Por qué non temos Médicxs?

CC-BY-SA Praza Pública

“Hai persoas que observan as reglas do honor como quen observa as estrelas, dende moi lonxe”. (Os Miserables : Victor Hugo, 1802-1885, escritor do romanticismo francés).


Nos últimos tempos, o Sr. Feijoo, o Sr. Comesaña e diferentes responsables da Sanidade Pública, dinnos “que non podemos poñer substitutxs nas consultas de Atención Primaria, porque non temos Médicxs”... a pregunta que nos facemos todxs é: a que se debe, que algo tan importante como é a Saúde (probablemente o máis), non conta cxs profesionais axeitadxs para realizar esta labor?

Dende fai 12 anos, a política sanitaria na Galiza, está caracterizada polos recortes: a crise do 2008, dou pe a facer unha diminución de orzamentos que afectaron tanto a profesionais como as infraestructuras; e con esta disculpa: vale todo. Chegou a Pandemia, e todo empeorou. Pero esta dinámica, ó que leva é a descapitalización do Sistema Sanitario, algo que vai costar moitos anos recuperar (si o facemos...sabendo que para algúns/has xa é irreversible).

Indiquémoslle o sr Feijoo as causas da falta de profesionais (que él xa as sabe de sobra, pero non actúa en consecuencia): profesionais pouco incetivadxs para realizar un traballo vocacional, unha administración que non ten órganos de decisión para realizar a carteiras de servizos e que non aprecian a Sanidade Real, por non estar cercanos aos problemas da xente. Falta de estabilidade no traballo: sabemos de contratos por horas, por días (cando se vai a estar meses) ou contratos parciais para substitucións largas. Que profesional traballaría nunha empresa, que paga pouco (estamos na cola das CCAA), non da estabilidade laboral e non prestixia unha profesión que require da máxima dedicación, compromiso e dificultade técnica, para non cometer erros, que podan costarlle morbilidade ou incluso mortalidade a outra persoa?

Feijoo, leva 12 anos xestionando unha sanidade que xa tiña moitos problemas no 2009: baixo orzamento, previsión de xubilacións de moitxs profesionais, non facilitar a prolongación da vida laboral, desprestixiar a profesión ca idea de fomentar os seguros privados e a privatización sanitaria, pouco apoio a formación e a investigación. Despois de tanto esforzo, o resultado é: salarios baixos e inestabilidade,..calquer profesional que acade o título de Médicx, Enfermeiro/a, Psicólogx, etc. si non é consideradx na sua profesión e non ten estabilidade, busca lugares onde sí prestixen o seu traballo: Portugal, Gran Bretaña, Alemania, etc. captan traballadorxs sanitarios e non pagan un peso pola súa formación (so necesitan un/ha traductor/a uns meses e xa teñen un/ha grandísimx profesional nos seus Centros de Sáude). É impresentable para un País como Galiza, formar a profesionais, co gasto que iso conleva, para logo marcharse a outros lugares a exercer.

A falta de previsión de factores como a xubilación, vacacións, enfermidades, mortes, abandonos, non pagar o suficiente e dar estabilidade: é responsabilidade de quen a xestiona!

Un Sistema Sanitario Público, debe contar con orzamentos suficientes (nós exiximos o 25% do total e estamos no 12%). Debe ter profesionais acreditadxs: cada ano preséntanse o MIR 30.000 Médicxs, para 3.000 prazas (redondeando). Sr. Feijoo: onde están xs outrxs 27.000 Médicxs que non acadan a praza que oferta o ministerio? Como que non hai médicxs? Áinos e moi bxs, o que sucede é que están en Sistemas Sanitarios que valoran o seu traballo: ou pensa que por igual salario e estabilidade (e dignificación) a xente marcharía a traballar a sitios lonxanos?

E xa non digamos, si BOCAZAS como Telmo (alcalde de Sanxenxo e líder do PP) ou Jácome (alcalde ínclito de Ourense apoiado polo PP) fan unhas declaracións extemporáneas en contra dxs profesionais sanitarixs.

É un escándalo apoiarse nunha falacia para consolidar unha estratexia: a Sanidade Pública costou moito conseguila, é o ben máis preciado que temos e non podemos permitir que xente sin escrúpulos a deteriore día a día. Defendámola (a pesar de ter maiorías absolutas).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.