Pasou o día... E a conciencia, pasou?

Xa non hai flashes, nin cámaras, nin siquiera ollos ávidos de escrutar a todo aquel que e “alguén” e que estos días pasados se prodigaba nos diversos actos públicos que fan que, un día no ano, a violencia de xénero, o feminicidio que medra, sexa adoptado como causa de “cabeceira” ata por aqueles e aquelas que o resto do ano a deixan ben pechada no caixón do que non interesa, ou das causas imposibles....o mesmo da o nome, o significado e o que implica e o que conta.

Tamén arredor do día 25 de Novembro nace unha relación de complicidade e case, case, de entrañable amizade raiana no amor entre algúns medios de comunicación e certos persoaxes que aproveitan estas datas, unhas datas, non esquezamos, sustentadas nos asasinatos de tantas mulleres e na dor, en moitos casos, das suas crianzas, eso se a barbarie non fixo que pagaran tamén coas suas vidas, que se afanan en transmitirlle a o mundo en xeral, e as institucións e demais organismos con potestade en particular, canto se conmoven ante a violencia machista, e o útiles que serían na loita contra ela,amén de ofrecer solucións case máxicas e nun tempo record, sempre e cando, claro está, se lles “estimule” do xeito adoitado, ben economicamente, ou con outro tipo de prebendas, que non todo se amaña neste mundo a base de “cash”!.

Atrás quedaron as camisetas negras, o ceo tinguido da mesma cor por mor dos globos que volaron para lembrar que a nos, as mulleres, nos están matando.

Xa non haberá fotógrafos que deixen testemuña dos nosos escaparates vestidos de loito, nin do noso xesto compunxido nas manifestacións públicas que se sucederon e ás que cómpre acudir se formas parte da “xente de ben”, da “elite”...ou o tentas! Iso si, sempre deixando claro que ti, o que estás a facer e “visibilizar” esta lacra... Que ninguén sexa malpensado!.

No mes de marzo, concretamente o día 8, hai un risco sumamente elevado de novos ataques de concienciación breves, pero intensos

Así as cousas, hai quen, dende que o día 25 remata, bótalle a man á sua conciencia, pásalle un trapiño por riba por se lle quedase algún refugallo da sensibilidade e da implicación que, con vistas a esa data, lle meteron a presión e malamente, porque, como e doado de entender, nunca pensaron ter que destinarlles un espazo. Para qué? Total, non as ían precisar, que utilidade teñen? E, unha vez que son quen de deixala novamente en branco (tampouco e tan difícil!)... Ao caixón de novo, a disfrutar dun merecidísimo descanso, despois dunhas datas tan intensas, descanso que, salvo algún suceso inesperado e coa suficiente sona como para que nos obrigue a aireala antes de tempo, se prolongará ata o mes de marzo, concretamente ata o día 8, no que novamente hai un risco sumamente elevado de novos ataques de concienciación, intensos, pero eso si, breves.

O 25 de Novembro pasou, a conciencia de moitos, tamén.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.