Que esperamos do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia?

CC-BY-SA Praza Pública

O día 14 de maio do 2019, poñeremos en marcha o Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia (CT de AP de Galicia). Organismo creado pola administración do Partido Popular despois das xuntanzas en Mesa Sectorial cos e coas traballadoras a través dos sindicatos e logo das mobilizacións d@s sanitari@s de Galicia e baixo a presión dunha primeira xornada de folga na Atención Primaria que foi desconvocada cando a Consellaría de Sanidade aceptou os 5 puntos que considerábamos irrenunciables dende o comité de folga. 

Solicitábamos ter unha Mesa de Diálogo en pe de igualdade ca administración sanitaria e poder discutir sobre a creación da Xerencia de Atención Primaria e a mesma responsabilidade ca Xerencia Hospitalaria, cun orzamento propio e capacidade de autoxestión. Aumentar o orzamento da AP ata o 25 % en 4 anos; actualmente está no 12%; aumento de persoal ca incorporación de todalas prazas vacantes que existen no Sistema Sanitario Galego de AP (por certo, a administración non nos entregou o censo de persoal sanitario e non sanitario que se lle pideu na primeira Mesa Sectorial, co cal non temos con que comparar o persoal que temos na Atecnción Primaria de Galicia); solucionar o problema dos PACs e mellorar o contrato dos e das profesionais que traballan en precario actualmente, eran puntos tamén irrenunciables.

A segunda xuntanza da Mesa Sectorial, trataba varios puntos, pero o das prazas era o primeiro…e foi decepcionante: a administración oferta múltiples prazas para diferentes estamentos, pero so 12 prazas de médic@s para o ano 2019 e 48 para o 2020 e 2021….60 en 3 anos; na contraoferta, conseguimos ata 80 prazas en 3 anos. Por suposto, parece unha tomadura de pelo, que a problemática máis importante que temos que é a masificiación das consultas, en toda Galicia, o queran resolver con 12 prazas este ano. A Asociación Galega para a Defensa de Sanidade Pública (AGDSP) ten estimado en 301 as prazas que deben cubrirse no 2019 para incorporar as 254 que xa están convocadas: así, sí se podría resolver o problema da masificiación: poder ter 10 minutos por consulta e un tope de 30 pacientes por cupo. A decepción foi moi importante e as expectativas quedaron truncadas nesa medida.

No ámbito de negociación no CT de AP de Galicia, tendremos que ver a disposición da Consellaría de Sanidade de negociar, en Comisións, estos puntos, os prazos que se impoñen e as persoas que terán que traballar e estudar cada problemática.

Estamos acostumbrados a que a administración practique a táctica do “divide e vencerás”: negociou con diferentes entidades unha serie de puntos (150 por un lado, 7 por outro, 2 por outro, etc...e a propia adiministación é unha experta en incumprir o pactado previamente). Todo ésto despois de decir o Sr. Feijoo fai 4 meses: “temos a mellor sanidade do mundo”. 

Neste momento da negociación, cos seus erros e os seus acertos: deberemos fiarnos das persoas que están no CT, por parte da administración, que teñan a vontade de levar a bo porto as iniciativas que del sáian? Non o sabemos...e non nos fiamos. 

Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, somos moi críticos cas autoridades sanitarias, pois teñen por costume falar moito, incluso con mentiras, e facer pouco (ou a veces nada, esperando a que os problemas se enquisten, como pasa cos PACs que levan máis dun ano para resolver a súa problemática). 

Ten credibilidade a consellaría de sanidade? Nós consideramos que non. 

Temos posibilidades de que o CT sexa o marco onde se podan resolver os graves problemas da AP en Galicia? Veremos… a disposición parece boa, pero a proximidade das eleccións, primeiro xerais e logo municipais, fáinos ser escépticos e que o PP está negociando (e cedendo) en moitos temas que o pasar as eleccións pode que non cumpran...outra vez.

Na nosa man está ser vixiantes... e de non ir as cousas por onde consideramos que deben ir, non teremos inconvinte ningún en convocar a segunda xornada de folga si así o consideran os sindicatos e as organizacións políticas e sociais que estaremos no CT.

O CT de AP de Galicia, ten unha composición ampla (ata 45 entidades) reunirase 2 veces o ano e sempre que o considere un tercio dos seus membros, terá unha serie de comisións para abordar a problemática dos diferentes estamentos que compoñen toda a Atención Primaria e terá un regulamento que elaboraremos entre tod@s, para darlle o pulo que necesita a AP en Galicia. Pero sin a disposición da administración, de invertir máis orzamento, a AP deixará de ser a porta de entrada o Sistema Sanitario Público Galego e pasará a ser o desván onde se gardan as cousas que non queremos ter na casa. Dende a AGDSP desexamos que éste CT, poña a AP no lugar que corresponde, e que pase a ser a “sala de estar” da casa, onde as persoas se encontren máis a gusto e co persoal máis cercano e eficiente. Pero para elo, temos que contar con medios, que so unha administración responsable pode dar. Así o esperamos pola dignidade da Atención Primaria.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.