Propaganda de Guerra Fría

Antony Blinken, secretario de Estado dos EUA CC-BY-SA Embaixada dos EUA en Kiev

No ano 2014 nestas mesmas páxinas publicamos un artigo sobre a crise na Ucraína naquel momento, e sobre o exercicio de propaganda que dende os medios de comunicación estabamos a sufrir. O caso é que 8 anos despois seguemos a ver os mesmos argumentos, e ata atitudes matonas e arrogantes ante o xigante ruso, logo de que noso goberno progresista decidira ir en primer lugar a intervir nun conflito, cando o resto de países europeos estanse a situar nun segundo plano. Como aconteceu naquel momento, a operación “tecnoinformacional”, como diría Armand Mattelart, está en marcha para posicionar e mediatizar á opinión pública tal e como aconteceu co Irak, Libia, Siria, Venezuela, Cuba, Bolivia ou Nicargüa….ou coma neste caso Rusia.

Durante estas últimas semanas vemos como medios como a CNN publican imaxes de supostos campamentos militares rusos na fronteira, que corresponden a Ucraína, plans de invasión rusa a través de Chernóbyl, Rusia como agresora, ou como o propio diario El País que fala de campamentos militares rusos a 300 Kms da frontera. Se fan símiles entre Putin e Hitler, ou noutros medios lemos que os desexos expansionistas de Rusia son debidos ao exceso de vodka, e por suposto da manipulación informativa en Rusia dende o Kremlin ( acusacións dende a cuna da liberdade de prensa que é agora España). Todo isto mentras un Biden en horas moi baixas de popularidade, cunha crise económica moi fonda, precisa unha guerra ou conflito para activar o patritotismo en torno a súa figura e xa anuncia enviar tropas a Europa do Leste (8.500 soldados). Ai, a doutrina Monroe!!!

Antony Blinken, secretario de Estado dos EUA CC-BY-SA Comisión Europea

Pero en España o caso máis rechamante é o dos programas conducidos polo publicista e showman Risto Mejide (que non xornalista) que teñen unha certa obsesión coa manipulación mediática do “Kremlin” respecto desta crise. Mentras en España a información dos medios na súa grande maioría perverten a realidade, minten, difunden bulos ou reproducen en artigos xornalísticos informes elaborados pola OTAN (onde EEUU, e xuíz e parte) o problema é o que publican os medios rusos, nomeadamente Rusia Today e Sputnik Mundo.

No caso deste último medio, o ataque estivo personado no xornalista Victor Ternovsky, que foi acusado no nomeado programa de “xornalista de Sputnik sinalado pola Comisión Europea por difundir desinformacións”. Unha mágoa que Risto Mejide non sexa tan valiente con xornalistas españois condeados por mentir e publicar fake news como Eduardo Inda o Javier Negre, e medios de comunicación en España que son auténticos voceiros das fake news (La Razón, OK Diario, Libertad Digital…).

Non contentos con tentar humillar e difamar a un profesional do xornalismo (con modos de banda de “macarras”), censuraron ao propio xornalista cortando abruptamente a conexión, no momento da contra argumentación, vendo que o programa estaba a quedar en evidencia ante as razóns do propio xornalista.

Sen dúbida estamos nunha sociedade da desinformación na que, como aparece na obra “La sociedad de la información” de Manuel Castells, actualmente o poder (o capital) xa non busca en primeiro lugar controlar os recursos naturais, senón o fluxo de información, e así condicionar a opinión para aqueles intereses más convenientes ao poder. En España o control dos medios de comunicación en reducidas mans (con aparente pluralidade) fai que a información que reproduzan estes medios sexa case a mesma e respostan a uns mesmos intereses e coordenadas.

Voltando a Armand Mattelart, sociólogo e experto en comunicación, advertía no seu “UN MUNDO VIGILADO”, que “a existencia dun gran número de medios de comunicación non asegura de por si a existencia dunha maior liberdade ou pluralidade, senón que favorece a unha máis fácil manipulación das masa”. En España cada vez é máis abafante a falta de independencia dos medios, a falta de contraste nas noticias, ou a difusión de bulos ou propaganda, co interese que nese momento sexa decisivo. Neste caso favorecer os intereses bélicos de EEUU e da OTAN na súa expansión cara o leste.

Resulta paradóxico que Rusia por esixir garantías (perante a expansión da OTAN no leste) e a posible entrada nesta organización da Ucraína, resulte a agresora, todo isto mentras EEUU non permite bases estranxeiras máis aló das súas fronteiras e intervén nos países de Iberoamérica patrocinando golpes de Estado, tal e como tamén aconteceu co Maidán en Ucraína. Un intervencionismo do que precisamente EEUU e a UE acusan a Rusia.

Outro elemento de interese é o papel da UE que, lonxe de ter unha política internacional propia e protexer a integridade do territorio europeo, actúa polo xeral como “palanganeira” do EEUU, indo en ocasións en contra dos propios intereses dos Estados Membros. Como mostra un botón: España por mor das sancións a Rusia perdeu uns 550 millóns de euros anuais. Ata cando a UE vai seguer a unha potencia en decadencia?

Tal e como dicía o poeta Antonio Machado “A verdade é o que é, e segue sendo verdade aínda que se pensé ao revés”. Todo é verdade, todo é mentira.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.