Podemos A Coruña: Toma o día

“Perenne flúe a inacabable hora que nos proclama nulos. No mesmo grolo no que vivimos morreremos. Toma o día, outra cosa non es.” Fernando Pessoa

Xa non me lembro si foi un ano frío ou de calor. Pero aquel 2014 saímos ás rúas enchidas de mantras marabillosos tomados do movemento 15M xurdido 3 anos antes. Que si non nos representaban, que si os nosos soños non cabían nas súas urnas, que si faltaban cartos e sobraban ladróns, que si non era unha crisis, era unha estafa... E así, aquel ano asumimos un lema que interiorizamos con toda a forza da nosa vontade: si non facíamos política, a farían por nós. E tamen, as principais inquedanzas da cidadanía durante as movilizacións dese 15 M: Supresión de privilexios dos políticos; tope salarial e de mandatos; listas electorais abertas; reforma da lei electoral; medidas contra a corrupción (incluindo máis control e aumento das penas); educación e sanidade pública e universal; mellora das condicións laborais da xente traballadora; regulación da banca e do sistema financieiro (plantexando a banca pública e a dación en pago); estratexias de enerxía sostible e loita contra a pobreza enerxética; democracia directa vía participación ciudadá, referendos e consultas populares; vivenda digna e accesible.... e unha proposta estelar: a renda básica universal.

Eles dende a outra beira gritaron: queredes facer política, pois presentarvos a unhas eleccións.

E niso chegou Podemos e o seu manifesto Mover Ficha. Unha boa parte da cidadanía arrimou o ombreiro para, dende onde fixese falta, sacar aquel recén nacido proxecto adiante.

Na Coruña, cara ás eleccións europeas fumos un puñado de xente con mais vontade que experiencia. Lembro dúas mulleres con especial implicación naquel intre: Miren, xoven universitaria, cunha capacidade organizativa chamativa e con maior coñecemento dos demaís do que se “cocía” mais alá da nosa cidade (non foi casual a súa participación no primeiro equipo técnico estatal de Podemos). E Ana Fraga, profesora xubilada, incansable e entusiasta, que puso a nosa disposición, con espíritu altruista, moitos recursos dos que carecíamos.

¡¡Canto choveu por nós naquelas noites de campaña electoral nas que pegabamos cartaces do coletas, dun xoven científico en cadeira de rodas, dunha andaluza que destilaba unha forza tremenda, dun exfiscal anticorrupción e dunha asturiana e unha valenciana que xamais se imaxinaron en Bruselas!! Choveu de todo. Auga. Insultos. Burlas. Desconfianzas. Descoñecemento. Pero nós, ao noso... “Sonreíde, sonreíde porque imos gañar”.

Cinco escanos no Parlamento Europeo. Foi unha heroicidade. Todo un fito. Con todo o establishment en contra e contra todo pronóstico máis de 1.250.000 persoas (casi un 8% dos votos) apostaron pola nova formación.

Os meses seguintes foron de enorme trasiego. Moita xente animada polo éxito das eleccións acudiu ás prazas cando aterrabamos nelas, con gañas de aportar, de colaborar, de participar, de.... en fin, cada quen cas súas gañas.

Estaba clara a necesidade dunha organización estructurada que veu da man de Vista Alegre I (¡¡cantas lembranzas, canta ilusión, canto entusiasmo, canta intelixencia colectiva!!). Persoalmente, creo que Podemos non estaba naquel momento preparado para acometer os procesos electorais municipais que esixían listas para mais de 8.000 concellos. Fora de casos concretos e moi salientables, o reclamo de colocarse baixo o paraguas de Podemos era un risco tremendo que Vista Alegre soubo rexeitar.

Tamén dese congreso saiu a forma orgánica interna (estatal, autonómica, municipal) que se convertiu nunha especie de sarampión para o partido. Sarampión que deixou secuelas e cicatrices. Vista Alegre II tiña como un dos seus obxectivos ser un punto de inflexión ante novas necesidades, erros cometidos ou experiencia asimilada. Pero sobre todo, un grito unánime, que é o nudo gordiano da esquerda: Unidade!! Ardua asignatura. Oso duro de roer. No que respecta a nosa cidade, A Coruña, Podemos tuvo neste tempo un protagonismo non personalista, lonxe de estar visibilizado en caras, en nomes concretos (cos pros e contras que esto supón) actuando como conxunto, de xeito colectivo.

Dende aquel xa lonxano 2014 e o longo destos 3 anos, pasamos dun único Círculo aos 3 que nestes momentos se asentan na cidade. Temos na actualidade mais de 2500 persoas inscritas. E fomos quen de ser a primeira sede galega do partido (co esforzo, tesón e traballo de moita xente). Sede que na actualidade segue a ser un punto de encontro aberto a todas aquelas persoas, organizacións, asociacións que traballan para acadar unha sociedade mellor. Por outro lado, non é alleo a Podemos A Coruña a obtención dun escano no Congreso para o compañeiro Antón Gómez Reino e no parlamento autónomico para Pancho Casal, entre outros.

Non é cuestión de colgarse medallas pero é xusto recoñecer o decisivo apoio de Podemos á candidatura de unidade popular, Marea Atlántica, nas eleccións municipais, acadándose o cambio tan desexable, tan deseado. De feito e ineludible que está no imaxinario da cidadanía coruñesa que chega a vernos como un único corpus, descoñecendo as diferencias orgánicas existentes, nunha especie de “tanto monta, monta tanto” local. Estos dous feitos salientados provocaron na nosa organización local un “corremento” de bases: as feridas tras o Vista Alegre I (elevadas a frustraccións personais) e a chegada de MA á xestión municipal provocou no primer caso, o abandono dalgúns suxeitos e por outra, o achegamento a un espazo político con capacidade de resolución mais inmediata e polo tanto, mais acorde a certas ansias urxentes. Incluso ambos camiños foron coincidentes nalgúns casos.

Con todo e con iso, fumos quen de medrar, de arraigar e manter “a bandeira” morada izada na nosa cidade. Nin por riba nin por baixo de ninguen. Ao carón. Ao carón dos e das que “non teñen forzas para renderse”. Algo que temos que poñer sobre a mesa en honor a unha militancia viva, activa e participativa que o longo deste tempo, non se deixou quebrar no seu desexo de rexeneración e cambio. Un traballo silente, xeneroso, constante e convencido. Esforzos que deron frutos para aproveitamento colectivo. Ogallá, tomemos o rumbo que tomemos, non se perda esa líña.

Tocaría falar de retos futuros. Persoalmente eludo retos porque teñen esencia de fin, de meta. E, como Kavafis en Itaca, eu desexo que o camiño sexa longo, sin apresurar a viaxe, cheo de aventuras e experiencias... Podemos ten dous músculos imprescindibles que se retroalimentan. Un músculo político e un músculo social. Ten que estar nas institucións, vixía e garda, como garantista e impulsador do cambio. Ten que estar nas rúas olfateando, mamando, absorbendo, sufrindo e disfrutando da realidade social que vimos a trocar (recortes, corrupcións, machismos, xenofobias, desfiuzamentos, dereitos perdidos, dereitos por gañar, loitas laborais, defensa dos servizos públicos...).

Cando se rompe o equilibro entre ambas almas, entre estos dous músculos de Podemos, as dificultades internas se multiplican. As estructuras orgánicas das que nos dotamos son a correa de transmisión entre eses dous tecidos. Veña o que veña por diante, teñamos todas presente dende o día que decidimos sumarnos a esta aventura que:

“Itaca brindouche tan fermosa viaxe. Sen ela non emprenderías o camiño. Pero non ten xa nada que darche. Aínda que a aches pobre, Itaca non che enganou. Así, sabio como che volviches, con tanta experiencia, entenderás xa que significan as Itacas.”

Niso estamos. Toque onde toque...

Seguimos!!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.