Que fallou esta vez?

Se hai algo no que todos coinciden que me caracteriza e non ser excesivamente benevolente cando se trata de cuestionar as posibles neglixencias que se cometen en canto as medidas de proteción que se lles deben prestar as víctimas de violencia de xénero cando deciden sair do inferno no que están a vivir.

Do mesmo xeito, falando mui craro, me manifesto cando aludo a esa sociedade, a ese entorno, que, en demasiadas ocasións, sendo coñecedores de auténticas aberracións, prefiren mirar a outro lado, evitar posibles “complicacións”, e finxir que non pasa nada, malia que o precio a pagar por esta letal indiferencia sexa a vida dunha muller.

Sen embargo, no tráxico caso de Tatiana, a moza luguesa acoitelada presuntamente pola sua ex parella, as cousas discurriron doutro xeito. Alguien que temeu por ela, deu a voz de alarma, e acudiu a comisaría da Policía Nacional a manifestar a suas sospeitas de que estaba sendo maltratada.

O protocolo pertinente activouse, e malia que ela negou estar a sufrir malos tratos, seguiu o seu curso, chegando ao Xulgado, que a citou ata en tres ocasións, pero todo foi inutil, Tatiana estaba ilocalizable

Donde estivo o erro esta vez?

Qué impediu que Tatiana, qué tantas mulleres, malia ter apoio, prefiran calar, silenciar o seu terror e continuar vivindo no pánico? Medo as posibles represalias da súa parella? Incertidume polo dubidoso do seu futuro? Ou, algo non menos alarmante, de feito poida que mais, e posible que nin elas mesmas sexan conscientes do que lles ocorre, que non se recoñezan coma víctimas de violencia de xénero?

Sexa cal sexa a razón, e obvio que algo está fallando, que algo se está a facer mal. Cómpre meditar que medidas se deben adoptar para que desenlaces tan tráxicos como o de Tatiana non cheguen a consumarse.

É mui importante, primordial, o papel das institucións, da xustiza, esa xustiza que non sempre se imparte como entendemos que se debería facer,pero hai algo que ainda o e mais, porque e a base: A concienciación da propia muller, o aprender a identificar esos signos que lle fagan ver que está inmersa nunha relación enferma, mesmo letal, que debe pedir axuda xa, antes de que sexa demasiado tarde.

Hai que esixir solucións, recursos, proteción, eso e certo, e eu son a primeira que o fago, e ben alto, pero nada de esto servirá de nada mentras a propia muller, a propia víctima, non sexa quen de admitir a sua condición de maltratada, mentras non comprenda que amor e dor nunca van da man, que o control obsesivo e atención non son sinónimos e que os ciumes patolóxicos non engrandecen o seu querer, se non que, pola contra, o único que fan e minala e destruila un pouco mais cada día.

Cómpre traballar para que cada muller, dende a mais nova a de mais edade, saiba donde está o límite, cando o perigro se convirte no seu compañeiro, cando ten que decir:” basta!”.

Para Tatiana, para moitas mulleres que a precederon nese macabro final que e o asasinato, xa e tarde, mui tarde, pero todos temos a obriga de evitar que nunca mais nos teñamos que preguntar de novo, cando a vida de outa muller sexa segada dun xeito tan brutal, qué fallou esta vez

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.