorosa, sen caer na tentación dese titular sensacionalista, ou desa noticia habilmente manipulada para o voso beneficio, ou para o beneficio dos que mandan.
Grazas por estar ahí, ao pé do canón, sen reparar en horas, en esforzos, relegando os vosos sentimentos, moitas veces a vosa dor, porque vos tamén sodes humanos e o que estamos a vivir, igual que para todos, tamén implica un enorme custo emocional para vos, un custo que non permitides que inflúa nesas liñas que escribides, ou atrás dos micrófonos, porque sodes grandes profesionais.
Merecedes, non soamente o meu maior respecto, se non o de todos.
Para vos non hai aplausos, nin recoñecementos, pero dou fe de que sodes grandes, moi grandes e que a vosa labor ten un enorme mérito.
Sodes unha honra para o xornalismo.
Que ninguén o dubide, tampouco vos nos malos momentos.
E tampouco dubidedes que somos moitos os que si vos valoramos e vos queremos.
Quero, ademais, facer un chamamento a toda a sociedade para pedir que ninguén contribua a difusión de bulos, de “noticias” sensacionalistas, que tanto dano fan.
Sodes conscientes de que, cada vez que compartimos unha desas noticias falsas, estamos colaborando non soamente a que chegue a millóns de persoas, coas consecuencias que isto implica, se non tamén dándolles pulo aos mentirosos, aos desaprensivos, mesmo aos que fan negocio coa dor?.
Son momentos moi difíciles os que estamos a vivir, e vos, e vos, os auténticos xornalistas, sodes vitais para todos nos.
Moito ánimo para todos vos, e, non esquezades que, pase o que pase, debedes sentirvos moi orgullosos de ser como sodes!.