“Quando outra virtude não haja em mim, há pelo menos a da perpétua novidade da sensação liberta.” (O livro do desassossego, Fernando Pessoa).
Malia a longura e a inmensidade dos trazos que atestan tódolos mapamundis, a distancia entre EEUU e calquera lugar do planeta sempre será irrelevante, porque os imperialistas nin sequera piden permiso para entrar nos máis inauditos recunchos das nosas entrañas. Vivamos onde vivamos, sempre estaremos tan preto dos amos que endexamais, en ningún instante deixaremos de ulir un insoportábel cheiro a carniza e a McDonald´s, cando bafexa un norteamericano.
Cando alguén pretenda quentarche a orella con brasas trousadas, tratando de convencerte de que entre un e outro hai diferenzas substanciais, deberías responderlle que os dous son vellos clientes do mesmo dentista e, por tanto, se posúen algunhas características que os distinga só poden ser as imperceptíbeis tonalidades do esmalte dental
Así e todo, a pesar de tanta proximidade, non hai moitos que poidan presumir de seren capaces de diferenciar, a simple vista, a denta-dura de Donald Tramp do dentame de Joe Bide. De maneira que, cando alguén pretenda quentarche a orella con brasas trousadas, tratando de convencerte de que entre un e outro hai diferenzas substanciais, deberías responderlle que os dous son vellos clientes do mesmo dentista e, por tanto, se posúen algunhas características que os distinga só poden ser as imperceptíbeis tonalidades do esmalte dental: unha capa de branco rechamante nas tenazas de Trump e unha de branco mate nos alicates de Bide.
Se non che vale a tese do esmalte, talvez deberías buscar as diferenzas na mordedela. Si, home, si, nesas que tanto un como o outro sempre che deixan no pavillón auditivo despois de afogueirarche o tímpano. Cando un neofascista como Trump che adente a orella e, despois de mirarte ao espello pretendas autoconsolarte créndote Van Gogh, non sexas imbécil, pensa que só es un puto paria, disposto a deixarte subxugar polas súas gadoupas aguzadas. Mais, se quen che trinca a cartilaxe é un imperialista como Biden e, ao ver a túa estampa no vidro, notas que che falta un cacho, busca a maneira de mostrarlle o teu inconmensurábel agradecemento, como lle fixo Holyfield a Tyson cando este lle arrincou un anaco da orella naquel noxento combate de boxeo. Durme tranquilo e, se te desvelas, non caviles. Xa haberá quen o faga por ti. En todo caso, non esquezas que esa onza do teu ser que che levaron non é máis ca unha miserenta colaboración que debes pagar para que o Gran Hermano coide desta democracia de novo cuño, na que ti só es un coitado lapadoiras disposto a deixarte embobar para que o Trump ou o Bide de quenda fagan o que lles sae do nabo.
[Xa que é posíbel que Trump deixa de ser o amo do mapa, o meu tío Lisardo pregúntase se haberá algunha esperanza de que os líderes políticos dos partidos democráticos deixen de cantaruxar as melodías de Bolsonaro, Marie Le Pen, Salvini e Abascal?].