Entre o próximo 25 e 28 de xullo celebrarase o III Congreso do Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV), dentro dunha conxuntura particularmente decisiva para o presidente Nicolás Maduro e o “chavismo post-Chávez”. Alén dos problemas cotiás que socavan á sociedade venezolana (polarización política, escaseza alimentaria, elevada inflación, inseguridade cidadá e deficiencia dos servizos públicos), este Congreso ven contextualizado por una serie de críticas internas dentro do goberno, que poden abrir os canles dunha renovación das estruturas dirixentes no PSUV.
A comezos de xullo, Maduro anunciou unha “severa rectificación” no establishment gobernamental, anunciando para o próximo Congreso do PSUV unha “revolución dentro da revolución”
A comezos de xullo, Maduro anunciou unha “severa rectificación” no establishment gobernamental, anunciando para o próximo Congreso do PSUV unha “revolución dentro da revolución”. O repentino viraxe, que retrotrae levemente á memoria procesos revisionistas presentados con anterioridade en diversas etapas históricas da Cuba socialista, presentouse tralas fortes críticas establecidas cara a xestión de Maduro por parte do ex ministro de Planificación Económica, Jorge Giordani, un mentor ideolóxico do ex presidente Hugo Chávez e o auténtico gurú do modelo económico venezolano desde 1999.
Un proceso “crítico”
Tras ser defenestrado do goberno polos problemas de recondución da economía venezolana, Giordani abriu unha especie de “xuízo público” á xestión de Maduro
Tras ser defenestrado do goberno polos problemas de recondución da economía venezolana, Giordani abriu unha especie de “xuízo público” á xestión de Maduro, criticando a presunta “falta de liderado” da presidencia así como a corrupción imperante nas institucións e estruturas de poder estatal, baixo o predominio de elites enriquecidas dentro da “revolución”, ás que acusou de causar a actual crise económica venezolana. As críticas de Giordani foron secundadas e acreditadas polo ex ministro de Educación e de Enerxía Eléctrica, Héctor Navarro, quen foi expulsado da dirección do PSUV.
Posteriormente, un dos máis visibles líderes do “chavismo popular”, o deputado polo PSUV e ex alcalde do capitalino Municipio Libertador, Freddy Bernal, realizou unha inédita autocrítica pública sobre a xestión económica gobernamental, asegurando que cometéronse “erros na aplicación do modelo económico” e na xerencia das “empresas expropiadas”, as cales “levamos ao fracaso”.
Finalmente, as críticas ampliáronse desde o sector de ex militares “chavistas” que, en 1992, participaron na tentativa de golpe cívico-militar de Chávez. Destacan aquí Yoel Acosta Chirinos e Carlos Guyón, así como o ex gobernador do estado andino de Mérida, Florencio Porras, os cales amosaron publicamente as súas críticas pedindo incluso a renuncia de Maduro e do seu goberno. Incluso, Porras chegou a considerar que, no contexto actual, “estamos vivindo a antirrevolución”.
Estas críticas revisionistas intensifican as expectativas sobre eventuais disensións e loitas intestinas dentro do “chavismo post-Chávez”, aparentemente orientada a socavar o liderado e incluso a lexitimidade de Maduro
Estas críticas revisionistas intensifican as expectativas sobre eventuais disensións e loitas intestinas dentro do “chavismo post-Chávez”, aparentemente orientada a socavar o liderado e incluso a lexitimidade de Maduro. Pero este proceso mixto de críticas e autocríticas xa viñan materializándose dende diversos medios dixitais afectos ao “chavismo”1, especialmente de cara á preponderancia de elites económicas e burocráticas instaladas nas estruturas gobernamentais e no PSUV, con especial atención ao que se ven denominando como a “boliburguesía”.
Tanto a “rectificación” no tren gobernamental de Maduro como a celebración do próximo Congreso do PSUV poden dinamizar un proceso aberto de discusión de ideas e estratexias ou, polo contrario, fortalecer as elites de poder instaladas durante os derradeiros anos, principalmente no que se pode apreciar como unha especie de “troika” ou triunvirato no poder en mans de Maduro, o presidente da Asemblea Nacional e do PSUV, Diosdado Cabello, e o presidente de PDVSA e ministro de Economía, Rafael Ramírez, sinalado desde diversos ángulos, xunto a Cabello, como os procreadores da contestada “boliburguesía”.
Poden dinamizar un proceso aberto de discusión de ideas e estratexias ou, polo contrario, fortalecer as elites de poder instaladas durante os derradeiros anos
Con este triunvirato pode consolidarse paralelamente a posición política de relevantes figuras do “chavismo”, como o ministro de Exteriores Elías Jaua e o vicepresidente e xenro de Chávez, Jorge Arreaza.
A hora do “chavismo popular de base”?
Resulta factible a posibilidade de emerxencia dun sector do “chavismo popular de base”, fortemente militante e crítico coas elites instaladas nas altas instancias do poder
No fondo do proceso de autocrítica e, particularmente, de cara ao próximo Congreso do PSUV, resulta factible a posibilidade de emerxencia dun sector do “chavismo popular de base”, fortemente militante e crítico coas elites instaladas nas altas instancias do poder. A súa preeminencia dentro dos movementos sociais e populares que fortalecen a popularidade do proceso revolucionario amplíase de cara a súa materialización en estruturas de poder inéditas no contexto venezolano, como son os casos dos Consellos Comunais2.
O Plan da Patria impulsado por Chávez durante a campaña presidencial de 2012 establecía como imperativo a construción do Estado Comunal para o período presidencial 2013-2019, como base fundamental para a construción do Estado socialista en Venezuela, modificando así as estruturas políticas e administrativas existentes. Maduro asumiu abertamente o proxecto comunal herdado de Chávez unha vez alcanzara a presidencia en abril de 2013, tras unha contestada elección presidencial que evidenciou unha notable erosión de votos dentro do “chavismo”, que polarizaron os receos sobre o liderado de Maduro.
A radicalización da loita política, particularmente tralas protestas realizadas por sectores opositores e universitarios desde febreiro pasado, se ben progresivamente foron desactivadas sen erosionar o poder de Maduro, afectaron a imaxe do seu goberno ante as acusacións, principalmente dende o exterior, sobre casos de presunta represión gobernamental e dos organismos de seguridade estatal contra os manifestantes opositores, principalmente estudantes3.
Maduro asume probablemente o seu reto político máis decisivo no relativo a súa autoridade e liderado dentro do “chavismo post-Chávez”
De cara a este proceso de “rectificación” gobernamental anunciado polo presidente venezolano e, principalmente, co foco no próximo Congreso do PSUV, Maduro asume probablemente o seu reto político máis decisivo no relativo a súa autoridade e liderado dentro do “chavismo post-Chávez”. A emerxencia de sectores críticos e autocríticos identifica un perfil pluralista que pode eventualmente procrear liderados alternativos dentro do “chavismo popular de base”, lexitimados por unha militancia que comeza a observar con receo ás elites de poder establecidas e que poden configurar unha nova dirixencia dentro do PSUV.
O fortalecemento da “troika” conformada por Maduro, Diosdado e Ramírez evidencia a consolidación de elites políticas e económicas establecidas durante moito tempo dentro do PSUV
Con todo, esta perspectiva de ascenso de sectores populares do “chavismo” dentro do PSUV anúnciase incerta. O fortalecemento da “troika” conformada por Maduro, Diosdado e Ramírez evidencia a consolidación de elites políticas e económicas establecidas durante moito tempo dentro do PSUV e a estrutura burocrática estatal. Paralelamente, este status quo vese fortalecido polo apoio institucional da Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB), contextualizado para evitar situacións de inestabilidade en caso de eventual caída de Maduro e do seu goberno. Por tanto, variables moi decisivas para o futuro do “chavismo” se dirimen neste Congreso do PSUV.
NOTAS
- Particularmente no portal Aporrea que, xunto con outros como Marea Socialista, vense configurando como espazo crítico e de disensión dentro do “chavismo”, con especial incidencia nos movementos sociais e no “chavismo popular de base”. Aporrea denuncia a “burocratización” e “adequización” do PSUV, neste último caso en referencia ao predominio de fórmulas de poder clientelares existentes na outrora hexemónica Acción Democrática (AD), popularmente coñecidos en Venezuela como “adecos”. Para maior información, consultar este enlace.
- Segundo Margaud Godoy, viceministra de Participación Comunal do Ministerio do Poder Popular para as Comunas, na actualidade existen un total de 44.410 Consellos Comunais a nivel municipal e nacional en Venezuela. Consultar en: “Consejos Comunales son sinónimo de soberanía popular y revolucionaria”, Abrebrecha (Venezuela), 25 de marzo de 2014.
- Neste sentido, consultar o informe de Amnistía Internacional, “Venezuela: los derechos humanos en riesgo de protestas”, publicado en abril de 2014, no que se condena o “uso excesivo da forza” e actos de represión e de violación dos dereitos humanos”, por parte dos servizos policiais e dos Servizos Bolivarianos de Intelixencia Nacional (SEBIN). Mesmo tratamento vese no informe de International Crisis Group “Venezuela: punto de quiebre”, Boletín Informativo sobre América Latina, Nº 30, Bogotá/Bruselas, 21 de mayo de 2014. Consultar igualmente o informe de Human Rights Watch: “Punished for Protesting: Rights Violations in Venezuelan`s Streets, Detetion Centers and Judice System”, Maio de 2014.