Políticos con narcos

Marcial Dorado é un narcotraficante que está no cárcere cumprindo condena. Dorado tiña un testaferro que se chamaba Manuel Cruz. Mentres Cruz puña a firma para que a fortuna de Dorado flotase, era o chofer de Romay Beccaria.

Dorado tiña un testaferro que se chamaba Manuel Cruz. Mentres Cruz puña a firma para que a fortuna de Dorado flotase, era o chofer de Romay Beccaria

Romay pertence ao Opus Dei. Nos anos noventa foi conselleiro de sanidade da Xunta, pero sobre todo foi un factótum da política galega: poida que tanto o desembarco de Fraga en Galicia como o seu afundimento os resolvese principalmente el. Tamén é el o único tesoureiro central do PP que librou da xustiza. E até hai dúas semanas presidía o Consello de Estado.

Romay é o mestre político de Núñez Feijóo e  Feijóo faise amigo de Dorado porque son presentados por Cruz. E navegan e viaxan.

Romay é o mestre político de Núñez Feijóo e  Feijóo faise amigo de Dorado porque son presentados por Cruz. E navegan e viaxan

O que sabemos desta mestura de narcos con políticos ordénase a partir do que explica Perfecto Conde en La Conexión Gallega1. Quen decida mergullarse na fosa séptica para investigala, basearase necesariamente neste amplo traballo e no que sabe o autor sobre a conxunción da droga coa política.

Na presentación do libro Diego Ameixeiras apuntou que, segundo información da Interpol, en Galicia operan arestora nas estruturas do tráfico de drogas arredor de seiscentas persoas.

Conde dixo que a organización dos narcos cambiou completamente. Agora é piramidal, moi xerarquizada e cunha concepción  extraordinariamente violenta do negocio, ao xeito dos cárteles colombianos. Os fantoches de Bugatti, amante e mansión, evaporáronse.

Notas

1- Conde, Perfecto. La Conexión Gallega: Del tabaco a la cocaína. (Foca, 2018).

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.